Logos Multilingual Portal

Select Language

a á b c d é e f g h i l m n o ó p q r s t u ú v x

para algúns o silencio é inaturábel porque teñen demasiado barullo dentro deles mesmos
Robert Fripp
para atopar un amigo cómpre pechar un ollo, para conservalo os dous
Norman Douglas
para cada problema complexo hai sempre unha solución sinxela, que non é a correcta
H.L. Mencken
para cantos valerá aínda a pena vivir, cando xa non morramos?
Elias Canetti
para destruír unha cultura non fai falla queimar os libros, abonda con facer que a xente non os lea
Ray Bradbury
para explicar unha palabra cómpren outras palabras que, á súa vez, han ser explicadas con outras palabras e así ata o infinito. A comunicación é unha ilusión
Pino Caruso
para facer que o simple semelle complicado non se precisa talento, mais o facer que o complicado semelle simple, incribelmente simple, é creatividade
Charles Mingus
para moitas mulleres o camiño máis curto cara a perfección é a tenrura
François Mauriac
para moitos homes a vida é a busca do sobre de manila axeitado no que se arquivar
Clifton Fadiman
para o que sabe demasiado, é difícil non mentir
Ludwig Wittgenstein
para os máis dos homes, a experiencia é como as luces de popa dun barco, que só aluman o camiño que lles queda ás costas
Samuel Taylor Coleridge
Para os ricos a pobreza é unha anomalía. Eles non dan entendido por que os pobres que teñen fame non fan soar a campaíña para que lles traian a cea
Walter Bagehot
para que recuncar antigos erros, cando hai aínda tantos novos por cometer
Bertrand Russell
para que triunfe o mal, chega con que os bos non fagan nada
Edmund Burke
para ser lexicógrafo cómpre ter algo de idealista, porque a foto da lingua é imposible de facer
Manuel Seco
para ser tan listo para ganar tantos cartos hai que ser ben idiota para ambicionalo
Gilbert Keith Chesterton
para seres patriota odia a todas as nacións agás a túa, para seres relixioso a todas as seitas agás a túa, para seres honesto todas as falsas apariencias agás a túa
Lionel Strachey
para sermos nós mesmos, antes temos que ser alguén
Stanislaw Jerzy Lec
para sobrevivir moitos anos o único que hai que evitar e vivir
Anónimo
para tolerar a existencia mentimos, mais, sobre todo, mentímonos
Elena Ferrante
para un candidato é ben perigoso dicir cousas das que a xente se podería lembrar
Eugene Joseph McCarthy
para un home o segredo do éxito no traballo é ter unha gran muller á súa beira, e cambiala frecuentemente
Enzo Ferrari
para un indio, abonda co ouro que brilla do sol
Violeta Parra
paradigma da estupidez: O diñeiro transforma a fidelidade en infidelidade, o amor en odio, o odio en amor, a virtude en vicio, o vicio en virtude, o servo en amo, o amo en servo, a estupidez en intelixencia, a intelixencia en estupidez.
Karl Marx
parte da deshumanidade da computadora é que, despois de debidamente programado e funcionando sen problemas, é completamente honesto
Isaac Asimov
parvos, non saben ata que punto a metade vale más có todo
Hesiod
paseime a vida a confirmar a regra
Sacha Guitry
pedir a un empresario que non falsee a súa declaración é como pedirlle a un dentista que emita facturas reais
Anónimo
peliza: unha pel que cambia de animal
Anonymous
pensar é unha cousa terrible
Oskar Panizza
penso, xa que logo existo
René Descartes
perante un obstáculo, a distancia máis curta entre dous puntos pode ser unha curva
Bertolt Brecht
perdoa sempre ós teus inimigos, non hai cousa que máis os amole
Oscar Wilde
Pero sabes o que son os homes? Miserentas cousas que deberían morrer, máis miserentos cós vermes ou cas follas do ano pasado que morreron ignorándoo
Cesare Pavese
persoalmente estou disposto a que me aprendan cousas, mais non a que me dean leccións
Winston Churchill
pesimista é aquel que cando ten que escoller entre dous males, escolle os dous
Oscar Wilde
Picasso é pintor, eu tamén; Picasso é español, eu tamén; Picasso é comunista, eu tampouco
Salvador Dalí
pode dicirse que a dificuldade dunha lingua é inversamente proporcional á motivación que temos para aprendela
Reg Hindley
podemos dicir que hai dous tipos de mentes poéticas: unha apta para inventar as fábulas e outra disposta a crer nelas
Galileo Galilei
