Logos Multilingual Portal

Select Language

a á b c d é e f g h i l m n o ó p q r s t u ú v x

baixo un goberno que mete no cárcere á calquera inxustamente, o verdadeiro lugar dun home xusto está tamén no cárcere
Henry David Thoreau
barómetro. Un enxeñoso aparello que indica o tempo que estamos a ter
Ambrose Bierce
basta con mellorar unha persoa para arruinala
Oscar Wilde
ben se pode perdoar a un home por ser fato unha hora, cando hai tantos que non deixan de o ser unha hora en toda a súa vida
Francisco de Quevedo y Villegas
ben sei eu que, polo feito de eu non ser letrado, certos lambidos coidan ter motivos para me criticar, afirmando que non son humanista. Xente alpabarda! Eles non saben que eu podería respostarlles como o fixo Mario ós patricios: Os que se gaban das obras dos outros e nelas se apoian, non queren recoñecer o mérito das miñas.
Leonardo Da Vinci
bo Nadal e próspero aninovo
Anonymous
boa parte daquelo que chamamos administración consiste en dificultar o traballo dos demais
Peter Drucker
botei quince anos para descubrir que non tiña talento para escribir, mais daquela xa non o puiden deixar porque xa era moi coñecido como escritor
Robert Benchley
Bradley Manning debería ser considerado coma un heroe. Está a facer o que calquera cidadán honrado e decente faría: Informar ao pobo do que o goberno, a xente que ten o poder, está a facer. Como é obvio, quéreno manter en secreto
Noam Chomsky
burocracia: unha dificultade para cada solución
Samuel Herbert
busca ó ridículo en todas as cousas e atoparalo
Jules Renard
Buscar significa ter un obxectivo, mais atopar significa ser libre, estar aberto, non ter obxectivo ningún
Hermann Hesse