Logos Multilingual Portal

Select Language

a á b c d é e f g h i l m n o ó p q r s t u ú v x

na amistades, coma no amor, somos máis felices polas cousas que ignoramos que polas que sabemos
François de La Rochefoucauld
na confusión que temos un co outro, felices de estarmos xuntos, a falarmos sen dicirmos unha palabra
Walt Whitman
na loita entre ti e o mundo, haste pór do lado do mundo
Frank Zappa
na miña época non había best-sellers e non nos podiamos prostituir. Non había quen mercara a nosa prostitución
Jorge Luis Borges
na política, se queres que algo se diga, pídello a un home, se queres que algo se faga, pídello a unha muller
Margaret Thatcher
na vida todo consiste en dixerir ben. Así o artista atopa a inspiración, os mozos a necesidade de amar, os pensadores as ideas luminosas e todos a ledicia de estarmos no mundo
Guy de Maupassant
na vida, non hai nada que temer. Basta procurar entender
Marie Curie
nacemos príncipes, mais o proceso civilizador tórnanos en sapos
Eric Berne
nada é bonito desde todos os puntos de vista
Quintus Horatius Flaccus
nada é tan difícil de resistir coma un pouco de adulación
Arnold Lobel
nada é veleno e todo é veleno; a diferencia é a dose
Paracelsus
nada existe agás átomos e espazo baleiro; todo o demais son opinións
Democritus
nada importa moito e poucas cousas teñen algunha importancia
Arthur James Balfour
nada máis ás persoas cultas lles presta aprender; aos ignorantes préstalles ensinar
Edouard Le Berquier
nada máis os mortos teñen o dereito de perdoar mentres que os vivos non teñen dereito de esquecer
Chaim Herzog
nada me presta máis entre todas as cousas que non están no meu poder , que crear vencellos cos homes que aman sinceramente a verdade
Baruch De Spinoza
nada no mundo é máis difícil que a franqueza e nada é máis doado que a adulación
Fedor Michailovich Dostoevski
nada nos pertence, agás o tempo
Lucius Annaeus Seneca
nada precisa tanto de reforma coma os costumes dos outros
Mark Twain
nada se di que non fose dito antes
Terentius
nada se edifica sobre a pedra, todo sobre a area, pero nós temos que edificar como se a area fose pedra
Jorge Luis Borges
nada ten un aspecto máis feo para nós do que a razón, cando non está do noso lado
George Savile
namorarse évos cousa de camareiros
Gianni Agnelli
namorouse como sempre se namoran as mulleres intelixentes: como unha idiota
Angeles Mastretta
nas cousas grandes os homes móstranse como lles convén; nas pequenas amósanse tal e como son
Nicolas de Chamfort
nas crises rebenta unha epidemia que, en todas as épocas anteriores, podería parecer un absurdo: a epidemia da superprodución
Karl Marx
nas cuestións de importancia vital, o esencial é o estilo, non a sinceridade
Oscar Wilde
nas encrucilladas máis importantes da vida non che hai sinalizacións
Ernest Hemingway
nas miñas historias de amor o remorso adoitaba chegar despois; agora faino antes
Ennio Flaiano
neste mundo hai só dúas traxedias; unha é consiguir o que se quere, a outra é non o conseguir
Oscar Wilde
neste mundo non nos facemos ricos polo que gañamos, senón polo que deixamos
Henry Ward Beecher
nin a xuventude sabe o que pode, nin a vellez pode o que sabe
José Saramago
ninguén chega tan lonxe coma o que non se sabe onde vai
Johann Wolfgang von Goethe
ninguén consulta o diccionario antes de falar
Anónimo
ninguén é tan novo que non poida morrer hoxe mesmo
Francesco Petrarca
ninguén é tan vello como para non esperar vivir un día máis
Lucius Annaeus Seneca
ninguén fai máis mal que aqueles que andan por aí adiante a facer o ben
Mandell Creighton
ninguén ha ter máis do preciso para vivir. O resto, por dereito, pertence ó estado
Benjamin Franklin
ninguén me peitea mellor co vento
Alda Merini
ninguén non fala mal das virtudes secretas alleas
Bertrand Russell
ninguén non merece as túas bágoas, e quen as merece, non che fará chorar
Gabriel García Márquez
ninguén non pode vencer sen que o outro perda
Lucius Annaeus Seneca
ningúen pode facer que te sintas inferior sen o teu consentimento
Eleanor Roosevelt
ninguén pode mostrar por moito tempo unha cara a si mesmo e outra cara ao resto do mundo sen dar dubidado cal é a verdadeira cara
