Logos Multilingual Portal

Select Language

a á b c d é e f g h i l m n o ó p q r s t u ú v x

é abraiante que un adiviño non bote a rir ó ver outro adiviño
Marcus Tullius Cicero
e aquelo que fixemos antes polo amor de Deus, facémolo agora polo amor ao diñeiro, é dicir, por amor ao que dá a sensación máis elevada de poder e boa conciencia
Friedrich Wilhelm Nietzsche
é bo írmonos dando conta de que non comprendemos nada
Maurice Maeterlinck
é bo que as persoas deste país non comprendan o noso problema bancario e monetario porque, se iso acontecese, coido que había haber unha revolta antes de mañá á mañá
Henry Ford
é bo seguir as propias inclinacións, sempre que sexan en subidas
André Gide
é curioso que o valor físico sexa tan común no mundo e o valor moral tan raro
Mark Twain
é detestábel a avareza espiritual daqueles que, coñecendo algo, non procuran a transmisión deses coñecementos
Miguel de Unamuno
é difícil crer que un home está a dicir a verdade cando sabes que ti, se foses el, tamén mentirías
H.L. Mencken
é difícil dicir quen nos fai máis dano, se os inimigos coas súas peores intencións ou os amigos coas súas mellores
Lord Lytton
é difícil non desexar a muller do próximo; as que non teñen dono acostuman ser pouco atraentes
Enzo Biagi
é difícil recoñecer quen segue a corrente espontaneamente
Stanislaw Jerzy Lec
é divertido ver a lixeireza con que os malfeitores coidan que todo lles irá ben
Victor Hugo
é este amor que sinto polos libros o que fai de min o parvo máis experto do mundo
Louise Brooks
e falsa sexa para nós toda a verdade non acompañada dunha sonora gargallada
Friedrich Wilhelm Nietzsche
é feble porque non dubidou bastante e mais quixo chegar a conclusións
Miguel de Unamuno
é imperdoábel que os científicos experimenten con animais; que experimenten con xornalistas e políticos
Henrik Ibsen
é imposible gozar do lecer se non se ten unha chea de traballo para facer
Jerome K. Jerome
é máis doado amar a humanidade en conxunto que non o veciño
Eric Hoffer
é máis doado de legalizar certas cousas que non lexitimalas
Nicolas de Chamfort
é máis doado desintegrar un átomo que un prexuízo
Albert Einstein
é máis doado loitar polos proprios principios que respectalos
Alfred Adler
é máis doado perdoar un inimigo que non un amigo
William Blake
é máis fácil ensinar unha segunda lingua a todos que fabricar unha máquina capaz de traducir
Anónimo
é máis rico o que se satisfai con menos porque a satisfacción é a riqueza da natureza
Socrates
é máis vergoñento desconfiar dos nosos amigos ca ser enganados por eles
François de La Rochefoucauld
é mellor engadirlle vida ós días ca días á vida
Rita Levi Montalcini
é mellor remexerse na dúbida que repousar no erro
Alessandro Manzoni
é mellor saber cousas inútiles que non saber nada
Lucius Annaeus Seneca
é moi difícil traballar dun xeito exemplar e, asemade, menosprezar o traballo que se fai
Milan Kundera
é moito máis doado enganar ás persoas que convencelas de que as enganaron
Mark Twain
é moito máis fácil reprimir un primeiro desexo que satisfacer aqueles que o seguen
François de La Rochefoucauld
é moral aquelo que nos presta despois de facelo, é amoral aquelo que nos fai sentir mal despois de o facer
Ernest Hemingway
e nós habemos esperar que chegue o día no que poidamos dicirlle ós nosos homes e ás nosas mulleres mortos só isto: Non nos rendemos, non desistimos, non nos vendemos
Subcomandante Marcos
é o ánimo o que debes mudar, non o ceo
Lucius Annaeus Seneca
é ó enfermarmos cando nos decatamos de que non vivimos sós, senon encadeados a un ser dun reino diferente, do que nos afastan abismos, que non nos coñece e polo que é imposible facernos comprender: o noso corpo
Marcel Proust
e os homes teñen menos reparos en ofender a quen se fai querer que a quen se fai temer
Niccolò Machiavelli
e para que non o rouben..confían os cartos ós bancos
Anónimo
é perigoso seres sincero, a non ser que tamén sexas estúpido
George Bernard Shaw
é perigoso ter razón cando as autoridades constituídas están erradas
Voltaire
é posíbel amar a un ser humano se non o coñecemos moi ben
Charles Bukowski
é posíbel ter lingua sen ter diñeiro, propiedades, goberno ou casamento, mais non se poden ter cartos, propiedades, goberno ou casamento sen linguaxe
John Searle
é precisamente cando nos equecemos de nós mesmos, cando facemos cousas que merecen ser recordadas
Anonymous
