Logos Multilingual Portal

Select Language

a á b c d é e f g h i l m n o ó p q r s t u ú v x

talvez os mellores de nós sexan os que saben que non valen máis que a nada que os rodea
Vincenzo Cerami
tamén che leo libros, moitos libros, mais apréndoche menos con eles que coa vida. O único libro que me aprendeu moito foi o dicionario. Oh! o dicionario adóroo. Mais tamén adoro as rúas, un dicionario aínda máis marabilloso
Ettore Petrolini
tamén no deporte temos que convivir coa mafia?
Carlo Cattaneo
tantas linguas falas, tantos homes vales
Carlo V
temos moito en común cos estadounidenses, excepto, claro está, a lingua
Oscar Wilde
Temos o mellor congreso que os cartos poden mercar
Will Rogers
temos que ser modestos e lembrar que os demais son inferiores a nós
Oscar Wilde
temos relixión de máis para odiarnos, mais non suficiente para amarnos
Jonathan Swift
ten a coraxe de pensar
Quintus Horatius Flaccus
ten os ollos ben abertos antes do matrimonio, e medio pechados despois
Benjamin Franklin
ten todas as virtudes que aborrezo e ningún dos vezos que admiro
Winston Churchill
tendo en conta como son os pais, non é raro que non sexa unha desgraza ser orfo; e considerando os fillos tampouco non o é non telos
Lord Chesterfield
téñenme abraiado sempre as curvas absurdas que fan os ríos para pasaren por baixo de todas as pontes
Beppe Grillo
téñense desenvolvido tratamentos para enfermidades descoñecidas
Ronald Reagan
teño gostos sinxelos. Satisfágome co mellor
Oscar Wilde
teño que os seguir, porque son o seu xefe
Alexandre Auguste Ledru-Rollin
teño unha gran memoria para esquecer
Robert Louis Stevenson
tenta non volverte un home de éxito senón un home de valor
Albert Einstein
tentando semellar o que non somos, damos non sendo o que somos
Ernst Jünger
ter moita présa para devolver un favor é un xeito de ingratitude
François de La Rochefoucauld
ter razón é unha razón máis para non ter éxito
Nicolás Gómez Dávila
ter todo para ser feliz, non é unha razón para selo
Normand Jacques
ter un amigo non é unha cousa da que todo o mundo se poida gabar
Antoine de Saint-Exupéry
tiña a consciencia limpa: de facto non a usaba nunca
Stanislaw Jerzy Lec
tirarlle un oso ó can non che é caridade, caridade é compartir o oso co can cando se ten tanta fame coma el
Jack London
tn tódolos países e en tódolos tempos, o clero foi hostil á liberdade
Thomas Jefferson
tocáronlle, como a todos os homes, tempos ruíns para viver
Jorge Luis Borges
toda a gloria do mundo colle nun gran de millo
José Martí
toda a traxectoria da industria moderna demostra que de non se controlar o capital, este actúa de xeito descontrolado e cruel para afundir a toda a caste traballadora nun estado de degradació máximo
Karl Marx
toda a xente sabe falar dunha forma escura, mais poucos o fan con claridade
Galileo Galilei
toda atracción é recíproca
Johann Wolfgang von Goethe
toda convicción é un cárcere
Friedrich Wilhelm Nietzsche
toda palabra dita ou escrita é linguaxe morta
Robert Louis Stevenson
toda revolución esváese, deixando atrás só o lodo dunha nova burocracia
Franz Kafka
tódalas ideas están xa no cerebro, como tódalas estatuas no mármore
Carlo Dossi
todas as anomalías sedúcennos, en primeiro lugar a vida, anomalía por excelencia
Emil Cioran
todas as cartasde amor son ridículas. Non serían tal se non fosen ridículas.
Fernando Pessoa
todas as familias felices parécense unhas ás outras, mais cada familia infeliz éo á súa maneira
Leo Tolstoy
todas as palabras foron, xacando, un neoloxismo
Jorge Luis Borges
todas as palabras son falsas, mais que é o que hai sen palabras?
Elias Canetti
todas as persoas encantadoras teñen algo que agachar e iso adoita ser a súa total dependencia da apreciación dos outros
Cyril Connolly
todas as revolucións modernas remataron cun reforzamento do estado
Albert Camus
todo acto de bondade é unha demostración de poder
Miguel de Unamuno
todo é perigoso, mais se non fose así, non pagaba a pena vivir
Oscar Wilde
todo é ridículo cando se pensa na morte
Thomas Bernhard
todo home ten unha tarefa na vida, mais non é a que el escollería
Hermann Hesse
