Logos Multilingual Portal

Select Language

a á b c d é e f g h i l m n o ó p q r s t u ú v x

o aborrecemento é unha doenza que se cura co traballo; o pracer é só un paliativo
Duke of Lewis
o actor é un mentireiro sincero
Albert Camus
o alimento máis perigoso é a torta de casamento
James Thurber
o alporizante do amor é que se trata dun crime no que sempre fai falla un cómplice
Charles Baudelaire
o amor consiste en sobreestimar as diferenzas entre unha muller e outra
George Bernard Shaw
o amor deixa de ser un pracer cando deixa de ser un segredo
Aphra Behn
o amor é a espera dunha alegría que cando chega, aborrecéla
Leo Longanesi
o amor é eterno mentres dura
Henri de Régnier
o amor é o infinito posto ó alcance dos cans
Louis-Ferdinand Céline
o amor é o que ocorre entre un home e unha muller cando non se coñecen
William Somerset Maugham
o amor é un castigo. Somos castigados por non darmos vivido sós
Marguerite Yourcenar
o amor entre o alumno e o mestre é o primeiro e máis importante paso cara ó coñecemento
Desiderius Erasmus von Rotterdam
o amor fainos tolos, o matrimonio cornudos e o patriotismo malvados alpabardas
Paul Léautaud
o amor non é cego, é présbite: a proba é que comeza a ver as chatas a medida que se afastan
Oscar Wilde
o amor non é máis ca un xogo suxo que facemos para asegurar a continuidade da especie
William Somerset Maugham
o amor patrio non coñece as fronteiras alleas
Stanislaw Jerzy Lec
o amor son as néboas que xorden do vapor dos suspiros
William Shakespeare
o amor ten dereito a ser deshonesto e mentireiro se é que é sincero.
Marcello Marchesi
o analfabetismo alleo fai que a escrita sexa tamén difícil
Stanislaw Jerzy Lec
o arrepentimento é a firme resolución de non deixar pegadas a vindeira vez
Marcel Achard
o atranco máis grande para a comprensión dunha obra de arte é o tentar entendela
Bruno Munari
o aumento da sabedoría pode medirse axeitadamente pola diminución da bile
Friedrich Wilhelm Nietzsche
o avogado é o cómplice natural do banqueiro
Henry Ford
o avogado é un cabaleiro que rescata o teu capital das poutas dos teus enemigos para se quedar con el
Henry Brougham
o ben pode resistir as derrotas, o mal non
Rabindranath Tagore
o ben público está formado por un grande número de males privados
Anatole France
o Berlusconi é unha desas doenzas que curan cunha vacina. Para sandar do Berlusconi fai falla unha boa inxección do Berlusconi
Indro Montanelli
o bico é un expediente xenial que permite ós namorados dicir demasiadas estupideces
Alessandro Morandotti
o bo das normas é que hai moitas para escoller
Andrew S. Tanenbaum
o bo xornalismo pode e debe morder calquera man que queira darlle de comer
David Simon
o bolsa de valores é o lugar onde os estúpidos se separan dos seus cartos
Paul Samuelson
ó cabo só hai dous tipos de homes: os que quedan na casa e os que non
Rudyard Kipling
ó cabo, a patria é a lingua
Camilo José Cela
o capitalismo é a estafa lícita da clase dominante
Al Capone
o capitalismo é o peor inimigo da humanidade
Evo Morales
o castelán é a lingua franca dos indios de América
Carlos Fuentes
o castelán non será unha verdadeira lingua de cultura ata que a ciencia se escriba en castelán
Angel Martín Municio
o castigo do delicto é cometelo, a sanción que aplica a lei é superflua
Anatole France
o castigo serve para atemorizar ós que non queren cometer pecado ningún
Karl Kraus
o ceo estrelado sobre min, a lei moral en min
Immanuel Kant
o cerne das matemáticas reside na súa liberdade
Georg Cantor
o cinema como a pintura, amosa o invisíbel
Jean-Luc Godard
O comunismo é a unidade esencial do home coa natureza, a verdadeira resurrección da súa natureza, o naturalismo realizado polo home e o humanismo realizado pola súa natureza
Karl Marx
o coñecemento é como as candeas: cando unha se usa para acender outra, non mingua a luz da primeria. Pola contra, todo se volve máis luminoso
Thomas Jefferson
o coñecemento segue a avanzar porque podemos basearnos no traballo dos grandes xenios que nos precederon
Margherita Hack
o consello buscado non adoita ser benvido e o consello non pedido é, sen dúbida, unha insolencia
Samuel Johnson
o contrario dun pobo civilizado é un pobo creativo
Albert Camus
o corpo médico volveuse unha ameaza para a saúde
Ivan Illich
o corpo, se vai ben tratado, pode durar toda a vida
Enrique Clarasó Daudí
o crecemento dos países en vías de desenvolvemento depende da desmilitarización
Oscar Arias
o crime organizado non é máis ca a outra cara (suxa) do dólar
Raymond Chandler
o cristianismo fixo moito polo amor tornándoo nun pecado
Anatole France
o culto da perfección conduce sempre a preferir a mistificación que a autenticidade
Paul Ariès
o deber é o que esperamos dos outros
Oscar Wilde
o deber máis nobre dun ser humano é protexer os animais da crueldade
Emile Zola
O demo é agora máis arteiro, tenta facendo ricos no canto de pobres.
