sabemos que un home pode ler a Goethe ou Rilke á noite, tocar a Bach ou Schubert, e despois ir traballar pola mañá a Auschwitz
|
Saber vivir é eliminar todo aquilo que non é imprescindible
|
sabio é o que se contenta co espectáculo do mundo
|
se a cultura se tornou unha mercadoría non é extraño que os homes teñamos chegado ó mesmo fin
|
se a liberdade significa algo, é o dereito de dicir ás persoas o que elas non queren ouvir
|
sé a mudanza que queres ser no mundo
|
se a soidade che pon medo, non cases
|
se a xente entendese mellor o perigo de certas palabras, os dicionarios, dentro das librarías, terían unha fita vermella arredor coa lenda: 'explosivo... manexar con coidado'
|
se a xente nova planta cara á omnipresente e misteriosa mafia, esta esvaecerase coma un pesadelo
|
se alguén quixera enriquecerse coa escrita, ha de escribir o tipo de cousas que len as persoas que moven os beizos cando len
|
Se alguén tivera que se referir a unha das partes como estado terrorista, tería que llo chamar ao goberno de Israel, xa que eles son os que masacran a árabes indefensos e inocentes nos territorios ocupados
|
se altruista, respecta o egoísmo dos demais
|
se as leis de Nuremberg fosen aplicadas, todos os presidentes norteamericanos da post-guerra serían aforcados
|
se axudas a alguén a saír dun enguedello, podes estar seguro de que se lembrará... na próxima ocasión que estea nun enguedello
|
se bo é vivir, aínda mellor é soñar, e o mellor de todo é espertar
|
se cadra hoxe en día o obxectivo non sexa descubrir quen somos, senon rexeitar aquelo que somos
|
se che molesta que che mintan, non preguntes
|
se comezas con certezas, rematarás con dúbidas, mais se te contentas con comezar con dúbidas, has rematar con certezas
|
se dades a impresión de necesitardes algunha cousa, non vos darán nada; para gañar cartos, hai que dar a sensación de ser rico
|
se Deus non fixese á muller, tampouco non faría a flor
|
se dis a verdade, logo non has lembrar máis nada
|
se dixera o que realmente penso prenderíanme ou internaríanme nun manicomio.Vamos, estou certo de que acontecería o mesmo con todo o mundo
|
se dúas persoas se aman, non pode existir un final feliz
|
Se es tan intelixente, ¿como pode ser que te volveses tan rico?
|
se es un fatalista, ¿que lle vas facer?
|
se escribín esta carta tan longa, é porque non tiven tempo de a escribir máis curta
|
se estás certo de entender todo o que acontece , estás irremediablemente enganado
|
se falas a un home nunha lingua que entenda, haslle cheagar á cabeza, se lle falas na súa lingua, haslle chegar ao corazón
|
se fas o que che gusta, nunca será un traballo
|
se fora cometido en nome de Deus ou da Patria, non hai crime tan tremendo que as persoas non o perdoen
|
se fose emperador comezaría por facer un diccionario, para dar ás palabras cadanseu significado
|
se fosemos capaces de nos unir...que fermoso e próximo sería o futuro
|
se fuches feliz, non conta como erro
|
se houbese que estudar todas as leis, non habería tempo de as infrinxir
|
se lle queres dicir a xente a verdade, se pavero ou hante matar
|
se máis sabio cós outros se puideres, mais non llo digas
|
se me vén a inspiración, atoparame pintando
|
se me veñen buscar á mañá, buscarante a ti pola noite
|
se non es parte da solución, es parte do precipitado
|
se non esperas o inesperado non o has descubrir, de tan evasivo e improbábel como é
|
se non estás disposto a te equivocar, nunca has facer nada orixinal
|
se non estiveramos en conflito coa razón, nunca chegariamos a ningures
|
se non estiveses atento, os xornais farían que odiases as persoas oprimidas e amases os opresores
|
Se non hai que pagar un prezo, entón tampouco non ten valor
|
se non houbese prisións, saberiamos que estamos todos encadeados
|
se non queres ver a un alpabarda rompe primeiro o espello
|
se o amo non pode pasar sen o escravo, cal dos dous é un home libre?
