Logos Multilingual Portal

Select Language

a á b c d é e f g h i l m n o ó p q r s t u ú v x

un actor é unha persoa que non nos ouve a menos que esteamos a falar del
Marlon Brando
un amigo é alguén con quen podes ficar en silencio
Camillo Sbarbaro
un amigo non é aquel que enxuga as túas bágoas, senón aquel que non te fai chorar
Anonymous
un arqueólogo é o mellor home que unha muller pode ter. Canto máis ela avellenta, máis lle interesa a el
Agatha Christie
un avogado incompetente pode retardar un xuízo durante anos ou meses; un competente pode retardalo aínda máis
Evelle Younger
un banco é un lugar onde che emprestan cartos só es quen de demostrar que non precisas deles
Bob Hope
un banco é un sitio onde che emprestan un paraugas para cando non choven e pídenche que o devolvas cando comeza a chover
Robert Frost
un bico legal nunca vale tanto coma un bico roubado
Guy de Maupassant
un bo diccionario é un espello onde un, se sabe buscar, atopa o que xa sospeitaba
Anónimo
un cativo nunha granxa ve pasar un avión e soña cun lugar afastado. Un viaxeiro no avión ve a granxa e soña coa súa casa
Carl Burns
un científico no seu laboratorio non é só un técnico, é un cativo perante fenómenos naturais que o abraian coma se dun conto de fadas se tratase.
Marie Curie
un cigarro é o exemplo perfecto de perfecto pracer. É exquisito e déixao a un insatisfeito. ¿Que máis se pode pedir?
Oscar Wilde
un cínico é aquel que cando ole flores mira ó redor buscando un cadaleito
H.L. Mencken
un cínico non é só aquel que tira amargas ensinanzas do pasado, é alguén que se sinte moi axiña decepcionado co futuro
Sydney J. Harris
un clásico é un libro que nunca deu dito todo o que tiña que dicir
Italo Calvino
un compromiso é a arte de dividir un bolo de forma que todos crean que teñen a tallada maior
Ludwig Erhard
un concerto para salvar o planeta... faime lembrar o titanic
Anónimo
un consenso significa que toda a xente concorda en dicir colectivamente aquelo que non cren individualmente
Abba Eban
un crítico é un home sen pernas que ensina a correr
Channing Pollock
un desmentido é unha nova que dada por dúas veces
Giulio Andreotti
un diccionario é o universo enteiro en orde alfabética
Anatole France
un diplomático e o home que se lembra sempre do aniversario de unha muller mais non da súa idade
Robert Frost
un dos praceres de ler vellas cartas é saber que non precisan resposta
Lord Byron
Un dos principais deberes do médico é educar as masas para que non tomen medicamentos
Osler William
un é máis auténtico canto máis se asemella á idea que soñou de si mesmo
Pedro Almodóvar
un editor é alguén que separa o gran da palla e publica a palla
Adlai Stevenson
un embaixador é un home honrado ó que envían a un país estranxeiro para mentir en nome do seu país
Sir Henry Wotton
un escritor non é produtivo polas ideas que produce senón polo que fai gañar ó editor que produce as súas obras
Karl Marx
un está só no corazón da terra, traspasado por un raio de sol, e de súpeto cae a noite
Salvatore Quasimodo
un experto é alguén que cometeu todos os erros posibeis nun eido moi reducido
Niels Bohr
un filósofo é un cego que está na busca dun gato negro nun cuarto escuro que non está aí, un teólogo é o que o atopa
H.L. Mencken
un goberno é a única embarcación que mete auga por riba
James Reston
un grande atranco para a felicidade é esperar unha felicidade demasiado grande
Bernard le Bovier de Fontenelle
un grupo de fans é un grupo de persoas que lle din a un actor que non está só naquelo que pensa de si mesmo
Kenneth Williams
un home culto é un leceroso que mata o tempo estudando
George Bernard Shaw
un home cunha idea nova é un tolo ata que a idea teña éxito
Mark Twain
un home é feliz cando non sabe que é feliz. Non hai outra razón. Ese é o segredo: quen o descubra será axiña feliz
Fedor Michailovich Dostoevski
un home é rico en función do número de cousas das que pode prescindir
Henry David Thoreau