Alexander Pope
o demo é un optimista se coida que pode emperorar os homes
Karl Kraus
o deporte serio non ten nada que ver co xogo limpo. Está cheo de odio, envexa e fachenda, de indiferencia por cada regra e dun pracer sádico de ver a violencia. Noutras palabras, é a guerra sen armas
George Orwell
o derradeiro día do ano non é o derradeiro día do tempo
Carlos Drummond de Andrade
o desenvolvemento é como unha estrela morta, da que aínda podemos ver a luz mesmo anque se apagara hai tempo e para sempre
Gilbert Rist
o desenvolvemento é unha viaxe con máis náufragos ca sobreviventes
Eduardo Galeano
o desenvolvemento sustentábel é coma a estrada ó inferno: pavimentado de boas intencións
Serge Latouche
ó destruir monumentos cómpre deixar as peañas, se cadra poden servir para outra cousa
Stanislaw Jerzy Lec
o diñeiro axuda a aturar a pobreza
Alphonse Allais
o diñeiro é o leite materno da política
James A. Unruh
o diñeiro é un bo servo mais é un mal señor
Alexander Dumas
o diñeiro está a tornarse nunha cousa tan importante que en pouco tempo falaremos de Kennedy como do primeiro marido da esposa de Onassis
Anónimo
o diñeiro non pode parir diñeiro
Tommaso d'Aquino
o diñeiro, en canto posúe a propiedade de mercalo todo, en canto posúe a propiedade de apropiarse de todos os obxectos é, logo, o obxecto de posesión por excelencia. A universalidade da súa cualidade é a omnipresenza da súa esencia; serve, logo, como ser omnipotente
Karl Marx
o disenso é a forma máis nobre de pratriotismo
Thomas Jefferson
o dispositivo máis popular para aforrar traballo hoxe en día segue a ser un marido rico
Joey Adams
o divorcio é un amaño para arranxar algo que rematou mal. A batalla polo divorcio desenvólvese na retagarda. Cómpre loitar contra o matrimonio
Luciano Bianciardi
o dixital é a rapidez, a eficacia. O papel é o pracer
Giuseppe Annoscia
o doparse para un atleta é igual que mentir e roubar para un político. Difícil de evitar
Anónimo
o egoísmo non consiste en vivir tal e como desexamos facelo, senon en querer que os outros vivan como nós desexariamos
Oscar Wilde
o empresario ten en todo o mundo a mesma relixión
Heinrich Heine
o enamoramento é un estado de imbecilidade transitoria
José Ortega y Gasset
o encontro entre dúas personalidades é como o contacto entre dúas substancias químicas: de producirse algunha reacción, as dúas transfórmanse
Carl Jung
o engado: un xeito de ouvires a resposta si sen faceres ningunha pregunta clara
Albert Camus
o escándalo comeza cando a policía lle pón fin
Karl Kraus
o escandaloso non é que algúns banqueiros estean na cadea, senón que o resto anden ceibos
Honoré de Balzac
o escravo só ten un amo; o ambicioso tantos como persoas poidan serlle útiles á súa fortuna
Jean de La Bruyère
o escritor que non explora as profundidades sempre ficará na superficie
Stanislaw Jerzy Lec
o escritor que non explora o fondo das cousas ha quedar sempre aboiando
Stanislaw Jerzy Lec
o estado son eu
Louis XIV
o estranxeiro vive en nós. Cando fuximos do estraxeiro ou o combatemos, loitamos contra nós mesmos
Julia Kristeva
o exceso de información esparexe a ignorancia coa ilulsión de a eliminar. Tamén a facilidade de acceso carnal degradou o sexo
Carmelo Bene
o éxito é fácil de obter. O difícil é merecelo
Albert Camus
o éxito é ter o que queremos; a felicidade é querer o que temos
Jackson H. Brown
o feito de que as persoas vulgares expresen claramente os seus pensamentos está lonxe de ser certo; e a claridade que neles se pode atopar resulta non da facilidade de expresión, senón da superficialidade das súas ideas
Samuel Johnson
o feito de que un crente sexa máis feliz ca un ateo non ten maior relevancia que o feito de que un bébedo sexa máis feliz ca un sobrio
George Bernard Shaw
o fin pode xustificar os medios, sempre que algo haxa que xustifique o fin
Leon Trotsky
ó final, non nos lembraremos das palabras dos nosos inimigos, senon do silencio dos nosos amigos
Martin Luther King
o fracaso subíuseme á cabeza
Ennio Flaiano
o fútbol debe saír xa das farmacias e das oficinas financeiras
Zdenek Zeman
o fútbol é popular porque a estupidez é popular
Jorge Luis Borges
o fútbol empeza a ser unha mentira moi ben contada polos medios de comunicación
Jorge Valdano
o fútbol non é só unha cuestión de vida ou morte, é moito máis importante ca todo iso
Bill Shankly
o futuro comeza cando acordo todas as mañás. Sempre atopo algo positivo para facer coa miña vida
Miles Davis
o futuro dos cativos é sempre hoxe. Mañá será tarde
Gabriela Mistral
o futuro é o único tipo de propiedade que os amos conceden de bo grado ós escravos
Albert Camus
o futuro gañará; no ciberespacio non haberá propiedade privada. Eis o DotComunismo
John Perry Barlow
o futuro pertence ós que ven as oportunidades antes de que se fagan evidentes
Theodore Levitt
o galo canta ata a maña na que ha de acabar na pota
Stanislaw Jerzy Lec
o gas é unha arma máis misericordiosa co explosivo de alta potencia, e obriga ao inimigo a aceptar unha decisión con menos perdas humanas que calquera outro instrumento de guerra.