é preciso loitar contra o idioma para que non impoña as súas fórmulas nen os seus clichés, as frases feitas e todo aquilo que caracteriza un mau escritor
Julio Cortázar
é raro que os homes que teñen o máximo respeito polas mulleres sexan populares entre elas
Joseph Addison
é recensión cando o teu viciño perde o traballo; é depresión cando o perdes ti
Harry S. Truman
é sempre máis sinxelo cambiar de home, que cambiar a un home
Marilyn Monroe
é tan curto o amor e é tan longo o esquecemento
Pablo Neruda
é tan difícil para os ricos adquiriren sabedoría como para os sabios adquiriren riqueza
Epictetus
é tanta a forza do costume que mesmo viver se torna nun costume
Gesualdo Bufalino
é típico dun home inexperto non crer na sorte
Joseph Conrad
é triste pensar que a natureza fala e que a especia humana non a escoita
Victor Hugo
é un erro supór que ninguén comprende o seu propio carácter. A maioría das persoas coñece moi ben os seus propios defectos, mais insiste en darlles nomes diferentes dos habitualmente utilizados polo resto do mundo
Arthur Helps
é un milagre que a curiosidade sobreviva ó ensino escolar
Albert Einstein
é unha feliz desgracia non ter fillos
Euripides
é unha guerra de clases. A miña vai gañando, mais non debera
Warren Buffett
é unha mágoa que as únicas persoas que saben como gobernar o país estean demasiado atafegadas conducindo taxis ou cortando o cabelo
George Burns
é útil lembrar que a avaricia sempre foi inimiga da virtude; dificilmente poderá gañar o creto dos demais quen busque en exceso o seu propio beneficio.
Leon Battista Alberti
é verdadeiramente monstroso que a xente diga cousas de min, ás miñas costas, que son absolutamente certas
Oscar Wilde
é vostede Miss Smith a filla do banqueiro Smith, o multimillonario, non si? non? Perdoe, por un momento crin que me namorara de vostede...
Groucho Marx
éche moi difícil facer entender algo a alguén cando o seu soldo depende de non entendelo
Upton Sinclair
éche un moi bo consello crer só no que o artista fai, non no que di sobre o seu traballo
David Hockney
elector: Persoa que goza do sagrado privilexio de votar un candidato elixido por outros
Ambrose Bierce
eles queren a guerra, mais nós non os imos deixar en paz
José Saramago
elogo non destrúo os meus inimigos cando me fago amigo deles?
Abraham Lincoln
en asuntos de conciencia a lei da maioría non conta
Mohandas Karamchad Gandhi
en cada cínico haiche un idealista desilusionado
George Carlin
en caso de dúbida, decidímonos polo que é correcto
Karl Kraus
en certas ocasións, as malas palabras son as mellores
Anónimo
en certos momentos, para que calquera cousa funcione novamente, débese correr o risco de o perder todo
Isabelle Adjani
en Cuba non se respectan os dereitos humanos, excepto en Guantánamo
Anónimo
en economía a maioría sempre se engana
John Kenneth Galbraith
en Italia os máis dos políticos non combate polos seus proxectos, pero si polos seus intereses
Indro Montanelli
en moitos casos, a servidume non é unha violencia dos patróns, senón unha tentación dos servos
Indro Montanelli
en ningunha lingua é tan difícil comprenderse como na propria
Karl Kraus
en ningunha teoría democrática se pon en dúbida o feito de que unha das características dunha ditadura é o monopolio da información
Giovanni Sartori
en política o verdadeiro santo é o que azouta e mata ó pobo polo ben do pobo
Charles Baudelaire
en principio hai ben menos diferenza entre un obreiro e un filósogo ca entre un mastín e un lebreiro ; é a división do traballo a que creou un abismo entre eles.
Karl Marx
en relación a eles, todos os humanos son nazis. Para os animais é un eterno Treblinka
Isaac Bashevis Singer
en tempo de guerra, a verdade e tan preciosa que debe ser sempre protexida por unha barreira de mentiras
Winston Churchill
en toda guerra, a primeira vítima é a verdade
Hiram Warren Johnson
en todas as épocas os hipócritas chamados cregos, puxeron coroas nas cabezas dos ladróns, chamados reis
Rober Green Ingersoll
en xeral, as cousas terribeis que se fan co pretexto de que o progreso o esixe non son realmente progreso, son só cousas terribeis
Russell Baker
en xeral, cada país ten a lingua que merece
Jorge Luis Borges
en xeral, digo o que penso, mais hoxe en día é un erro porque podo ser malinterpretado
Oscar Wilde
en xeral, os homes acreditan doadamente naquilo que desexan
Caius Iulius Caesar
enriquezámonos coas nosas mútuas diferenzas.