Nathaniel Hawthorne
ninguén se montará encima de nós se non dobramos as costas
Martin Luther King
ninguén ten dereito a ser feliz el só
Raoul Follereau
ningún día é longo demais para quen traballa
Lucius Annaeus Seneca
ningún filósofo mudou xamais os costumes da rúa en que vive
Voltaire
ningún goberno pode manterse sólido sen unha oposición formidable
Benjamin Disraeli
ningún home que domine perfectamente a súa lingua poderá dominar calquera outra
George Bernard Shaw
ningún médico pode prometer unha recuperación total mais é obvio que cada médico ha ser quen de prometer unha axeitada atención ó doente
Patch Adams
ningunha descrición non poética da realidade poderá nunca ser completa
John David Barrow
ningunha faloupa cae no sitio errado
Zen saying
no canto de abolir os ricos, deberiamos abolir os pobres
George Bernard Shaw
no canto de lle dar a un político as chaves da cidade, había ser mellor cambiar a pechadura
Doug Larson
no fondo, a foto en si non me interesa. O que eu quero é captar unha fracción de segundo da realidade
Henri Cartier-Bresson
no mundo do futuro haberá non sei cantos dialetos, pero só catro linguas: o español, o inglés, o árabe e o chinés
Camilo José Cela
no que se di respeito ao número de mortos, os fabricantes de armas son institucións de beneficiencia comparados cos fabricantes de cigarros
Silvio Garattini
No tocante a matrimonio ou celibato, sexa cal sexa a escolla que faga o home, sempre se ha arrepentir
Socrates
non fagas ós outros o que que quixeras para ti, os seus gostos poderían ser diferentes
George Bernard Shaw
non abandones as túas ilusións. Cando elas se vaian ti, se cadra, aínda vivas pero xa non existirás máis
Mark Twain
non adoito entremeterme nos meus asuntos privados
Karl Kraus
non berredes pedindo auxilio de noite. Pode que espertedes os vecíos
Stanislaw Jerzy Lec
non chores polo que puideches facer, senón polo que puideches e non quixeches facer
Mao Zedong
non confíes nunha idea que non xurdira mentres camiñabas
Friedrich Wilhelm Nietzsche
non confío moito nas estatísticas. Un home coa cabeza nun forno aceso e os pés nun conxelador ten, estatisticamente, unha temperatura corporal media
Charles Bukowski
Non creo nos milagres porque teño visto moitos
Oscar Wilde
non creo que un home valla tanto como para ter dúas mulleres nin que unha muller valla tan pouco como para ser a segunda
Marilyn Monroe
non crer en nada é tamén unha relixión
Cesare Pavese
non deas nunca explicacións. Os teus amigos non as precisan e os teus inimigos non as habían crer
Oscar Wilde
non desexar é o mesmo ca posuir
Lucius Annaeus Seneca
non desexes e sera-lo home máis rico do mundo
Miguel de Cervantes
non dubides nunca que un pequeno grupo de persoas conscientes e resoltas poda mudar o mundo
Margaret Mead
non é a consciencia a que determina a vida, senón a vida a que determina a consciencia
Karl Marx
non é a especie máis forte a que sobrevive, nin a máis intelixente, senón q que mellor se adapta ós cambios
Charles Darwin
non é a loita a que nos obriga a ser artistas, é a arte a que nos obriga a loitar
Albert Camus
non é a política a que fai estraños compañeiros de cama, mais o matrimonio
Groucho Marx
non é bo conseguir todo o que se quere
Heraclitus
non é certo que os días de chuvia sexan os peores; son os únicos nos que se pode camiñar coa cabeza ergueita aínda que esteas a chorar
Jim Morrison
non é feliz aquel a quen a fortuna non pode dar máis, senón aquel a quen non lle pode quitar nada
Francisco de Quevedo y Villegas
non é liberdade o que falta, faltan homes libres
Leo Longanesi
non é o coñecemento o que nos falta. O que falta é a coraxe para entender o que sabemos e tirar conclusións
Sven Lindqvist
non é o home, senón o mundo o que se tornou anormal
Antonin Artaud
non é o pobre quen ten pouco, senón quen desexa moito
Lucius Annaeus Seneca
non é raro atopar ladróns que fagan prédicas contra o roubo
Miguel de Unamuno
non é xusto que a droga só poida circular libremente polos cárceres
Anónimo
non entendiches algo de verdade até non seres capaz de llo explicar á túa avoa
Albert Einstein