Winston Churchill
o gran mérito da sociedade é que nos fai apreciar a soedade
Charles Chincholles
o grao de civilización dunha sociedade pode xulgarse ó entrar nos seus cárceres
Fedor Michailovich Dostoevski
o home adoita ter dúas razóns para facer unha cousa: a que lle acae e a verdadeira
John Pierpont Morgan
o home bo é intelixente, o ruín é, amais, imbécil. As actitudes morais e intelectuais van xuntas
Jorge Luis Borges
o home chega novato a cada limiar da vida
Nicolas de Chamfort
o home cultiva mil rosas e non atopa nelas o que buscaba; mais podería atopalo nunha soa
Antoine de Saint-Exupéry
o home do terceiro milenio terá a cultura de Bush, a honestidade de Berlusconi e a bondade de Putin
Anónimo
o home é a única criatura que nega ser o que é
Albert Camus
o home é o único animal que se acora, ou que precisa facelo
Mark Twain
o home é rico unha vez que se familiarizou coa penuria
Epicurus
o home é un animal cun formidábel talento para a adaptación
Enzo Ferrari
o home é un animal domesticado que, ao longo dos séculos, controlou outros animais con fraude, violencia e crueldade
Charlie Chaplin
o home é un animal racional que sempre perde o tino cando se lle pide que actúe baixo os ditados da razón
Oscar Wilde
o home é un animal social que rexeita ós seus semellantes
Eugène Delacroix
o home é un aprendiz, a dor é o seu mestre
Alfred de Musset
O home está composto nun 80% de auga, así é que non é de estrañar que estea contaminado
Carl William Brown
o home está condicionado completamente ao comportamento produtivo pola organización do traballo e fóra da fábrica mantén a mesma apariencia e a mesma cabeza
Christophe Dejours
o home está sempre disposto a morrer por unha idea, mais coa condición de que esa idea non lle quede ben clara
Paul Eldridge
o home máis rico é o que ten os praceres máis baratos
Henry David Thoreau
o home non sabe máis cós outros animais; sabe menos. Eles ben saben o que lles cómpre saber. Nós non
Fernando Pessoa
o home non ten demasiado respecto por si mesmo, mais tampouco non o ten polos demais
Leon Trotsky
o home non vive só de palabras, aínda que ás veces teña que comelas
Adlai Stevenson
o home produce maldade como as abellas producen mel
William Golding
o home que non coñece a cólera non coñece a bondade
Henry Ward Beecher
o home que non le nada é máis culto ca o que só le os xornais
Thomas Jefferson
O home que non perde a cabeza por certas cousas é que non ten razón que perder
Gotthold Ephraim Lessing
o home que ós 50 anos ve o mundo do mesmo xeito que o vía ós 20 desperdiciou 30 anos da súa vida
Muhammad Ali
o home que perde a honra polo negocio, perde o negocio e a honra
Francisco de Quevedo y Villegas
o home que tenta conquistar o afecto dos outros con boas accións coñecerá a amarga experiencia da ingratitude
Bertrand Russell
o home sen imaxinación non ten ás
Muhammad Ali
o idealismo aumenta en proporción directa á distancia que nos afasta do problema
John Galsworthy
o idealismo é a nobre toga coa que os señores da política envolven a súa ansia de poder
Aldous Huxley
o idealismo está moi ben, mais cando se achega á realidade vólvese prohibitivo
William F. Buckley
o importante non é a idea, senón chegar até as últimas consecuencias
Ezra Pound
o importante non é facer moitas cousas, senón facelas con moito amor
Madre Teresa di Calcutta
o importante non é o que se di, senón o que non cómpre dicir
Albert Camus
o importante non é ter unha chea de ideas, senón vivir unha delas
Ugo Bernasconi
o inferno e o paraíso parécenme desproporcionados. As accións dos homes non merecen tanto
Jorge Luis Borges
o inimigo marcha diante de nós
Bertolt Brecht
o instinto asasino, entre moitos outros instintos, é intrínseco ó ser humano. Van da man: home e morte, home e crueldade, home e sangue. Non é agradabel, mais é seguramente así
Roberto Bolaño
o libre desenvolvemento de cada un é a condición para o libre desenvolvemento de todos
Karl Marx
o libro é unha das posibilidades de felicidade que temos a humanidade
Jorge Luis Borges
o libro máis importante para un comunista coma min é a Biblia
Nichi Vendola
o libro no que foi escrito todo o saber dos libros pedía axuda para non ser comido polo rato. O rato ría
Leon Battista Alberti
o libro será a salvación da humanidade
Voltaire
o límite da audacia consiste e saber ata onde se pode chegar demasiado lonxe
Jean Cocteau
o luxo fai baixar a riqueza e medrar a pobreza
Denis Diderot
o maior fornecedro de violencia no mundo de hoxe: o meu propio goberno
Martin Luther King
o maior pecado é o de nacermos
Samuel Beckett
o maior perigo na vida é tomar demasiadas precaucións
Alfred Adler
o máis alto heroísmo para un individuo, como para un pobo, é saber enfrontar o ridículo
Miguel de Unamuno
o máis importante da comunicación é escoitar o que se di
Peter Drucker
o máis prolífico periodo de pesimismo chega ós vinte e un pouco máis ou menos, cando tentamos por primeira vez facer realidade os nosos soños
Heywood Broun
o mal que facemos non nos causa tanto odio e hostilidade como as nosas boas accións
François de La Rochefoucauld
o mal que os homes fan sobrevívelles; o ben é muitas veces enterrado cos seus osos
William Shakespeare
o malo de seres puntual é que non hai alí ninguén para cho agradecer
Franklin P. Jones
o marabilloso da guerra é que o xefe dos asasinos fai bendecir as súas bandeiras e invoca a Deus solemnemente antes de se lanzar a exterminar ós seus semellantes
Voltaire
o matrimonio é a principal causa do divorcio
Groucho Marx
o matrimonio é coma os cogomelos: cando nos decatamos de se son bos ou ruíns, xa é demasiado tarde
Woody Allen
o matrimonio non é máis co troco de malos humores polo día e cheiros pola noite
Guy de Maupassant
o matrimonio, na vida, é coma un duelo no meido dunha batalla
Edmond About
o medo á soedade é maior có medo ó compromiso, por iso casamos
Cyril Connolly
o meirande vehículo de violencia arestora en todo o mundo é o goberno dos Estados Unidos
Martin Luther King
o mellor argumento contra a democracia é unha conversa de cinco minutos co votante medio
Winston Churchill
o mellor da vida non se procura, atópase
Anonymous