Paul Valéry
entre as miñas posesións máis aprezadas están algunhas palabras que nunca dixen
Orson Rega Card
entre dous males, sempre escollo aquel que aínda non catei
Mae West
entre molécula e molécula hai tanta distancia como entre estrela e estrela
Carlo Dossi
entre todas as aberracións sexuais, seguramente a máis esquisita é a castidade
Remy de Gourmont
entre todas as cousas, só aprendemos daquelas que amamos
Johann Peter Eckermann
era tan fermosa que lle prohibiron achegarse á torre de Pisa
Anónimo
escravo é aquel que espera a que alguén veña a liberalo
Ezra Pound
escribir é sempre agachar algo de xeito que poda ser descuberto
Italo Calvino
escribir poesía é como face-lo amor: nunca se saberá se o propio gozo é compartido
Cesare Pavese
esencialmente, a creaciónde diñeiro da nada que os bancos practican aseméllase á actividade dos falsificadores. A única diferenza está en quen se beneficia
Maurice Allais
esperar que o mundo te trate ben porque es unha boa persoa e case como esperar que un touro non te escorne porque es vexetariano
Dennis Wholey
esperemos que os atletas "normais" que gañaron as medallas nos xogos paralímpicos non usasen drogas
Anónimo
espero que nunca chegue a ser tan vello que me volva relixioso
Ingmar Bergman
esquecedes que os froitos son de todos mais a terra non é de ninguén
Jean-Jacques Rousseau
esquecemos doadamente as nosas culpas cando non as coñece máis ninguen
François de La Rochefoucauld
esquecemos moi axiña o tempo cando nós eramos os emigrantes
Susanna Agnelli
está ben non facer o mal, pero está mal non facer o ben
Padre Alberto Hurtado
esta vida é un hospital onde cada doente está posuído polo desexo de mudar de cama
Charles Baudelaire
estamos a aprender no noso propio lombo que o organismo que destrúe o seu propio ambiente se destrúe a si mesmo
Gregory Bateson
estamos a vivir unha época perigosa. Os seres humanos controlan a natureza antes de aprenderen a dominarse eles mesmos.
Albert Schweitzer
estamos feitos con o mesmo material dos soños
William Shakespeare
estamos todos obrigados a aturar a realidade, para cultivar algunhas das nosas pequenas tolerías
Marcel Proust
estar orgulloso de aprender é a ignorancia máis grande
Jeremy Taylor
este debuxo levoume cinco minutos, mais tardei sesenta anos para facelo
Auguste Renoir
este é o meu ensinamento: todos os homes están loucos
Quintus Horatius Flaccus
este suspense é terribel; espero que dure
Oscar Wilde
estes son os meus principios. Se non che gustan, teño outros
Groucho Marx
estiven nun almanaque, mais nunca fun puntual
Marilyn Monroe
estou a favor da despenalización das drogas... polo menos no deporte
Massimiliano Badiali
estou a favor da legalización das drogas. De acordo co meu sistema de valores, se as persoas queren matarse teñen todo o deireito a fecelo. A maior parte dos danos que as drogas provocan débense ó feito de seren ilegais
Milton Friedman
estou a favor de esparexer entre as persoas e os animais, bacterias preparadas metodicamente, fungos...para destruír cultivos, antrax para destruír cabalos e gando e pragas para drestruír nón só exércitos enteiros senón tamén a poboación de amplas rexións
Winston Churchill
estou preocupado, empezo a ter ideas coas que non estou de acordo
Francesco Tullio Altan
Estou rodeado de xente que repite sen parar que o seu reino non é deste mundo mais non dubidan e botar para o seu saco todo o que lles queda a man.
Napoleon Bonaparte
estou sentado nas costas dun home, sufocándoo e obrigándoo a me levar. Ao mesmo tempo, tento convencerme a min e aos outros de que estou cheo de compaixón por el e manifesto o desexo de mellorar a súa sorte de todas as formas posibles. Agás baixar das súas costas
Leo Tolstoy
estou totalmente a favor da utilización do gas velenoso contra das tribos incivilizadas.
Winston Churchill
estou traumatizado pola legalización do aborto, porque a considero, como moita outra xente, unha legalizcación do homicidio
Pier Paolo Pasolini
eu amo, ti amas, el ama, nós amamos, vós amades, eles aman. Oxalá non fose unha simple conxugación, mais a realidade
Mario Moreno (Cantinflas)
eu era anticomunista cando había comunistas
Giovanni Sartori
eu non bebo. Mais non é por virtude, senón porque hai unha bebida que me gusta máis: a auga
Jorge Luis Borges
eu non cito os demais máis que para expresar mellor o meu pensamento
Michel de Montaigne
eu non dou esmolas; non son pobre de máis para dalas
Friedrich Wilhelm Nietzsche
eu non sei se Deus existe, mais se non, daba mellor impresión
Stefano Benni
eu pinto as cousas non como as vexo, senón como as penso
Pablo Picasso
existen dous xeitos de alcanzar a felicidade: un, facerse o bobo, o outro, selo
Enrique Jardiel Poncela
existen xornalistas honestos como existen políticos honestos. unha vez que son comprados, permanecen comprados
William Moyers
experiencia é o nome que damos ás nosas equivocaciones
Oscar Wilde
experiencia: un peite que a vida che dá despois de teres perdido o teu cabelo
Judith Stern