todo home verdadeiro debe sentir na propia meixela a losqueada dada a outro home
José Martí
todo leitor, da que le, lése a si mesmo. A obra do escritor é só unha especie de instrumento óptico que se ofrece ao leitor para lle permitir discernir o que, sen libro, talvez non tería visto nunca
Marcel Proust
todo na vida é soportábel, agás moitos días de felicidade ininterrompida
Johann Wolfgang von Goethe
todo necio confunde valor e prezo
Antonio Machado
todo o carácter relixioso do mundo moderno débese á falla dun manicomio en Xerusalen
Henry Havelock Ellis
todo o inventado é verdadeiro
Gustave Flaubert
todo o mundo é un escenario onde todos os homes e mulleres son actores: teñen as súas entradas e as súas saídas
William Shakespeare
todo o mundo sabe que algo é imposíbel ata que aparece alguén que non o sabe e invéntao
Albert Einstein
Todo o que cómpre é ignorancia e confianza nun mesmo, e o éxito está asegurado
Mark Twain
todo o que é e todo o que somos, en definitiva, é palabra
Víctor García de la Concha
todo o que ela precisa é berrárllela verdade á cara a todos. Ninguén ha crer nela e todos han pensar que está tola
Luigi Pirandello
todo o que en verdade conta na vida faise gratis
Claudio Magris
todo o que eu sei...só o sei porque amo
Leo Tolstoy
todo o que hoxe consideramos inmoral, noutro lugar e noutra época era considerado moral. Quen nos garante que non voltará a mudar de nome?
Friedrich Wilhelm Nietzsche
todo o que les nos periódicos é completamente verdade, excepto aqueles casos en que tes un coñecemento directo dos feitos
Erwin Knoll
todo o que non foi dito está dito para sempre
Julio Cortázar
todo o que unha persoa dá imaxinado, outros poden tornalo realidade
Jules Verne
todo vale nada e o resto vale menos
León de Greiff
tódolos principios morais universais son ociosas fantasías
Donatien Alphonse François de Sade
todos aqueles que lograron grandes cousas foron tamén grandes soñadores
Orison Swett Marden
todos confunden os límites do propio campo visual cos confíns do mundo
Arthur Schopenhauer
todos estamos resigndos á morte, é á vida ó que non nos resignamos
Graham Greene
todos nós temos unha orixe común, somos todos fillos da evolución do universo, da evolución das estrelas, e somos, por iso, realmente todos irmáns
Margherita Hack
todos nós tendemos a xulgarnos polos nosos ideais, e ós outros polas súas accións
Harold Nicolson
todos os animais, agás algúns homes, teñen alma
Anónimo
todos os cerebros do mundo son impotentes perante calquera estupidez que se poña de moda
Jean de La Fontaine
todos os deuses eran inmortais
Stanislaw Jerzy Lec
todos os homes interpretan un papel, agá, quizais, algúns actores
Eugène Ionesco
todos os homes teñen unha muller no pensamento; os casados, ademais, teñen outra na casa
Noel Clarasó Serrat
todos se preocupan dos rinocerontes, mais os piollos patos tamén se están a extinguir
Anónimo
todos somos afeccionados, a vida xa é curta de máis para sermos algo máis
Charlie Chaplin
todos somos iguais perante a lei, mais non perante aqueles encargados de aplicala
Stanislaw Jerzy Lec
todos sorrín na mesma lingua
Anonymous
todos temos a forza necesaria para soportarmos os males alleos
François de La Rochefoucauld
todos temos que obedecer as leis, mais para entendelas compre ser avogado
Fabio Fumi
tolería é facer a mesma cousa unha vez atrás doutra e esperar resultados diferentes.
Albert Einstein
tolo é aquel que perdeu todo agás a razón
Gilbert Keith Chesterton
toma partido. A neutralidade axuda ó opresor, nunca á vitima. O silencio encoraxa ó torturador, nunca ó torturado
Elie Wiesel
traballamos para poder ter tempo libre
Aristotle
traballar é menos aborrecido que divertirse
Charles Baudelaire
traducir é a maneira máis profunda de ler
Gabriel García Márquez
traducir literatura é como ter sexo: vale máis falar menos e facelo mellor
Andrea Casalegno
tragar as nulas palabras nunca me causou indixestión
Winston Churchill
tratade a xente como se fosen o que deben sen ser, e así lles axudaredes a ser o que poden realmente ser
Johann Wolfgang von Goethe
tres cousas hai que sempre esquezo: nomes, faces e non lembro a terceira
Italo Svevo