o mellor do esquecemento é o recordo
José Hierro
o mellor do futuro é que só chega unha vez ó día
Abraham Lincoln
o mellor don que a natureza deu ao home é a brevidade da súa vida
Plinius Secundus
o mellor negocio dos ricos é unha rifa entre os pobres
Eduardo Pérsico
o mellor xeito de aprender a facer unha película é facer unha
Stanley Kubrick
o mellor xeito de gozar de moita liberdade é concedéndollela aos outros
Carlo Dossi
o mentireiro debe lembrar que, para a xente crer nel, só lle fai falla dicir as mentiras necesarias
Italo Svevo
o mercado é un lugar onde os homes poden enganarse uns ós outros
Anacharsis
o mestre mediocre fala. O bo mestre explica. O excelente mestre demostra e o gran mestre inspira
William Arthur Ward
o meu gato fai aquelo que me prestaría facer a min, mais con menos literatura
Ennio Flaiano
O meu optimismo baséase na certeza de que esta civilización se afunde. O meu pesimismo en todo o que fai para nos arrastra tras de si na súa caída
Jean-François Brient
o meu soño é o de Picasso: ter moito diñeiro para poder vivir tranquilo coma os pobres
Fernando Savater
o momento no que un home se cuestiona sobre o significado e o valor da vida, entón é que está doente
Sigmund Freud
o monopolio ou a posesión da propiedade en mans duns poucos é unha maldición para a humanidade
John Adams
o morrer é horrible, mais a idea de ter que morrer sen ter vivido abondo é insoportable
Erich Fromm
o mundo debería rir máis, mais despois de comer
Mario Moreno (Cantinflas)
o mundo é maternal para os homes e machista para as mulleres
Belén Sánchez
o mundo é testemuña dun terríbel crime contra os dereitos humanos que se comete en Gaza, onde hai un millón e medio de seres humanos que son apreixoados case sen acceso ó mundo exterior. Un pobo enteiro está sendo brutalmente castigado
Jimmy Carter
o mundo é un cárcere onde vale máis estar nunha cela de illamento
Karl Kraus
o mundo está cheo de libros marabillosos que ninguén le
Umberto Eco
o mundo esta destinado a ser cada día máis pavero, por iso os humoristas son os verdadeiros precursores da civilización futura
Carl William Brown
o mundo está dividido entre aqueles que non dormen porque teñen fame e aqueles que non dormen por mor dos que teñen fame
Paulo Freire
o mundo había ser máis pacífico se todos fosemos ateos
José Saramago
o mundo non é un espectáculo é un campo de batalla
Giuseppe Mazzini
o mundo non é verdadeiro, mais é real
Fernando Pessoa
o mundo posúe as estruturas da linguaxe e a linguaxe posúe as formas da mente
Eugenio Montale
o mundo progresa mercé ás cousas imposibles que se tornaron reais
André Maurois
o narcotráfico non se pode legalizar porque hai moitos cartos polo medio
Hillary Clinton
o neno non é un recipiente para encher, senón un lume para prender
François Rabelais
o noso gran tormento na vida resulta do feito de que estamos eternamente sós, e todos os nosos esforzos e todas as nosas accións están destinadas a fuxir desta soidade
Guy de Maupassant
o noso sistema económico actual é unha máquina que destrúe o medio natural e produce millóns de perdedores cos que ninguén sabe o que facer
George Susan
o obreiro faise máis pobre canta máis riqueza produce
Karl Marx
o obxectivo da educación é substituír unha mente baleira por unha aberta
Malcolm Steve Forbes
o obxectivo da existencia é conciliar a luminosa opinión que temos de nós mesmos coas cousas horribles que os demais pensan de nós
Quentin Crisp
o optimista pensa que este é o mellor dos mundos posibles. O pesimista teme que iso sexa verdade
Robert Oppenheimer
o partido demócrata é o que di que o goberno te ha facer máis listo, mási alto, máis rico e que ha quitar os restrollos do teu xardín. O Republicano é o partido que di que o goberno non funciona e entón gañan as eleccións e demóstrano
P.J. O'Rourke
o pasado é un prólogo
William Shakespeare
o patriotismo é a menos perspicaz das paixóns
Jorge Luis Borges
o patriotismo é crer que o teu país é superior polo feito de naceres nel
George Bernard Shaw
o pensamento é resultado da linguaxe
Carmelo Bene
o pensamento é sempre un gran de area na engranaxe do poder
Bruno Arpaia
o pensamento morre na boca
Nicanor Parra
o pensar é o máis difícil que existe
Henry Ford
o pensar non manca
Giovanni Guareschi
o peor delito do home é nacer
Pedro Calderón de la Barca
o peor dos males non é a morte, senón querer morrer e non conseguilo
Sophocles
o peor que lle pode acontecer a un xenio é que alguén o entenda
Ennio Flaiano
o pesimismo ten que ver coa intelexencia; o optimismo, coa vontade
Antonio Gramsci
o poeta é como aquel príncipe das nubes, que mora nas treboadas e se ri do arqueiro, exiliado na terra no medio dos berros, que non pode camiñar por mor das súas ás de xigante
Charles Baudelaire
o poeta vale aquelo que vale o seu mellor poema
Fernando Pessoa
o político é un acróbata: tense en pé afirmando o contrario do que fai
Maurice Barrès
o político pensa nas vindeiras eleccións, o estadista na próxima xeración
Otto von Bismarck
o pouco que sei débollo á miña ignorancia
Sacha Guitry
o pracer de vivir sen pena ben paga a pena de vivir se pracer
Sant'Agostino
o pracer máis concreto desta vida é o van pracer das ilusións
Giacomo Leopardi
o premio por un traballo ben feito é a posibilidade de facer outro traballo ben feito
Jonas Edward Salk
o prezo que se paga ao emprender unha profesión ou unha vocación é o de coñecer intimamente o seu lado suxo
James Baldwin
o prihibicionismo non crea máis ca problemas
Al Capone
o primeiro mito da xestión é que existe. O segundo mito da xestión é que o éxito equivale á habilidade
Robert Heller
o primeiro que ha facer unha muller que quere a un home é botar a correr
Molière
o primeiro requisito dun xefe de estado é a lentitude cerebral, cousa que non sempre é doado acadar
Dean Acheson
o primeiro síntoma da morte é o nacemento
Stanislaw Jerzy Lec
o primeiro xesto revolucionario é chamar as cousas polo seu nome verdadeiro
Rosa Luxemburg
o principal obxectivo da política é manter á poboación alarmada e, por iso, adoecida porque a conduzan á seguridade ameazándoa cunha interminable serie de falsas alarmas, todas elas imaxinarias.