un home elegante é aquel do que non te decatas como vai vestido
William Somerset Maugham
un home faise home só arremedando ós homes
Theodor W. Adorno
un home faise sabio só cando empeza a calcular a profundidade aproximada da súa ignorancia
Gian Carlo Menotti
un home honesto é sempre un neno
Socrates
un home non planta unha árbore para si, plántaa para a posteridade
Alexander Smith
un home non pode ser enganado máis ca por si mesmo
Ralph Waldo Emerson
un home nunca é tan sincero como cando recoñece que é un mentirán
Mark Twain
un home precisa facer o seu fornecemento de soños
José Saramago
un home que non estea disposto a morrer por algunha cousa non está preparado pra vivir
Martin Luther King
un home que non le bos libros non ten vantaxe algunha sobre outro que non sabe ler
Mark Twain
un home só está sempre en mala compaña
Paul Valéry
un home, calquera home, val máis ca unha banderira, calquera bandeira
Eduardo Chillida
un indicador tráxicos dos valores da nosa civilización é que non hai mellor negocio que o da guerra
Douglas Mattern
un inimigo forte é mellor ca un amigo frouxo
Edward Dahlberg
Un intelectual é alguén cuxo espírito que se autocontempla
Albert Camus
un intelectual é un paisano que fai encadernar todo o que nunca non leu
Leo Longanesi
un ladrón é alguén que deixa un partido para afiliarse noutro, un converso é alguén que deixa esoutro partido para se afiliar no seu
Georges Clemenceau
un libro ha ser un machado para o mal xeado que hai en nós
Franz Kafka
un libro que non atura dúas lecturas, non merece ningunha
José Luis Martín Descalzo
un libro serve para lle demostar a un home que as súas ideas tan orixinais non son novas en absoluto
Abraham Lincoln
un libro verdadeiro non é aquel que lemos, senón aquel que nos le
Wystan Hugh Auden
un mito é unha relixión na que xa ninguén cre
James K. Feibleman
un negocio que só produce cartos é un pobre negocio
Henry Ford
un noivo é un home feliz que está listo para deixar de selo
Enrique Jardiel Poncela
un non é o que é por aquilo que escrebe, mais por aquilo que leu
Jorge Luis Borges
un optimista é quen cré que unha muller rematou unha conversa telefónica só porque dixo 'deica logo'
Marcel Achard
un país sen cinema documental é coma unha familiia sen album de fotografías
Patricio Guzmán
un paranoico é alguén que che sabe un pouco do que está a acontecer
William S. Burroughs
un parvo instruído é máis parvo ca un parvo ignorante
Molière
un pintor é un home que pinta o que vende. Un artista, en troques, é un home que vende o que pinta
Pablo Picasso
un poeta entende mellor a natureza que un cientista
Novalis
un político é un fulano que ha dar a túa vida polo seu país
Texas Guinan
un político ha ser quen de explicar o que acontecerá mañá, o mes vindeiro e o ano vindeiro; despois ha explicar por que non deu acontecido
Winston Churchill
un pouco de imprecisión aforra unha morea de explicacións
Clarence Edwin Ayres
un prisioneiro de guerra é un home que primeiro tenta matarte e erra, e despois pídete que non o mates
Winston Churchill
un proverbio é unha frase breve baseada nunha experiencia longa
Miguel de Cervantes
un psiquitra é un nacho que che fai as mesmas preguntas que a túa muller che fai de balde pero a un prezo carísimo
Joey Adams
un reformador é alguén que navega por unha cloaca,dentro dunha barca con fondo de vidro
James J. Walker
un relatorio escrébese non para informar a quen o le, mais portexer a quen o escrebe
Dean Acheson
un reparo é unha cuestión de principios que xa esquecemos
Elwyn Jones
un reporteiro só debe ollar para un político dun único xeito: de arriba para abaixo
Frank Kent
un sinónimo é unha palabra que empregas cando non sabes como escribir a primeira que che veu ó maxín
Burt Bacharach
un sociólogo é aquel que vai ao estadio para ollar para os espectadores
Gesualdo Bufalino
un vocabulario pode conter só unha pequena parte do patrimonio dunha lingua
Giacomo Leopardi
