a aguda capacidade de observación adoita ser denominada cinismo por aqueles que non a teñen
|
a alma libre é rara, mais podes recoñecela cando a ves, basicamente porque te sentes ben, moi ben, cando estás preto dela ou con ela
|
a amabilidade é a lingua que o xordo ouve e o cego ve
|
a amabilidade é aos humanos o que a calor é a cera
|
a amistade é un comercio desinteresado entre iguais, o amor unha relación abiecta entre entre tiranos e escravos
|
a amizade é a infancia do amor
|
a amizade é un animal de compañía, non de rabaño
|
a amizade faise de lealdade, non de fidelidade pasiva
|
a anarquía non significa ausencia de regras senón ausencia de gobernantes
|
a aprobación dos outros é un estimulante do que ás veces convén desconfiar
|
a arqueoloxía descobre o descoñecido; a diplomacia encobre o coñecido
|
a arte de vencer apréndese nas derrotas
|
a arte do ben vivir e o ben morrer sonche a mesma cousa
|
a arte é a maxia liberada da mentira de ser verdade
|
a arte é a mentira que nos permite comprender a verdade
|
a arte é un investimento de capitais; a cultura, unha coartada
|
a arte é unha chamada á que responden moitos que non foron chamados
|
a arte non é un espello para reflectir o mundo, senón un martelo para bater nel
|
a arte sacude da alma o po acumulado na vida cotiá
|
A astronomía aprendeunos que non somos o centro do universo. Somos só un planeta diminuto que xira arredor dunha estrela do máis corrente. Nós mesmos, seres intelixentes, somos o resultado da evolución estelar, estamos feitos da materia das estrelas
|
a audacia aumenta a coraxe, a dúbida o medo
|
a auga fala seguido e non se repite nunca
|
a aventura non é máis ca unha mala planificación
|
a beleza está nos ollos de quen mira
|
a beleza sérvelles ás mulleres para seren amadas; a estupidez para amar os homes
|
a Biblia apréndenos a amar os nosos inimigos tanto como os nosos amigos, seguramente porque vos son a mesma xente
|
a bigamia é ter un marido de máis, a monogamia é o mesmo
|
a brevidade é a alma da sabedoría
|
a burocracia é un mecanismo xigante gobernado por xente pequena
|
a busca da perfección adoita dificultar a mellora
|
a calidade dun libro depende do lector
|
a cámara non mente. mais pode ser un accesorio de falsidade
|
a causa principal da difusión da ignorancia de masa é o feito de que toda a xente sabe ler e escribir
|
a causa principal dos problemas son as solucións
|
a chave para construir unha superestrela é non deixar que abra a boca. Revelar un artista ó público pode destruílo. Non convén a ninguén ver a verdade.
|
a ciencia é un cemiterio de ideas mortas
|
A ciencia non che é perfecta, mais iso non significa que precises da relixión
|
a ciencia non me interesa. Ignora o soño, a azar, o riso, o sentimento, a contradición, cousas que me son preciosas
|
a ciencia só serve para verificar os decubrimentos do instinto
|
a civilización é unha multiplicación ilimitada de necesidades innecesarias
|
a civilización progresa aumentando o número de operacións que podemos realizar sen pensar
|
a claridade é a cortesía do filósofo
|
a coca-cola fai ben... á economía estadounidense
|
a coherencia require que un sexa tan ignorante hoxe como hai un ano
|
a compensación de termos sufrido tanto é que despois morremos como cans
|
a conciencia é aquelo que a túa nai che dicía antes de faceres sei anos
|
a conciencia é un can que non nos impide pasar pero que non podemos impedir que ladre
|
a consciencia é a voz interior que nos advirte que alguén pode estar ollando
|
a constitución creouse para protexer á xente dos perigos das boas intencións
|
a continencia nada máis se obtén á forza de incontinencia; o prostíbulo defende a casa
|
a conversa só é fecunda entre espíritos dedicados a consolidar as súas propias perplexidades
|
a coraxe é aquilo que serve para erguerse e falar; coraxe é tamén o que serve para sentar e calar
|
a corrupción é como o lixo, hai que o limpar todos os días
|
a cosciencia non nos impide cometer pecados, mais infelizmente si gozar deles
|
