Logos Multilingual Portal

Select Language

a á b c d é e f g h i l m n o ó p q r s t u ú v x

igual que un día ben empregado produce un doce soño, unha vida ben empregada produce unha doce morte
Leonardo Da Vinci
incerto é o lugar onde a morte te espera, por iso agárdaa en calquera lugar
Lucius Annaeus Seneca
infelizmente, a xenerosidade pode ser tamén un negocio
Ugo Ojetti
infelizmente, hoxe, no escenario do mundo, os occidentais somos os únicos protagonistas e os únicos espectadores e, mediante as nosas televisións e os nosos diarios, só escoitamos as nosas razóns e non sentimos máis dor que a nosa
Tiziano Terzani
infiel: en Nova York, un que non cré no Cristianismo; en Constantinopla, aquel que si cré nel
Ambrose Bierce
inmortal é o que acepta o instante
Cesare Pavese
intelixencia militar son termos contradictorios
Groucho Marx
internet é tamén unha auténtica asasina da diversidade lingüística
Dieter Wunderlich
interpreta ben o teu papel; niso consiste a honra
Edgar Lee Masters
intérprete: Aquel que fai que dúas persoas de linguas diferentes se dean entendido repetindo a un e ó outro o que convén que se digan
Ambrose Bierce
investigación básica é o que fago cando non sei o que estou a facer
Wernher von Braun
Italia apodrece nunha situación de benestar que é egoísmo, estupidez, incultura, rexouba, moralismo, coacción e conformidade: Agora o fascismo contribúe dalgún xeito a esa podredume
Pier Paolo Pasolini