Logos Multilingual Portal

Select Language

a á b c d é e f g h i l m n o ó p q r s t u ú v x

cada historia é historia contemporánea
Benedetto Croce
cada nación rise das outras e todas levan razón
Arthur Schopenhauer
cada palabra arrastra a súa propria memoria
Eduardo Pérsico
cada pensamento é unha excepción a unha regra que é a de non pensar
Paul Valéry
cada un chama barbarie ao que é distinto dos seus costumes
Michel de Montaigne
cada un de nós sentímonos especialmente atraídos polo pasado, porque é o que coñecemos e aprezamos de verdade
Pier Paolo Pasolini
cada ún dos nosos momentos é único e diferente de calquera outro e nunca somos os mesmos en dous intres, en dous tempos distintos
Heraclitus
cada vez que algúen está de acordo comigo, teño sempre a sensación de estar enganado
Oscar Wilde
cada vez que vexo un adulto en bicicleta, penso que aínda hai esperanza para a raza humana
H.G. Wells
cadaquén é como Deus o fixo e ás veces aínda peor
Miguel de Cervantes
cadaquén escoita só aquilo que comprende
Johann Wolfgang von Goethe
cadaquén ten os defeitos das súas proprias cualidades
Adriano Olivetti
cal é a diferencia entre un cativo esperto e curioso de cinco anos e un rapaz alpabarda e estúpido de dezanove? Catorce anos do sistema educativo británico
Bertrand Russell
cal é o primeiro deber dunha persoa?, ser ela mesma
Henrik Ibsen
calquera americano disposto a ser candidato á presidencia, de xeito automático e por definición, había ser incapacitado para iso
Gore Vidal
calquera americano queestivese disposto a ser candidato á presidencia, de xeito automático e por definición, había ser incapacitado para iso
Gore Vidal
calquera cidade, mesmo as pequenas, están divididas en dúas; unha dos pobres e outra dos ricos; e están sempre en guerra
Plato
calquera emoción, se é sincera, é involuntaria
Mark Twain
calquera modificación das nosas leis quita diñeiro do peto dunha persoa para o meter no peto doutra
George Bernard Shaw
calquera parvo pode afrontar unha crise; o que acaba cun mesmo é o vivir día a día
Anton Chekhov
calquera pode simpatizar co sufrimento dos amigos mais compre ser dunha natureza extraordinaria para simpatizar cos seus exitos
Oscar Wilde
calquera que sexa a cousa que se quere dicir, hai só unha palabra para a expresar, só un verbo para a animar e só un adxectivo para a cualificar
Guy de Maupassant
camiñar é a mellor menciña para o home
Hippocrates
cando a infancia morre, os seus cadáveres pasan a chamarse adultos e entran na sociedade, un dos nomes máis elegantes do inferno. É por iso que temos medo dos cativos, anque os amemos, eles amósannos o noso estado de decadencia
Brian Aldiss
cando a lingua se corrompe, a xente perde a fe no que sente e iso conduce á violencia
Wystan Hugh Auden
cando a necesidade é grande, hai quen está disposto a crer calquera cousa
Arnold Lobel
cando a prensa é libree todos os homes capaces de ler, todo é seguro
Thomas Jefferson
cando a xente é libre para facer o que lles peta, normalmente, arremedan ós outros
Eric Hoffer
cando alguén che rouba a muller, non hai mellor vinganza que deixar que fique con ela
Sacha Guitry
cando alguén di saber o que é a felicidade, pódese intuír que a perdeu
Maurice Maeterlinck
cando alguén está ben consigo mesmo, viaxar é estar noutro lugar, xa non é estar lonxe
Isabelle Adjani
cando as cousas vaian na dirección errada, non vaias canda elas
Elvis Presley
cando basta unha persoa para realizar unha tarefa axiña, o resultado será peor ca se fora realizada por dúas persoas e dificilmente se levará a cabo se for confiada a tres persoas ou máis
George Washington
cando cativo, dicíanme que calquera podía chegar a presidente dos Estados Unidos. Estou empezando a acreditar que é posíbel
Clarence Darrow
cando chegaron os misioneiros, os africanos tiñan a terra e os misioneiros a Biblia. Aprendéronnos a rezar cos ollos pechados. Así que os abrimos eles tiñan a terra e nós a Biblia
Jomo Kenyatta
cando choutes de ledicia, fica atento que ninguén que quite o chan de embaixo dos pés
Stanislaw Jerzy Lec
cando daba comida aos pobres, chamábanme santo. Cando preguntaba por que os pobres non tiñan nada para comer, chamábanme comunista