|
se o explicas cun exemplo, non hei entender nada
|
se o médico me dixera que eu tiña só seis minutos de vida, non me había importar. Había escribir máis axiña
|
se o voto puidese cambiar algo, xa o prohibirían
|
se os corruptos se unen e constitúen un poder, a xente honesta debe facer o mesmo
|
se os esposos non vivisen xuntos, os bons matrimonios serían máis frecuentes
|
se os israelitas non queren ser acusados de seren coma os nazis deben, simplemente, deixar de se comportaren coma nazis
|
Se os pobos se coñecesen mellor, habían aprender a odiarse
|
se os republicanos deixaran de mentir acerca dos demócratas, nos deixariamos de dicir a verdade sobre deles
|
se os teus principios che causan tristura, seguramente é que están errados
|
se poidese escreber a beleza dos teus ollos
|
se polo camiño queres levar amizade, dozura e poesía, leva todo iso contigo
|
se posúes algún talento úsao de todos os xeitos posibles.Non o gardes para ti. Non o escatimes coma un avaro. Gástao á vaiche boa, coma un millonario que quixera arruínarse
|
se queremos que as cousas muden, habemos ocupar os bancos e facer estoupar a televisión. Non existe outra solución revolucionaria posíbel
|
se queres aprender, ensina
|
se queres facer feliz un home, non lle deas bens senón quítalle desexos
|
se queres facer rir a Deus, cóntalle os teus planos
|
se queres saber o que realmente quere dicir unha muller, mira para ela, non a escoites
|
se queres saborear a túa virtude, peca de cando en vez
|
se queres unha visión do futuro, imaxina unha bota a pisar unha face humana, para sempre
|
se se poden doar órganos para salvar a vida dun paciente, seica non se poden doar proteínas para salvar a vida de quen morre de fame?
|
se se recoñece publicamente que os cigarros son nocivos, ¿por que se permite a súa venda?
|
Se tes algo, pódencho quitar, Mais se o dás, xa o entregaches. Ningún ladrón cho ha poder quitar. Ha ser teu para sempre
|
se ti tes dez mil normas destrúes todo o respecto pola lei
|
se todo na terra fora racional, nada acontecería
|
se un banqueiro salta pola fiestra, salte atrás del. É alí onde está o diñeiro
|
se un de nós, un ser humano calquera, arestora está a sufrir intensamente, está doente ou ten fame, é algo que nos atinxe a todos. Débenos importar a todos, porque ignorar o sufrimento dunha persoa é sempre un acto de violencia, e dos máis covardes
|
se un home non está disposto a se bater polas súas ideas, ou as ideas non valen nada, ou el non vale nada
|
se unha muller está mal vestida, repararemos na súa roupa; se está ben vestida repararemos na muller
|
se unha nación coida que pode ser ignorante e libre, cré nalgo que nunca aconteceu nin acontecerá
|
se vives tempo de máis, verás como cada vitoria se torna nunha desfeita
|
seguide os mellores exemplos. Os daqueles que o deixan todo para construír un futuro mellor
|
seguimos adiante cegos polas relixións puerís e insás inventadas polos nosos antergos contra o terror do inmenso descoñecido
|
seguramente estou tolo, mais, se non o estou, os outros tampouco deberían estar ceibes
|
sei que a poesía é indispensable, mais non sei para que
|
sempre estou de acordo coa xente culta, se fala antes ca min
|
sempre hai un modo correcto e un modo equivocado. O modo equivocado sempre parece máis razoable
|
sempre hai un pouco de tolemia no amor, mas hai sempre un pouco de razón na tolemia
|
sempre podemos parar na subida, nunca na baixada
|
sempre que ensines, ensina a dubidar daquilo que ensinas
|
sempre que se cuestiona unha determinada liberdade, é a propia liberdade a que se cuestiona
|
sen coñecer a miseria é imposíbel valorar o luxo
|
sen dúbida o universo é infinito
|
sen memoria o home non sabería nada e non daría feito nada
|
sen Sadam o mundo mellorou. Como será sen Bush?