non entendo todos eses melindres sobre o uso do gas. Estou totalmente a favor do uso do gas tóxico contra as tribos incivilizadas. O efecto tería que ser bo...e infundiría un grande terror
Winston Churchill
non era precisa unha revolución, sen dúbida ningunha, para aprender ó universo que a extrema desproporción das fortunas é a fonte de moitos males e moitos crimes, mais tamén estamos convencidos de que a igualdade de bens é unha quimeira
Robespierre
non esperes polo momento axeitado, créao
George Bernard Shaw
non esquezas que es absolutamente único. Como todos os demais
Margaret Mead
non estarías á miña busca se non me tiveses xa atopado
Blaise Pascal
non existe maldición máis grande ca unha idea espallada mediante a violencia
Ezra Pound
non existe nada bo ou ruín, é o pensamento o que o fai parecer así
William Shakespeare
non existe nada potencialmente máis porco que unha guerra escondida
Susan Sontag
non existe opinión tan absurda que un filósofo non a poida expresar
Marcus Tullius Cicero
non existen as ideas prematuras, existen momentos oportunos que hai que saber esperar
Jean Monnet
non existen feitos, só interpretacións
Friedrich Wilhelm Nietzsche
non existen relixións moderadas, a relixión sempre combateu a razón
Patrick Emin
non fai amigos quen antes non fixo inimigos
Alfred Tennyson
non fai falla pagar para que che fagan a árbore xenealóxica. Entra na política e os teus rivais hancha facer
Anonymous
non habitamos un país, habitamos unha lingua
Emil Cioran
non hai amor máis sincero que o amor pola comida
George Bernard Shaw
non hai amor perdido entre nós
Miguel de Cervantes
non hai amor sen sufrir ou facer sufrir
Henri François-Joseph de Régnier
non hai cousa ilegal se cen homes de negocio deciden facelo
Andrew Young
non hai cousa máis difícil, ben mirado, que coñecer un necio se é calado
Alonso de Ercilla y Zuñiga
non hai cousa permanente agás o cambio
Heraclitus
non hai deber tan desprezado como o deber de ser feliz
Robert Louis Stevenson
non hai dúas persoas que lean o mesmo libro
Edmund Wilson
non hai dúbida ningunha, o desenvolvemento sostible é un dos conceptos máis destrutivos
Nicholas Georgescu-Roegen
non hai felicidade sen liberdade, nin liberdade sen coraxe
Pericles
non hai fillos ilexítimos, nada máis pais ilexítimos
Leon R. Yankwich
non hai grandeza onde non hai simplicidade
Leo Tolstoy
non hai inicio nin fin, só a infinita paixón pola vida
Federico Fellini
non hai máis ca unha avaricia honrosa: a das palabras
Constancio Vigil
non hai mellor investimento para calquera comunidade que pór leite dentro dos nenos
Winston Churchill
non hai muller que poida aturar a un home enviciado no xogo, a non ser que gañe sempre
Thomas Dewar
non hai nada como a devoción dunha muller casada. É algo que ningún home casado coñece en absoluto
Oscar Wilde
non hai nada como voltar a un lugar que non cambiou e descobrir canto cambiamos nós
Nelson Mandela
non hai nada imposíbel para quen non ten que o facer
A.H. Weiler
non hai nada máis práctico ca unha boa teoría
Kurt Lewin
non hai nada máis prexudicial para un país que expertos facéndose pasar por intelixentes
Francis Bacon
non hai nada máis útil e nobre cós dicionarios para que xoguen os cativos dende os cinco anos. E tamén, cun pouco de sorte, os bos escritores ata os cen
Gabriel García Márquez
non hai nada mellor partillado no mundo que o sentido común: todos cren que teñen dabondo del
René Descartes
non hai nada no intelecto que non estivese primeiro nos sentidos
San Tommaso d'Aquino
non hai nada que empobreza tanto como a ganancia
Anónimo
non hai nin malas herbas, nin malos homes, só malos cultivadores
Victor Hugo
non hai normas. Todos os homes son excepcións a unha regra que non existe
Fernando Pessoa
non hai paixón onde o egoísmo reine con tanta forza como no amor; estamos sempre máis dispostos a sacrificar a tranquilidade da persoa amada que a perder a de noso
François de La Rochefoucauld
non hai segredos mellor gardados cós que todo o mundo imaxina
George Bernard Shaw
non leades coma os nenos para se entreteren, ou como os ambiciosos para se educaren; non, lede para vivir