pódense facer cousas extraordinarias cando un non pretende atribuírse mérito ningún
Edward Moore 'Ted' Kennedy
poderán cortar as flores, pero non poderán deter na primavera
Pablo Neruda
poderiamos guindar pola fiestra metade dos fármacos modernos de non ser porque os paxaros poderían comelos
Martin Henry Fischer
poderíase dicir que a liberdade é algo vago. A súa ausencia non o é
Rodrigo Rey Rosa
podes dar sen amar, mais non podes amar sen dar
Amy Carmichael
podes enganar todo o mundo, e todo o tempo, se a publicidade está ben feita e o orzamento é o suficientemente alto
Joseph Levine
pódese admitir a forza bruta, mais a razón bruta é inaturable
Oscar Wilde
pódese definir a infelicidade como a diferenza entre as nosas capacidades e as nosas expectativas
Edward De Bono
pódese estar á esquerda de todo agás do bo senso
Enzo Biagi
pódese mentir coa boca, mais coa expresión que se adopta nese momento, estáse a dicer a verdade
Friedrich Wilhelm Nietzsche
poida que a morte sexa o mellor que ten a vida
Carlos Silva
política:conflito de intereses disfrazado de loita de principios
Ambrose Bierce
pór a esperanza nos beneficios deshonestos é o principio da ruína
Democritus
por cada lingua que se extingue, desaparece unha imaxe do home
Octavio Paz
por en orde unha biblioteca é un xeito silencioso de exercer a arte da crítica
Jorge Luis Borges
por ir á igrexa non te tornas nun cristián, da mesma maneira que por ires a un garaxe non te tornas nun coche
Laurence J. Peter
Por medio da educación decidimos se amamos os nosos fillos abondo como para non os expulsar do noso mundo e deixalos á súa sorte nin lles quitar das mans a oportunidade de principiar algo novo , algo que nós non damos imaxinado, mais preparalos con tempo abondo como para anovar un mundo común
Hannah Arendt
por moito que camiñes, aínda percorrendo todos os seus camiños, nunca poderás alcanzar as fronteiras da alma: tal é a profundidade do seu logos
Heraclitus
por que é que a natureza creou ó home? Para demostrar que é tan grande que se pode enganar? ou por pura ignorancia?
Jackson Holbrook
por que é que matamos ós que mataron a outras persoas? Para lle amosar ós demais que matar é un erro?
Norman Mailer
por que é que, en xeral, fuximos da soedade? porque son moi poucos os que se atopan en boa compaña consigo mesmos
Carlo Dossi
por que temer a morte? É a aventura máis bonita da vida
Charles Frohman
por veces alguén confesa un pecado para se atribuír un mérito
John von Neumann
por veces na vida hai que saber loitar, non só sen medo, tamén sen esperanza
Sandro Pertini
Por veces o silencio non é menos elocuente cas palabras
Plinius Minor
poucas cousas son tan inmutables como o apego dos grupos políticos ás ideas que os levaron ó poder
John Kenneth Galbraith
pouco importa con quen casemos, porque certamente, na mañá seguinte, descubriremos que é outra persoa
Samuel Rogers
poucos ven o que somos, mais moitos ven o que finximos
Niccolò Machiavelli
preciso que me precisen
Anónimo
prefiro incordiar coa verdade que compracer con adulacións
Lucius Annaeus Seneca
prefiro ser optimista e estar errado que ser pesimista e ter razón
Kurt Gödel
preguntáronme: está a favor da liberalización das drogas? Respondín: primeiro comecemos pola liberalización do pan. Está suxeito a un prohibicionismo feroz en medio mundo
José Saramago
pregúntate se es feliz e deixarás de o ser
John Stuart Mill
prender un misto adoita valer máis do que maldicir a escuridade
Eleanor Roosevelt
préstame falar. Ás veces falo comigo mesmo para me sentir falar. Por veces, son tan intelixente que non entendo o que me digo
Oscar Wilde
prever é difícil, sobre todo cando se trata do futuro
Chinese saying
primeiro sé libre; despois pide a liberdade
Fernando Pessoa
probablemente o único sitio no que un home pode sentirse verdadeiramente seguro sexa nunha prisión de máxima seguridade, agás no caso de ameaza de inminente liberación
Germaine Greer
procura non chamar intelixentes só a aqueles que pensan coma ti
Ugo Ojetti
procurando o ben dos outros, encontramos o noso
Plato
procurei a perfección e destruín o que estaba ben
Claude Monet
puxo a súa bandeira en alto para non ter que a ollar
Stanislaw Jerzy Lec