Hélder Câmara
cando descanso os pés, a miña mente tamén deixa de funcionar
Johann Georg Hamann
cando Deus cala, podemos facerlle dicir o que se queira
Jean-Paul Sartre
cando dúas persoas se atopan baixo a influencia da máis violenta, demencial, enganosa e breve das paixóns, esíxeselles xurar que han manter ese estado eufórico, anormal e esgotador ata que a morte os separe
George Bernard Shaw
cando escoito a moitedume aplaudir un home, sinto compaixón por el. Para escoitar asubíos, abóndalle con vivir dabondo
H.L. Mencken
cando eu era novo podía lembralo todo, acontecera ou non
Mark Twain
cando hai dúas versións opostas dunha mesma historia, é prudente crer naquela nas que as persoas saen máis prexudicadas
H. Allen Smith
cando medre quero ser un cativo
Joseph Heller
cando miras profundo aos ollos dunha persoa, estás obrigado a ollarte a ti mesmo
Tahar Ben Jelloun
cando morre alguén que soña connosco morre unha parte de nós
Miguel de Unamuno
cando no mundo aparece un verdadeiro xenio, podes recoñecelo porque todos os parvos se alían contra del
Jonathan Swift
cando o cerebro desenvolve no van da nai, carece aínda de ideas
Maurice Blanchot
cando o doutor Johnson definiu o patriotismo como o derradeiro refuxio dun loubán, non coñecía as enormes posibilidades da palabra 'reforma'
Roscoe Conkling
cando odias unha persoa, estás a odiar algo del que é parte de ti
Hermann Hesse
cando os cartos dun goberno depende dos banqueiros, son estes últimos e non os líderes do goberno os que teñen o control. A man que da está por riba da man que recibe. O diñeiro non ten patria, os financeiros non teñen patriotismo nin decencia: o seu único obxectivo é a gañancia
Napoleon Bonaparte
cando os homes de nogocio están sempre de acordo un deles está de máis
William Wrigley Jr.
cando queres algo, todo o universo conspira para que realíce-lo teu desexo
Paulo Coelho
cando se di pensar, enténdese pensar na morte
Alberto Savinio
cando se ten confianza nun mesmo, transmítese confianza ós outros
Johann Wolfgang von Goethe
cando se tolera algo, tórnase en sosportable e, ó cabo dun tempo, xa é normal
Israel Zangwill
cando taledes a derradeira árbore, embelenedes o derradeiro río e apañedes o derradeiro peixe, daquela decatarédesvos de que o diñeiro non se pode comer
Cree Indian Prophecy
cando todos pensan igual, daquela ninguén pensa
Walter Lippmann
cando un científico prestixoso, mais vello, afirma que algo é posíbel, case con certeza levará razón. Cando afirma que algo é imposíbel, moi probablemente enganarase
Arthur C. Clarke
cando un home durmido e inerte na cama soña algo, que é o que existe? el coma conciencia que soña ou o soño?
Miguel de Unamuno
cando un home mata un tigre, chámanlle deporte; cando un tigre mata un home, chámanlle ferocidade
George Bernard Shaw
cando un pobo xa non ousa defender a súa lingua, ese pobo xa está listo para a escravitude
Remy de Gourmont
cando un se atopa do lado da maioría, é o intre de se deter e reflexionar
Mark Twain
cando unha muller se rende é porque venceu
Aldo Cammarota
cando vexo a Berlusconi e a esoutro baixiño, péganme ganas de demitir do xénero humano
Franco Battiato
canta verdade pode ousar un espírito, canta pode aturar? Todo resultado, todo paso adiante do coñecemento é unha consecuencia da coraxe, da dureza consigo mesmo, da limpeza consigo mesmo
Friedrich Wilhelm Nietzsche
cantas máis leis, máis ladróns
Lao Tse
canto máis corrupto é un estado, máis leis ten
Tacitus
canto máis desagradábel adoita a ser unha verdade, máis útil é dicila
André Gide
canto máis feble é o corpo, máis esixe; canto máis forte é, máis obedece
Jean-Jacques Rousseau
canto máis nos elevamos, máis insignificantes parecemos a aqueles que non consiguen voar
Friedrich Wilhelm Nietzsche
canto menos comas e bebas, cantos menos libros merques, canto menos vaias ó baile, ó teatro, á cantina, canto menos penses, ames, cantes, teorices, pintes, fagas esgrima etc, tanto máis has aforrar, e maior hase facer o teu tesouro que nin traza nin ferruxe devoran, o teu capital. Canto menos eres, canto menos exteriorizas a túa vida, máis tés, maior é a túa vida enaxenada e máis almacenas a túa esencia.