H.L. Mencken
o principal obxectivo do educador é formar autodidactas
Daniel De Montmollin
o príncipe é o primeiro servidor do seu Estado
Friedrich der Große
o principio da educación é predicar co exemplo
Anne-Robert-Jacques Turgot
o problema cos bufóns políticos é que son elixidos
Anonymous
o problema da humanidade é que os alpabardas están certos de todo e os intelixentes están cheos de dúbidas
Bertrand Russell
o problema non é o que ignoramos, é o que temos por certo e, porén, non o é.
Mark Twain
o público ten unha curiosidade insaciábel de sabelo todo, agás o que paga a pena saber
Oscar Wilde
o que chamamos 'progreso' é a substitución dun atranco por outro
Henry Havelock Ellis
o que desexe a presidencia ata o punto de pasar dous anos a organizar e xestionar a campaña electoral non é digno de confianza para o cargo
David Broder
o que está namorado de si mesmo ten polo menos esa avantaxe: non atopa moitos rivais
Georg Christoph Lichtenberg
o que está no corazón do sobrio está na lingua do ebrio
Plutarch
o que eu desexo é que todo sexa circular e que non haxa, por así dicilo, nin comezo nin final, senón polo contrario, a idea dun conxunto harmonioso, o da vida
Vincent Van Gogh
o que fai insoportable a vaidade dos outros é que ofende á nosa
François de La Rochefoucauld
o que fai ós homes sociables é a súa incapacidade para toleraren a soidade
Arthur Schopenhauer
o que fai terríbel este mundo é que nos esforzamos coa mesma paixón en procurar ser felices nós e en impedírllelo ós outros
Antoine de Rivarol
o que máis me impresiona dos Estados Unidos é como obedecen os pais a seus fillos
King Edward VIII
o que máis temo é o inverno da memoria
Juan José Arreola
o que non castiga o mal, manda que se faga
Leonardo da Vinci
o que non é útil ao enxame non é util para a abella
Marcus Aelius Aurelius Antoninus
o que non pode ser dito, ha de ser calado
Ludwig Wittgenstein
o que non sabe ningunha lingua estranxeira non sabe nada da súa propia
Johann Wolfgang von Goethe
o que nunca un can tivo non pode saber o que é amar e ser amado
Arthur Schopenhauer
O que nunha discusión fai valer a súa autoridade, non está a utilizar a súa intelixencia senón a súa memoria
Leonardo da Vinci
o que obedece é case sempre mellor co que manda
Ernest Renan
o que pensamos da morte só ten importancia porque nos fai pensar sobre a vida
André Malraux
o que recibe máis, recibe en función dos outros. Non é maior, nin mellor, é máis responsábel. Debe servir máis. Vivir para servir
Hélder Câmara
o que se decata das súas propias chatas non ve as dos demais
Ali ibn Abi Talib
o que se prolonga non é a vida, é a vellez
Anónimo
o que sempre fai que o Estado se torne nun inferno é xustamente a tentativa do home de tornalo nun paraíso
Friedrich Hölderlin
o que temos en común é que todos somos diferentes
Anónimo
o que ti coidas que é o cume non é máis ca un chanzo
Lucius Annaeus Seneca
o que vai devagar, chega lonxe e non lle ha custar
Anonimo
o que vive esteticamente vive sempre só no intre
Søren Kierkegaard
o salario do máis alto dirixente dunha gran empresa non é unha recompensa polos resultados obtidos. Moitas das veces trátase dun xesto afectuoso para consigo mesmo
John Kenneth Galbraith
o segredo da feliciade é ceder ás tentacións
Oscar Wilde
o segredo do éxito é a sinceridade. Se logras finxila, é túa
Arthur Bloch
o segredo do éxito reside na honestidade e no comportamento correcto. Se dás finxido os dous, conseguíchelo
Groucho Marx
o segredo que máis lle custa gardar a un home é a opinión que ten de si mesmo
Marcel Pagnol
o ser humano é a terra que camiña
Atahualpa Yupanqui
o sexo calma a paixón, o amor provócaa
Woody Allen
o signo máis evidente de que se achou a verdade é a paz interior
Amado Nervo
o socialismo só pode chegar en bicicleta
José Antonio Viera Gallo
o sorriso é a distancia máis curta entre dúas persoas
Víctor Borge
o tempo da desgana, das medias medidas, dos expedientes apaciguadores e frustrantes, dos adiamentos, está a chegar á fin. No seu lugar, estamos a entrar nun período de consecuencias
Winston Churchill
o tempo é a única cousa que non se pode volver
Lucius Annaeus Seneca
o tempo e as horas pasan mesmo no peor dos días
William Shakespeare
o tempo é o máis importante: é un sinónimo da propia vida
Antonio Gramsci
o tempo é o mellor autor. Atopa sempre o final perfecto
Charlie Chaplin
o traballador é tanto máis barato cantas máis mercadorías produce
Karl Marx
o traballo acurta os días e alonga a vida
Denis Diderot
o traballo afasta de nós tres grandes males: o aborrecemento, o vicio e a necesidade
Voltaire
o traballo é o abeiro daqueles que non teñen nada mellor que facer
Oscar Wilde
O único para o que serven os nosos coñecementos é para morrer con sufrimentos máis atroces dos que teñen os animais, que nada saben
Maurice Maeterlinck
o único progreso verdadeiro é aprender a se trabucar sen axuda
Albert Camus
o único que desexo é non ter desexos
Anónimo
o único que dicimos é dádelle unha oportunidade á paz
John Lennon
o único que separa un home e o que querw da vida é decote a súa vontade de experimentar e a fe de que é posíbel
Richard M. DeVos
o único tirano no mundo que eu podo aceptar é a miña conciencia
Mohandas Karamchad Gandhi
o único xeito de evitar que os outros coñezan os nosos propios límites consiste en non superalos