Gustave Flaubert
non leas como fan os nenos para se entreter, ou como fan os eruditos para se instruír. Non, le para vivir
Gustave Flaubert
non lembramos días, lembramos intres
Cesare Pavese
non me daba entrado na cabeza que aprenderan ós seu rapaces a bombardear con napalm e non os deixaran escribir a palabra "foder" nos seus avións
Marlon Brando
non me sinto obrigado a crer que o mesmo Deus que nos dotou de sentidos, razón e intelecto pretenda que non os empreguemos
Galileo Galilei
non miramos nunca para o que xa está feito, miramos para o que queda por facer
Marie Curie
non nego que a medicina poida ser boa para algunhas persoas, mais é nefasta para o xénero humano
Jean-Jacques Rousseau
non nego que as mulleres sexan fatas: Deus omnipotente creounas á imaxe do home
George Eliot
non paga a pena vivir a vida se non sabes aprezar o que ela che ofrece
Emmanuel Wathelet
non perdas o tempo a procurar obstáculos: pode que non existan
Franz Kafka
non podes controlar o que che suceda, mais si podes controlar a túa actitude co que che suceda
Brian Tracy
non podes dicir que a civilización non avanza, dado que en cada guerra mátante dun xeito diferente
Will Rogers
non podo mudar o pasado, mais podo mudar as miñas lembranzas
Anónimo
non podo perder o meu tempo a facer diñeiro
Alexander Agassiz
non podo ter consideración ningunha cos tradutores, pois se a tivese, empezaría a escribir nunha lingua universal e plana, inodora e insípida
Günter Grass
non podo vivir con alguén que non poida vivir comigo
Nadine Gordimer
non poño o meu nome nos libros ata que remato de lelos, pois só entón podo consideralos meus
Carlo Dossi
non quero demostrar nada, só quero mostrar
Federico Fellini
non quero estar soa, quero que me deixen soa
Audrey Hepburn
non sabemos quen descobriu a auga mais estamos certos de que non foi un peixe
John Culkin
non se ama unha cidade porque teña sete ou setenta marabillas, senón pola resposta que dá ás túas necesidades
Italo Calvino
non se debe empregar a palabra estranxeira 'ideais'. Temos unha excelente palabra na nosa lingua: 'mentiras'
Henrik Ibsen
non se fai política coa moral, mais moito menos sen ela
André Malraux
Non se pode apertar a man co puño pechado
Indira Gandhi
non se pode cravar un coitelo de vinte centímetros nas costas de alguén para despois retiralo quince e dicir que se están a facer progresos
Malcolm X
non se pode ensinar nada a un ninguén, só axudalo a atopalo en si mesmo
Galileo Galilei
non se pode facer unha revolución para implantar a democracia. Cómpre que haxa democracia para poder facer a revolución
Gilbert Keith Chesterton
non se pode ser máis sensíbel ao pracer sen selo tamén á dor
Alan Watts
non se poden traducir completamente as palabras conque menos aínda os propios pensamentos
Friedrich Wilhelm Nietzsche
non se traduce o que está escrito, tradúcese o que o autor pretendeu dicir; por iso, os computadores non logran traducir ben
Anónimo
non se vende a terra por que camiña un pobo
Tashunka Witko
non sei nada da literatura de hoxe en día. Hai algún tempo que os meus contemporáneos son os gregos
Jorge Luis Borges
non sempre están de acordo palabra e corazón
Pietro Metastasio
Non serían homes se non fosen tristes. Nacen para morrer. Só contan coa morte, que os empuxa a esforzarse, a lembrar e a prever
Cesare Pavese
non serve correr, é necesario partir a tempo
Aesop
non sexas tan humilde...non es tan sobranceiro
Golda Meir
non son as virtudes, senón os vicios, os que nos din en todas as ocasións como é o home
Umberto Galimberti
non son comunista. Non mo podo permitir
Ennio Flaiano
non son novo abondo como para sabelo todo
Oscar Wilde
non son pesimista. Percebir o mal onde existe, na miña opinión, é unha forma de optimismo
Roberto Rossellini
Non son só un pacifista, son un pacifista militante. Estou disposto a loitar pola paz
Albert Einstein
non temos máis dereito a consumir felicidade sen producila que a consumir riqueza sen producila
George Bernard Shaw
non temos nada que temer, agás o propio medo
Franklin Delano Roosevelt
non teñen medo dun mundo de analfabetos sen máis memoria que a dos seus computadores?