Karl Marx
canto menos saiba a xente como é que se fabrican as salchichas e as leis, mellor han durmir
Otto von Bismarck
canto menos temos, máis damos. Parece ridículo, mais esta é a lóxica do amor
Madre Teresa di Calcutta
casar cunha muller á que queres e que te quere é apostares con ela quen será o primeiro que deixará de amar ó outro
Alfred Capus
case todos os homes morren polos remedios, non polas enfermidades
Molière
cáseque tódolos médicos teñen as súas enfermidades favoritas
Henry Fielding
castidade: a menos natural das perversións sexuais
Aldous Huxley
certamente a xente non quere a guerra, pero é moi sinxelo; todo o que hai que facer é dicirlles que están a ser atacados e denunciar os pacifistas por falta de patriotismo e que poñen o país en perigo. Iso funciona igual en todos os países
Hermann Göring
chámanse accidentes os crimes que comenten os automóbiles
Eduardo Galeano
chámase burguesía ao grupo de xente que está descontenta do que ten mais está contenta co que é
Nicolás Gómez Dávila
chamo homes aos que son quen de domear a súa lingua
Don Lorenzo Milani
chegar segundo significa ser o primeiro perdedor
Gilles Villeneuve
chegará o día en que xulgará o matar un home dun xeito semellante ao matar un ser humano
Leonardo Da Vinci
cheguei á conclusión de que a política é un asunto demasiado serio como para deixalo na mans dos políticos
Charles De Gaulle
chórase máis polas pregarias respondidas que polas non respondidas
Santa Teresa de Jesús
ciencia é todo aquilo sobre o que cabe discutir
José Ortega y Gasset
cínico: miserento con vista defectuosa que lle fai ver as cousas como son e non como deberían ser
Ambrose Bierce
claro que é posíbel unha relación platónica, mais só entre marido e muller
Anonymous
Cociñar é un actor político. Cando deixamos que as corporacións cociñen por nós, perdemos o control. Precísase moita fe para crer que van comportarse con integridade e que a carne que ofrecen é realmente carne
Mike Pollan
coidades de verdade que o bo Deus é católico?
Georg Christoph Lichtenberg
coidado: o cadáver de Marx aínda respira
Nicanor Parra
coido que a cousa máis importante neste mundo non é onde estamos, senón en que dirección nos movemos... debemos navegar por veces co vento e outras veces contra el, mais debemos navegar, e non ficar á deriva nin baixar a áncora
Oliver Wendell Holmes
coido que as institucións bancarias son máis perigosas para as nosas liberdades cós levantamentos militares. Se os estadounidenses permiten un día que os bancos controlen a súa moeda, primeiro pola inflación e despois pola deflación, os bancos e as empresas que xurdirán arredor ó redor dos bancos privarán ó pobo de toda propiedade ata que os ses fillos esperten sen teito baixo o que acubillarse no continente que os seus pais conquistaron
Thomas Jefferson
coido que atopei o vencello perdido entre o home e os animais: nós
Konrad Lorenz
coido que Kissinger é o maior criminal de guerra, ceibo no planeta
Gore Vidal
coido que mentres haxa abundancia, a pobreza ha ser un mal inaceptable
Robert Francis Kennedy
Coido que podería ir viier cos animais, tan plácidos e contidos eles son. Eu fico a fiatar para eles, contemplo por un longo tempo. Non se estresan nin se queixan da súa condición; non acordan á noite para chorar os seus pecados; nin me amolan discutindo os seus deberes; ningún está insatisfeito, ningún tolea pola manía de ter cousas; ningún se aseonlla diante do seu semellante, nim diante dos que viviron hai milenios; en toda a terra, ningún deles é responsábel ou infeliz
Walt Whitman
Coido que, co tempo, mereceremos que non haxa gobernos
Jorge Luis Borges
coido sinceramente, coma vostedes, que as institución bancarias son máis perigosas que os exércitos permanentes
Thomas Jefferson
coido, realmente, que para traducir correctamente un texto cómpre entender ese texto e iso significa que un vive no mundo real e lida coas cousas tanxibles e non se limita a unha mera manipulación das palabras
Douglas Hofstadter
