Logos Multilingual Portal

Select Language

a á b c d é e f g h i l m n o ó p q r s t u ú v x

dá ouvidos a todos, mais a poucos a túa voz. Ouve a opinión dos outros, mási xulga por ti mesmo
William Shakespeare
dado que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde toca construír as defensas da paz
UNESCO
de cantas inquedanzas nos libramos cando decidimos non ser algo, senón ser alguén
Coco Chanel
de cantas máis cousas se avergoñe un home, máis respetábel ha ser
George Bernard Shaw
de coña pódese dicir de todo, mesmo a verdade
Sigmund Freud
de moito falta e de pouco sobra
Anonymous
de que serve vivir se non se ten a coraxe de loitar?
Giuseppe Fava
de tódalas cousas que son certas a máis certa é a dúbida
Bertolt Brecht
de todo o máis grande que fornece a sabedoría para termos unha vida máis feliz, o máis grande é a amizade
Epicurus
debemos loitar pola paz con instrumentos de paz
Martin Luther King
deberiamos pensar máis en facermos o ben que en estarmos ben; así seguro que daremos estado mellor
Alessandro Manzoni
decepcionoume a natureza humana cando me decatei que se asemella moito á miña
J.P. Donleavy
decote están a xurdir feitos que contradicen as teorías
Carlo Dossi
dedícolles esta edición aos meus inimigos, que tanto me axudaron na miña carreira
Camilo José Cela
dediqueima a estudar a vida e non sei aínda por que nin para que serve
Severo Ochoa
deixarás de temer cando deixes de esperar
Lucius Annaeus Seneca
déixate levar polo neno que fuches
José Saramago
déixenme emitir e controlar o diñeiro dunha nación e non ha importar quen faga as leis
Mayer Amschel Rothschild
democracia é o nome que damos ás persoas sempre que precisamos delas
Robert de Flers
democracia: non conseguindo facer que o que é xusto sexa forte, conseguiuse que o que é forte sexa xusto
Blaise Pascal
demostrar que teño razón significaría admitir que podo estar equivocado
Pierre Caron de Beaumarchais
dende o momento que empezas a falar unha lingua estranxeira, a túa expresión facial, o movemento das mans e a linguaxe corporal mudan. Es outra persoa
Isabelle Adjani
desconfiade dos primeiros impulsos: case sempre son bos
Charles Maurice de Talleyrand-Périgord
descubrimos así unha realidade simple e dobre: primeiro, somos unha comunidade de pobos que fala a mesma lingua e, segundo, falala é un xeito de, entre todos, sermos homes
Octavio Paz
descubrir un país e invadilo foi sempre a mesma cousa
Samuel Johnson
desculpen se lles chamo señores, mais aínda non os coñezo moi ben
Groucho Marx
desexo pouco, e o pouco que desexo, deséxoo pouco
San Francesco d'Assisi
despois de a virtude durmir, érguese con máis enerxía
Friedrich Wilhelm Nietzsche
despois de desprestixiar a virtude, este século conseguiu desprestixiar o vicio
Nicolás Gómez Dávila
despois de todo, son as relacións coas persoas o que lle dá sentido á vida
Wilhelm von Humboldt
despois de tres aparcións na televisión, calquera alpabarda entrevistado dá a súa opinión e tamén a dos outros
Enzo Biagi
despois veu o progreso e destruíu todo. Foi peor que a guerra, porque a guerra destrúe cousas, mais o progreso destrúe a nosa maneira de vivirmos
Bruno Ugolotti
Deus creou o home e, ó non o topar suficientemente só, deulle unha compañía para lle facer sentir mellor a súa soidade
Paul Valéry
Deus ha perdoarme. É a súa xeira
Heinrich Heine
Deus non pode alterar o pasado, por iso non lle queda outra que tolerar a existencia dos historiadores
Samuel Butler
Deus, o mesmo que unha coma, pode cambia-lo todo
Guido Guerrasio
dicer a verdade con mala fe debería considerarse deshonesto
Karl Kraus
dicir si a todo e a todos éche coma non existir
Tahar Ben Jelloun
din que con cartos podes telo todo. Non é certo. Pódense mercar alimentos mais non o apetito, menciñas mais non a saúde, unha cama confortábel mais non o sono, coñecementos mais non intelixencia, aparencias mais non o benestar, diversión mais non o pracer, coñecidos mais non a amizade, criados mais non a fidelidade, cabelos canos mais non a honra, días apracibles mais non a paz. Con cartos pódese mercar a casula de todo mais non o gran. Iso non o mercan os cartos
Arne Garborg
dispomos de dez minutos para pórmos en prática unha idea antes dela pasar ao mundo dos soños
Richard Buckminster Fuller
distraerse significa case sempre mudar de aborrecemento
Charles Régismanset
ditosa a persoa que ri de si mesma; nunca non lle faltará a diversión
Habib Bourguiba
ditoso quen non espera gratitude, porque non quedará desilusionado
W.C. Bennett
divorciarse dun home só porque non o amas é tan parvo coma casar con el porque o amas
Zsa Zsa Gabor
dixéranme que algúns mortos eran necesarios para chegar a un mundo onde máis ninguén se mataría
Albert Camus
do cerebro, e só do cerebro, xorden as nosas alegrías, praceres e riso, pero tamén as nosas dores e as nosas amarguras
Hippocrates
do mesmo xeito que os amigos nos adulan, as reprobacións dos inimigos decote corríxennos
Sant'Agostino
domina a materia, as palabras virán arreo
Marcus Porcius Cato
dos fumadores podemos aprende-la tolerancia. Non coñezo nin sequera un que se veña queixando dos non fumadores
Sandro Pertini
dos meus disparates de xoventude, o que máis me enfastía deles non é o telos cometido, senón o non poder cometelos de novo
Pierre Benoit
dúas cousas me sorprenden: a intelixencia das bestas e a bestialidade dos homes
Flora Tristán
dubidar de si mesmo é o primeiro sinal de intelixencia
Ugo Ojetti
dun grande home sempre che hai algo que aprender, mesmo cando está calado
Lucius Annaeus Seneca
Dunha vez lin un diccionario de principio a fin, pensei que se trataba dun fermoso poema de amor dedicado a todas as cousas
Ophelia
durante a súa vida un home pode mudar de muller, de partido político ou de relixión, mais nunca de equipo de futbol.
Eduardo Galeano