Giacomo Leopardi
o único xeito de manter a saúde é comer o que non se quere, beber o que non presta e facer o que se preferiría non facer
Mark Twain
o único xeito de protexer a soidade é ferir a todo o mundo, comezando por aqueles que amamos
Emil Cioran
o urbanismo é a apropiación do medio natural e humano polo capitalismo que, desenvolvéndose loxicamente coa dominación absoluta, pode e debe agora refacer a totalidade do espazo co seu propio decorado
Guy Debord
o uso é o mellor mestre dunha lingua
Quintilianus
o valor é o temor de ser considerado cobarde
Horace Smith
o vaticano representa a forza máis reaccionaria que existe en Italia. Para a igrexa, os gobernos que limitan os seus privilexios son despóticos e providencias aqueles que, coma o feixismo, os incrementan
Antonio Gramsci
ó vencedor non se lle preguntará despois se dicía verdade. Durante os preparativos e o comezo dunha guerra non é o dereito, senón a vitoria o que importa
Adolf Hitler
o vencedor pertence ao seu botín
Francis Scott Fitzgerald
o vento nunca zoa da banda favorábel para aquel que non sabe cara a onde ir
Lucius Annaeus Seneca
o verbo "ler" non acepta o imperativo; partilla este trazo con outros verbos como "amar" e "soñar"
Daniel Pennac
o verdadeiro espello dos nosos discursos é o curso das nosas vidas
Michel de Montaigne
o verdadeiro éxito é chegar a ser a mellor persoa posíbel
Harold Taylor
o verdadeiro poder reside nas mans dos que controlan os medios de comunicación
Licio Gelli
o verdadeiro pracer é o desprezo polo pracer
Lucius Annaeus Seneca
o verdadeiro propóstito do socialismo é, precisamente, superar e avanzar alén da fase depredadora do ser humano
Albert Einstein
o verdadeiro valor dun ser humano está determinado pola súa capacidade de conseguir liberarse del mesmo
Albert Einstein
o viaxar só serve para amarmos máis o noso recanto natal
Noel Clarasó Serrat
o vicio é unha criatura tan horrible que canto máis a miras máis che gusta
Finley Peter Dunne
o viño prexudica gravemente a saúde (mental) de quen non o bebe
Anónimo
o xornalismo é á historia como unha rameira a unha muller honrada
Jules Huot de Goncourt
o xornalismo é só a arte de encher un espacio en branco
Rebecca West
o xornalista é encirrado pola presa do peche da edición. Escribe peor se ten tempo abondo
Karl Kraus
o xurado está composto por doce persoas escollidas para decidir quen ten o mellor avogado
Robert Frost
observa os teus pensamentos... tornaranse as túas palabras. Observa as túas palabras... tornaránse as túas accións. Observa as túas accións... tornaránse os teus hábitos. Observa os teus hábitos... tornaranse o teu carácter. Observa o teu carácter... tornarase o teu destino
Frank Outlaw
obtiven do alcol moito máis do que o alcol obtivo de min
Winston Churchill
odiei os anos que pasei no Parlamento tanto como odiei os anos que pasei no instituto Azeglio de Turín. Unha perda de tempo infinitamente inútil
Susanna Agnelli
ofrecer cultura é ofrecer sede; o resto é unha consecuencia
Antoine de Saint-Exupéry
ogallá fose tan fácil descubrir a verdade como revelar a mentira
Marcus Tullius Cicero
ogallá o certificado de defunción de cada ser humano fose escrito na mesma lingua có certificado de nacemento
Bertolt Brecht
ollo por ollo e o mundo acabará cego
Mohandas Karamchad Gandhi
onde hai moita luz, a sombra é máis escura
Johann Wolfgang von Goethe
onde non hai humor non hai humanidade; onde non hai humor está o campo de concentración
Eugène Ionesco
onde se queima xente, acábase tamén queimando xente
Heinrich Heine
optimista é aquel que pensa que as cousas xa non poden ir para peor
Alessandro Morandotti
organicei sempre a miña vida para morrer con trescentos remorsos, mais con ningunha señardade
Fabrizio De André
os adulóns parécense aos amigos como os lobos se parecen aos cans
George Chapman
os alumnos comen o que os profesores xa dixeriran
Karl Kraus
os amigos son aquela parte da raza humana con quen podemos ser humanas
George Santayana
os amos deste país saben a verdade: chámase o soño americano porque hai que estar durmido para crer nel
George Carlin
os analfabetos do século XXI, non serán aqueles que non saiban ler e escribir, senón máis ben aqueles que non poidan aprender, desprender o aprendido e volver a aprender
Alvin Toffler
os avogados son as únicas persoas para as que a ignorancia da lei non está punida
Jeremy Bentham
os avogados son os únicos delincuentes cuxos xuíces han ser necesariamentes escollidos entre eles
Charles Caleb Colton
os bancos concebíronse a partir da iniquidade e naceron do pecado. Os banqueiros son os donos do mundo. Se llo quitamos pero lles deixamos a posibilidade de fabricar diñeiro, de seguida hano volver a comprar. Porén, quitádelle ese poder e todas as grandes fortunas, como a miña, han desaparecer, e compriría que desapareceran para que este fose un mundo máis feliz e mellor para vivir. Mais se queremos seguir sendo escravos dos banqueiros e pagar os custes da nosa propia escravitude, entón deixádeos que sigan creando diñeiro
Sir Josiah Stamp
os bens superfluos tornan a vida superflua
Pier Paolo Pasolini
os camiños da lealdade son sempre rectos
José Ortega y Gasset
os camiños vanse facendo ó andarmos
Franz Kafka