coma quen, que o mundo estaba divido en bos e malos. Os bos durmían mellor, mentres que os malos seica gozaban moito máis das horas de vixilia
Woody Allen
combater contra si mesmo é a máis dura das batallas; vencerse a si mesmo é a máis bela das vitorias
Friedrich von Logau
cometín o peor pecado que se pode cometer: non fun feliz
Jorge Luis Borges
como a humanidade non sabía para onde ía, xusto entón vai atopar o seu camiño
Oscar Wilde
como corpo cadaquén é individual, mais como alma non
Hermann Hesse
como é gobernado o mundo e como se inician as guerras? Os diplomáticos menten ós xornalistas e despois cren o que len
Karl Kraus
como el teatro es la vida, non importa a duración senón a calidade da representación
Lucius Annaeus Seneca
como has saber se Lyndon Johnson está a mentir? se move as orellas, iso non significa que estea a mentri. Se levanta as cellas, inso non significa que minta. Mais se move os beizos, está a mentir
Robert Francis Kennedy
como non me preocupei de nacer, tampouco non me preocupo de morrer
Federico García Lorca
como recoñeces unha obra de arte? Como se pode manter aparte, aínda que sexa
Roberto Bolaño
como remedio para a a vida en sociedade recomendaría a gran cidade. Hoxe en día é o único deserto ó noso alcance
Albert Camus
como un político nunca cre o que di, espántase cando os outros cren nel
Charles De Gaulle
cómpre desconfiar das innovacións superfluas, máis cando están guiadas pola lóxica
Winston Churchill
cómpre recuperar o sentido das palabras, que é definitamente a función primordial dun escritor, contribuír para limpar o dicionario
Eduardo Galeano
cómpre ser infiel mais nunca desleal
Gabriel García Márquez
cómpre ser optimista para ser demócrata, e humorista para seguir a selo
Will Rogers
cómpre ter moitos coñecementos para chegar a comprender a magnitude da nosa ignorancia
Thomas Sowell
compriría desconfiar de calquera empresa que requira un traxe novo
Henry David Thoreau
conseguir cen vitorias en cen batallas non é proba de excelencia. Someter ó inimigo sen loitar é proba de suprema habelencia
Sun Tzu
considero o mundo polo que el é, un palco onde cada un debe representar o seu papel
William Shakespeare
considero que toda ofensa que se lle faga a alguén por mor de pertencer a outra pobo, idioma ou relixión é unha barbaridade
Ludoviko Zamenhof
construímos unha existencia co que recibimos e construímos unha vida co que damos
Winston Churchill
contareilles algo que os israelíes temos en contra do Moisés: Fíxonos andar corenta anos polo deserto adiante para levarnos ó único punto de Oriente Medio que non tiña petroleo
Golda Meir
contra máis intelixente é un, menos se sospeita do absurdo
Joseph Conrad
convencéronse a si mesmos de que o home, o peor transgresor de todas as especies, é o rei da creación. Todas as demais criaturas foron creadas só para o fornecer de alimento e vestido, para seren torturadas e exterminadas
Isaac Bashevis Singer
cordo só é aquel que vive cada día como quen cada día e cada hora pode morrer
Francisco de Quevedo y Villegas
cos inimigos aplícase a lei; cos amigos interprétase
Giovanni Giolitti
cré todo o que che conten sobre o mundo, nada é tan horríbel como para ser imposíbel
Honoré de Balzac
crear bibliotecas é como construir celeiros públicos co obxectivo de gardar reservas para o inverno do espírito, do que, para o meu pesar, xa vexo numerosos indicios
Marguerite Yourcenar
cremos ser país e o certo é que somos pouco máis ca unha paisaxe
Nicanor Parra
creo firmemente que a revolución é a fonte do dereito
Fidel Castro
creo que matar a calquera ser vivo é como matarnos a nós mesmos e non vexo diferenza ningunha entre a dolor dun animal e a dun ser humano.
Margherita Hack
crer é crear
Miguel de Unamuno
crése que controlamos a palabras, mais son elas as que nos controlan a nós
Alain Rey
Cristo morreu polos nosos pecados. Ousaríamos facer o seu martirio innecesario ó deixar de cometelos?
Jules Feiffer
cultura non é ler moito, nin saber moito; é coñecer moito
Fernando Pessoa
custa tanto ser sincero cando se é intelixente! É como ser honesto cando se é ambicioso
Fernando Pessoa