Harold Bloom
non teño medo das palabras dos violentos, senón do silencio dos honestos
Martin Luther King
non teño tempo de ter présa
John Wesley
non ter vicios non engade nada á virtude
Antonio Machado
non todos están condenados a ser intelixentes
Carlo Emilio Gadda
non trates de vivir para sempre, non o conseguirás
George Bernard Shaw
non uses unha expresión estranxeira, un termo científico ou unha palabra da xiria se coñeces o equivalente na linguaxe cotiá
George Orwell
non vemos as cousas como son, vémolas como nós somos
Anaïs Nin
non vexo os erros que eu mesmo non puidera cometer
Johann Wolfgang von Goethe
non votes, só serve para lles dar azos
Anonymous
non vou sentar na mesa para te ver comer co meu prato baleiro e chamarme comensal; o sentar na mesa non te fai un comensal; e o estares nos Estados Unidos non te converte en norte-americano
Malcolm X
nos campos de concentración, viviamos minuto a minuto e tiñamos que pensar o menos posíbel, xa que pensar é desgastarse
Haïm-Vidal Sephiha
nos Estados Unidos constrúense cada anos máis cárceres ca escolas e centros educativos
Jesús Sepúlveda
nos homes non se teme o vicio porque os faga escravos; a virtude si porque os fai señores
Diego de Saavedra Fajardo
nos individuos, a loucura é unha rareza: mais nos grupos, nos partidos, nos pobos, nas épocas, é a regra
Friedrich Wilhelm Nietzsche
nos paraísos fiscais deberían vivir só os que desexan paga-los impostos, son todos tan pequeniños...
Anónimo
noventa e nove partes de entre cen en calquera 'creación' son imitación, en sons ou en pensamentos. Roubo, máis ou menos propositado
Friedrich Wilhelm Nietzsche
nun bico saberás todo o que calei
Pablo Neruda
nunca a alma humana se mostra tan forte e nobre como cando renuncia á vinganza e se atreve a perdoar unha ferida
E.H. Chapin
nunca andes polo camiño xa trazado, pois conduce só até onde os outros xa pasaron
Alexander Graham Bell
nunca espero dun soldado que pense
George Bernard Shaw
nunca estou tan ocupado como cando non teño nada que facer
Publius Cornelius Scipio Africanus
Nunca fun autor de nada porque sempre andei a pescar nos biosbardos
Nicanor Parra
nunca has ser feliz se segues na procura de saber que cousa é a felicidade. E nunca has vivir se buscas o sentido da vida
Albert Camus
Nunca houbo unha boa guerra ou unha paz ruín
Benjamin Franklin
nunca lle faltará unha razón a quen se queira suicidar
Cesare Pavese
nunca morrería polas miñas conviccións, se cadra podería estar enganado
Bertrand Russell
nunca pensei, ao escribir, achegarme ao pobo. Ben, de feito nunca pensei en achegarme ninguén
Jorge Luis Borges
nunca penses que a guerra, por moi xustificada ou necesaria que poda parecer, non é un crime
Ernest Hemingway
nunca permitín que a escola entorpecese a miña educación
Mark Twain
nunca sexa menos cós outros. Abáixaos ata o teu nivel
Quentin Crisp
nunca sintas remordimentos polo que pensaches da túa muller. Ela pensou cousas moito peores de ti
Jean Rostand
nunca tanto se mente coma antes das eleccións, durante a guerra e despois da caza
Otto von Bismarck
nunca xulgue un libro polo seu filme
J.W. Eagan
nunha época de tolemia, crerse inmunes á tolemia e unha forma de tolemia
Saul Bellow