os cidadáns son sometidos a tantas sondaxes de opinión que xa non teñen opinión ningunha
Jean Baudrillard
os ciúmes son ladridos de can que atraen os ladróns
Karl Kraus
os colosos de internet son cada vez máis os intermediarios entre produtores e consumidores
Antonello Soro
os criminais de onte son os señores de hoxe e os criminais de hoxe serán os señores de mañá
Carl William Brown
os defectos alleos parécense demasiado aos nosos
Leo Longanesi
os dereitos aumentan automaticamente para o que cumpre coas súas obrigas
Mohandas Karamchad Gandhi
os dereitos dos animais están por diante de calquera relixión
Dan Jørgensen
os descubrimentos non axudan ao Terceiro Mundo, aumentan a inxustiza
Ryszard Kapuściński
os déspotas saben resolver todos os problemas agás o mis grave: eles mesmos
Winston Churchill
os días inesquecibles na vida dun home non pasan de cinco ou seis. Os outros son só para facer vulto
Ennio Flaiano
os diccionarios necesitan ser corrixidos continuamente, como os mapas
Carlo Dossi
os dicionarios son coma os reloxos: o peor é mellor ca nada e non nos podemos fiar nin do mellor
Samuel Johnson
os ditadores poden mudar as leis, mais non os costumes
Jacinto Benavente y Martínez
os Don Quixote de hoxe non loitan contra senon a favor dos muiños de vento
Anónimo
os especialistas son persoas que recuncan sempre nos mesmos erros
Walter Gropius
os Estados Unidos é un país que non sabe onde vai, mais que está enfoutado en ser o primeiro en chegar
Laurence J. Peter
os Estados Unidos parecen estar destinados pola providencia a inzar a América de miseria en nome da liberdade
Simon Bolivar
os filósofos limitáronse a interpretar o mundo de varias formas; mais agora trátase de transformalo
Karl Marx
os gobernos nunca aprenden. Só as persoas aprenden
Milton Friedman
os grandes acontecementos do mundo teñen lugar no cerebro
Oscar Wilde
os grandes amores comezan dun xeito moi preciso: Cando un a ve pregúntase, quen é esa alpabarda?
Ennio Flaiano
os grandes homes son os que máis sós están
Charles Bukowski
os historiadores menten con documentos, os novelistas menten coa imaxinación
Gonzalo Torrente Ballester
os homes constrúen demasiadas murallas mais non abondas pontes
Isaac Newton
os homes mudan de sentimentos e de comportamentos coa mesma rapidez que mudan de intereses
Arthur Schopenhauer
os homes nacen ignorantes, non parvos; a parvada vén por mor da educación
Bertrand Russell
os homes non podendo eliminar a morte, a miseria, a ignorancia, pensaron que para seren felices, o mellor era non pensar niso
Blaise Pascal
os homes non se avergoñan de pensar cousas sucias: mais avergóñanse ao pensar que se lles poidan atribuír estes pensamentos sucios
Friedrich Wilhelm Nietzsche
os homes non serán virtuosos a menos que non teñan a ocasión de ser viciosos
Frank Meyer
os homes non son prisioneiros do destino, sono das súas opinións
Franklin Delano Roosevelt
os homes nunca practican o mal de xeito tan completo e entusiasta coma cando o fan por crenzas relixiosas
Blaise Pascal
os homes que se gabaron de facer unha revolución decatáronse ó outro día de que non sabían o que estaban a facer, que a revolución que fixeron en nada se parecía á que quixeron facer
Friedrich Engels
os homes que se levan coas mulleres, son os mesmos que dan vivido sen elas
Charles Baudelaire
os homes só se volven heroes cando non poder ser outra cousa
Paul Claudel
os homes son sempre sinceros. Só mudan de sinceridade, iso é todo
Tristan Bernard
os homes teñen reflexos lentos; en xeral, lévalles varias xeracións comprender
Stanislaw Jerzy Lec
os homes teñen unha opinión completamente errada sobre a súa posición na naturez; e o erro é incorrexíbel
William Somerset Maugham
os homes tornáronse ferramentas das súas propias ferramentas
Henry David Thoreau
os homes...non empregan as palabras máis que para oculta-los seus pensamentos
Voltaire
os ingleses admiran instintivamente a calquera que non teña talento e que non se gabe diso
James Agate
os italianos están sempre dispostos a correr en auxilio dos vencedores
Ennio Flaiano
os italianos perden guerras como se fosen partidos de fútbol, e partidos de fútbol como se fosen guerras
Winston Churchill
os laboratorios farmacéuticos saben máis de crear enfermidades axeitadas para os fármacos existentes ca de crear fármacos axeitados para as enfermidades existente
Nassim Nicholas Taleb
os ladróns respectan a propiedade, desexan só que a propiedade pase a ser súa para poderen respectala mellor
Gilbert Keith Chesterton
os larpeiros cavan a súa foxa cos dentes
Henri Estienne
os lazos que vencellan o respeto duns cos outros son xeralmente vencellos de necesidade
Blaise Pascal
os lectores son personaxes imaxinarios creados pola fantasía dos escritores
Achille Campanile
os libros respéitanse usándoos
Umberto Eco
os libros teñen orgullo de seu: ó emprestalos, xa non volven máis
Theodor Fontane
os libros teñen os mesmos inimigos que os homes: o lume, a humidade, os animais, o tempo e mais o seu propio contido
Paul Valéry
os malentendidos son o xeito máis frecuente de comunicación entre a xente
Peter Benary
Os malos existen porque hai bos; elimina ós bos e os malos desaparecerán paseniñamente
Carl William Brown
os malos libros provocan malos hábitos e os malos hábitos provocan bos libros
René Descartes