un vólvese novo ós sesenta anos. Mágoa que sexa demasiado tarde
Pablo Picasso
unámonos e habemos ser invencibles
Simon Bolivar
unha banda internacional de especuladores da bolsa, sen alma nin corazón, creou un mundo de desiguladade, miseria e horror. É urxente pór fin ao seu reinado criminal
Jean Ziegler
unha boa crítica non é mais ca un aprazamento da execución
Dustin Hoffman
unha campaña política custa moito máis do que un home honesto pode pagar
Anonymous
unha cega e inflexíbel indisciplina constitúe, en calquera tempo, a verdadeira forza dos homes libres
Alfred Jarry
unha conferencia é unha xuntanza de persoas importantes que individualmente non poden facer nada, mais que xuntos poden decidir que non se pode facer nada
Fred Allen
unha cousa é a lembranza e outra é lembrar
Antonio Machado
unha das avantaxes de non ser feliz é que se pode desexar a felicidade
Miguel de Unamuno
unha das cousas máis difíciles nesta vida é ter no corazón palabras que non poden pronunciarse
James Earl Jones
unha das maiores ledicias da vida é a amizade, e unha das ledicias da amizade é ter alguén a quen confiar un segredo
Alessandro Manzoni
unha das vantaxes do pracer en relación á dor é que ó pracer pódeselle dicir 'basta'
Ugo Ojetti
unha das vantaxes do sexo en grupo é que, se un quere, pode botar unha soneca
Woody Allen
unha época pde considerarse rematada cando as súas ilusións fundamentais se esvaezan
Arthur Miller
unha galiña e só o medio empregado por un ovo para facer outro ovo
Samuel Butler
unha igrexa que non sofre persecución, senón que goza dos privilexios e o apoio da burguesía, non é a verdadeira igrexa de Xesucristo
Oscar Romero
unha lingua afiada é o único aparello de cortar que mellora co uso
Washington Irving
unha lingua completamente lóxica e carente de expresións propias sería unha lingua sen vida e demasiado mecánica
Ludoviko Zamenhof
unha lingua é un dialecto cun exército e unha armada
Joshua A. Fishman
unha lingua natural é o arquivo onde foron para-las experiencias, saberes e crenzas dunha comunidade
Fernando Lázaro Carreter
unha mensaxe electrónica non se pode esborrallar cunha mágoa
José Saramago
Unha mona americana despois de se emborrachar con brandi, nunca máis volvería a tocalo. Só por iso xa é moito máis sabio ca maioría dos homes
Charles Darwin
Unha muller fermosa non é aquela da que gabamos as súas pernas ou os seus brazos, senón aquela cuxa fasquía xeral e tan bela que non hai posibilidade ningunha de admirar as súas partes individuais
Lucius Annaeus Seneca
unha muller intelixente prefire ficar soa que con calquera
Marilyn Monroe
unha muller libre é xustamente o contrario dunha muller lixeira
Simone de Beauvoir
unha multinacional aseméllase máis a unha institución totalitaria do que calquera outra inventada polo home
Noam Chomsky
unha non nace muller, tórnase en muller
Simone de Beauvoir
unha parte excesiva do que se denomina "educación" non é máis ca un custoso illamento da realidade
Thomas Sowell
unha patria é un soporífero para cada intre. Non saberiamos envexar, ou condoer, abondo os xudeus por non teren unha ou por telas só provisionais, comezando polo mesmo Israel
Emil Cioran
unha persoa con ideais ten a mesma forza que noventa e nove con intereses
John Stuart Mill
Unha persoa non é cristiá porque vaia a misa, como tampouco se converte en coche por estar nun garaxe
Albert Schweitzer
unha secta ou un partido é un elegante anonimato creado para aforrar ó home o aborrecemento de pensar
Ralph Waldo Emerson
unha sombra pérdese por demasiada luz...ou por escuridade de máis
Moni Ovadia
unha titulación en arte é coma un diploma en origami. E máis ou menos coa mesma utilidade
James Graham Ballard
Únicamente os imbéciles non teñen dúbidas. ¿Estás seguro? Non teño dúbida!
Luciano De Crescenzo
usar libremente o enxeño, esa é a verdadeira liberdade
Aristotle
uso os partidos da mesma forma que uso os taxis: entro, pago a viaxe e saio.
Enrico Mattei