|
sen tempo e sen cartos, a fantasía non é máis ca un soño pasaxeiro que non se dá transformado en acción
|
sendo a vida o que é, sóñase coa vinganza
|
ser de esquerdas significa pagar impostos
|
ser muller é terriblemente difícil, pois consiste sobre todo en relacionarse cos homes
|
ser novo e non ser revolucionario é unha contradición mesmo biolóxica
|
ser político é como ser adestrador de fútbol. Has ser listo de máis para entender o xogo e fato de máis para crer que é importante
|
sete grandes pecados capitais: A política sen principios, a riqueza sen traballo, pracer son conciencia, coñecemento sen caracter, comercio sen moralidade, ciencia sen humanidade e culto sen sacrificio
|
sexa franco e explícito co seu avogado...xa se ha encargar el de confundilo todo
|
si á economía de mercado, non á sociedade de mercado
|
si ó comercio da cultura, non á cultura do comercio
|
sigo a crer que no fondo a xente ten bo corazón. Simplemente, non podo basea-las miñas esperanzas na confusión, a miseria e a morte
|
silencio, merda! todos os que queiran rescuitar, ergan a man; todos os que queiran rexuvencer, dean un paso adiante
|
só a vixilancia da opinión pública garante o futuro dunha sociedade
|
só aquel que non espera nada é libre de todo
|
só aqueles que se atreven a fallar clamorosamente poden obter grandes éxitos
|
só aquilo que non se paga custa
|
só aquilo que perdín me pertence para sempre
|
só confío nas estastísticas que eu manipulei
|
só cremos naquelo que vemos. Por iso dende a chegada da televisión, cremos en todo
|
só descubrimos o sabor dos nosos días cando esquivamos a obriga de ter un destino
|
só escoitamos as preguntas para as que temos unha resposta
|
só hai dous xeitos de dicir a verdade: de xeito anónimo ou de xeito póstumo
|
só hai un ben: a sabedoria, e un mal: a ignorancia
|
só hai un xeito de reducir o consumo de drogas: legalizalas
|
só hai un xeito de ter éxito: vivir a vida á túa maneira
|
só hai unha cousa no mundo que non engana: as aparencias
|
só inventamos co recordo
|
só lle faltaba un defecto para ser perfecta
|
só non ten virtude quen non a quere ter
|
só nos extremos da escala social se recoñecen os reis
|
só nos momentos de crise a imaxinación é máis importante co coñecemento
|
só o silencio é grande, o resto é debilidade
|
só os erros precisan do apoio do goberno. A verdade terma de si mesma
|
só os grandes homes teñen grandes defectos
|
só os mortos ven a fin da guerra
|
só os ollos que te miran con tenrura son fermosos
|
só os valentes saben perdoar, mais non os covardes, non é parte da súa natureza
|
só os vencedores deciden o que foron crimes de guerra
|
só podemos dar unha información imparcial sobre as cousas que non nos interesan. Esta é sen dúbida a razón pola que as opinións imparciais non teñen valor ningún
|
só se camiñas cara ó solpor, poderás atopar a aurora
|
só se está escuro abondo se poden ver as estrelas
|
só se respectan os dereitos humanos das persoas xurídicas
|
só se sabe adoptar a estratexia amorosa cando non se está namorado
|
só se ve ben co corazón, o esencial é invisible ós ollos
|
só se vive unha vez, mais se o fas ben, chega
|
só son verdadeiramente libre cando todos os seres humanos que me rodean, homes e mulleres, son tamén libres
|
só temos a felicidade que demos
|
só ten conviccións quen non aprofundou nada
|
só un parvo había preferir a guerra no canto da paz; na paz os fillos enterran ós seu pais, na guerra son os pais os que enterran ós fillos
|
sobre toda propiedade privada grava sempre unha hipoteca social
|
sofrer sen queixármonos é a única lección que temos de aprender nesta vida
|
somos a nosa memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, esa morea de espellos rotos
|
somos doadamente enganados por aquilo que amamos
|
somos o que comemos
|
somos o que facemos para mudar o que somos
|
somos o que facemos repetidamente
|
somos o que finximos ser, por iso debemos ter coidado co que finximos ser
|
somos todos moi ignorantes, mais non todos ignoramos o mesmo
|
somos tres veces máis ricos que os nosos avós; mais seremos tamén tres veces máis felices?
|
son a favor da legalización de tóda las drogas. Por unha soa razón: non me gusta a mafia
|
son ateo, grazas a Deus
|
son comunista, gracias a Deus
|
son máis os que morren fuxendo que os que morren combatendo
|
son moitas as cousas que se habían tirar de non ser polo medo a que alguén as puidera apañar
|
son optimista sobre o futuro do pesimismo
|
son só alguén que se limita a levantar unha pedra e a pór á vista do que está por baixo. Non é culpa miña se de cando en vez me saen monstruos
|
son un home cos mesmós límites ca miña xeración. Porén, nunca dixen aquelo que non quería dicir, aínda que non dixen sempre o que quería dicir
|
son unha parte de todo o que achei no meu camiño
|
soña e serás libre de espírito, loita e serás libre na vida
|
sorprenderse, estrañarse é comezar a entender
|
sorrí porque os dentes non foron feitos só para morder e mastigar
|
suntos concluímos que, para a mairía das persoas, o dereito á educación é cerceado pola obriga de ir á escola
|