os maridos son bos amantes, sobretodo cando traizoan as súas mulleres
Marilyn Monroe
os matrimonios novos non saben ben o que lle deben á televisión. Antes había que falar co cónxuxe
Isidoro Loi
os media son un xoguete nas mans dos ricos e os ricos úsanos para se enriquecer aínda máis
Ryszard Kapuściński
os médicos administran menciñas que coñecen poudo, a doentes que coñecen menos, para curar doenzas que non coñecen nada en absoluto
Voltaire
os médicos sonche coma os avogados; a única diferencia é que os avogados róubanche, e os médicos amáis de roubarche, mátante
Anton Chekhov
os mozos teñen aspiracións que nunca se levarán a cabo, os vellos lembranzas do que nunca sucedeu
Hector Hugh Munro
os naturais sanguinarios, no tocante aos animais, mostran unha propensión natural á crueldade
Michel de Montaigne
os nenos atopan todo na nada, os homes non topan nada en todo
Giacomo Leopardi
os norte-amercianos son portadores sans de democracia
Giorgio Gaber
os nosos amigos coñécennos na prosperidade, na adversidade coñecémolos nós a eles
John Churton Collins
os nosos burgueses non contentes con ter ás mulleres e ás fillas dos seus obreiros ó seu dispor, sen falar das prostitutas, goréntalles seducir as súas esposas mutuamente
Karl Marx
os outros non te deixarán vivir como queres, mais se foses forte de máis, polo menos non terás que vivir como eles queren
Andrew H. Vachss
os pacifistas son como as ovellas, que cren que os lobos son vexetarianos
Yves Montand
os partidos de hoxe son, sobre todo, máquinas de poder e de clientelismo
Enrico Berlinguer
os patos poñen ovos en silencio, as pitas cacarexan como tolas. O resultado? Toda a xente come ovos de pita
Henry Ford
os pensamentos retroceden, os obxectos avanzan
Nina Ivanoff
ós pequenos ladróns aforcámolos e ós grandes situámolos en cargos públicos
Aesop
os pícaros nunca se distinguiron moito or escoitar ós adutos, mais nunca deixarán de arremedalos
James Baldwin
os pobos indíxenas son a reserva moral da humanidade
Evo Morales
os pobre van á guerra para morrer polos caprichos, os excesos e os excesos de outros
Plutarch
os poetas inmaduros imitan; os poetas maduros rouban
Thomas Stearns Eliot
os poetas non teñen pudor a respecto das súas experiencias: explótanas
Friedrich Wilhelm Nietzsche
os poetas son homes que conservaron os seus ollos de neno
Alphonse Daudet
os políticos falan en nome dos seus partidos, e os partidos non se enganan, non se enganaron, e non se enganarán nunca
Walter Dwight
os políticos son certamente os camareiros dos banqueiros
Ezra Pound
os políticos son iguais en todas as partes. Prometen construír pontes mesmo onde non hai río
Nikita Khrushchev
os políticos son persoas que, cando ven a luz ó final do túnel, saen e mercan máis túnel
John Quinton
os que escriben como falan, aínda que falen moi ben, escriben moi mal
Georges-Louis Leclerc, Comte de Buffon
os que falan muito non dicen nada
Françoise Sagan
ós que non pensan, viríalles ven de cando en vez reorganizar os seus prexuízos
Luther Burbank
os que nos asoballan poden ser tan cribles coma os que nos educan?
Eric Schaub
os que soñan de día saben moitas cousas que ignoran os que só soñan de noite
Edgar Allan Poe
os que triunfan , sexa do xeito que sexa, non han sentir vergonza ningunha
Niccolò Machiavelli
os que vivides seguros nas vosas casas quentiñas, os que vos atopades, ó volverdes pola tarde, a comida quente e as faces amigas: considerade se é un home o que traballa na lama, o que non coñece a paz, o que loita pola metade dun panciño, o que morre por un si ou por un non.
Primo Levi
os rapaces de hoxe en día pensan que o diñeiro é todo e cando medren saberán que é así
Oscar Wilde
os satisfeitos, os felices, non aman; adormecen nos seus costumes
Miguel de Unamuno
os seres humanos pódense dividir en tres grupos: Os mortos de cansanzo, os mortos de aborrecemento e os mortos de preocupación
Winston Churchill
os seres humanos teñen só dous modos operativos: irresponsabilidade e pánico.
James R. Schlesinger
os seus fins eran absolutamente respetables, como se acostuma dicir: ou sexa, despoxar a unha señora da súa fortuna mediante o casamento
Henry Fielding
os simios antropomorfos e os babuínos non falan, porque de o faceren os homes obrigaríanos a traballar
Antoine Le Grand
os soños tórnase realidade; se non fose así, a natureza non nos incitaría a soñar
John Updike
os tasmanios, que nunca cometeran adulterio, xa están extintos
William Somerset Maugham
os tolos abren os camiños que despois han percorrer os sabidos
Carlo Dossi
os tradutores son coma os pintores retratistas, poden embelecer a copia mais esta ha de parecerse sempre ó orixinal
Elie Fréron
os tradutores son os cabalos de tiro da cultura
Aleksandr Pushkin
os únicos que están sempre de volta de todo son os que non foron nunca a ningures
Antonio Machado
os xornalistas non cren as mentiras dos políticas, mais o que é peor aínda, repítenas
Coluche
os xoves ilusiónanse co seu futuro, os vellos co seu pasado
Décoly
ou posuímos a capacidade de destruír con argumentos a opinión contraria ou debemos deixala expresarse. Non é posible destruír unha opinión coa forza, porque iso bloquea todo desenvolvemento libre da intelixencia
Ernesto Che Guevara
ouh! non uses grandes palabras, significan tan pouca cousa
Oscar Wilde