a cousa máis democrática do mundo é o dicionario: é o único ben que temos en común
|
a credulidade do amor é a fonte máis fundamental da autoridade
|
a crise consiste precisamente no feito de que o vello estea a morrer e o novo aínda non poda nacer
|
a crueldade cos animais é unha aprendizaxe da crueldade cos homes
|
A cuestión moral existe hai tempo, mais agora converteuse na primeira e esencial política, porque da súa solución depende a recuperación da confianza nas institucións, a efectiva gobernabilidade do país e o mantemento do réxime democrático
|
a culpa dura mentres haxa remordementos
|
a cultura beneficiouse sobre todo dos libros sobre os que os editores perderon
|
a cultura é aquelo que permanece no home cando esqueceu todo
|
a cultura é sempre así, enta sobre enta de citas sobre citas, de ideas que provocan outras ideas, faiscantes carambolas de verbas a través do tempo e do espazo
|
a cultura é un instrumento manipulado por profesores para fabricar profesores, que á súa vez, fabricarán máis profesores
|
a débeda pública é suficientemente grande para coidar de si mesma
|
a decisión Cristiá de considerar ó mundo feo e malo, tornou ó mundo feo e malo
|
a democracia consiste en elixir ós teus ditadores, depois de que che digan aquelo que ti pensas que queres ouvir
|
a democracia debe ser algo mais ca dous lobos e unha ovella a votar sobre pra escoller a cea
|
a democracia é feble e se plantamos demasiadas bandeiras sobre ela, esborrállase
|
a democracia é un sistema que garante que non nos han gobernar mellor do que merecemos
|
a democracia outorga a cada home o dereito a ser o seu propio opresor
|
a derradeira ilusión é crer que se han perder todas as ilusións
|
a desconfianza cara as palabras é moito menos prexudicial que a excesiva confianza nelas
|
a desgracia deste país é que sempre hai demasiados políticos que cren, mercé a unha convición baseada na experiencia, que é sempre posíbel enganar a todos
|
a desgraza do capitalismo é que os capitalistas son case sempre boísimos dentro das súas empresas, mais fóra delas son decote obtusos, aborrecidos e imbecis, cando non algo peores
|
a desvalorización do mundo humano medra en razón directa da valorización do mundo das cousas
|
a diferencia entre unha democracia e unha ditadura é que nunha democracia primeiro votas e despois recibes ordes mentres que na ditadura non tes que perder o tempo a votar
|
a distinción entre o pasado, presente e futuro e só unha ilusión obstinadamente persistente
|
a dor, mata a dor, serve como menciña
|
a dúbida é desagradábel, mais a incerteza é ridícula
|
a duración da paixón é proporcional á resistencia inicial da muller
|
a economía mundial é a máis eficiente expresión do crime organizado. Os organismos internacionais que controlan a moeda, o comercio e o crédito practican o terrorismo contra os países pobres e contra os pobres de todos os países, cunha frialdade profesional e unha impunidade que farían corar ó mellor dos bombistas
|
a economía mundial é hoxe un xigantesco casino
|
a educación consiste, principalmente, no que desaprendemos
|
a educación é a descuberta gradual da nosa propia ignorancia
|
a educación é algo marabilloso, mais ás veces convén lembrar que non todo o que paga a pena se pode ensinar
|
a educación é o medio polo que os pais transmiten os seus propios defectos ós fillos
|
a educación é un método que nos permite adquirir un nivel máis elevado de prexuízos
|
a esas ideas que aos contemporáneos lles parecen unha fantasía desprovista de contido e á posteridade unha cousa natural pertence a de introducir unha lingua común entre pobos diferentes
|
a escaseza mundial de alimentos que afecta preto de cincocentos millóns de cativos podería resolverse co que custa un só día de guerra
|
a escola como instrumento educativo foi para min simplemente un baleiro
|
a escola é a axencia publicitaria que nos fai crer que precisamos da sociedade tal e como é
|
a escritura é o único no que podes ser pobre sen facer o ridículo.
|
a especie humana dispón dunha arma verdadeiramente eficaz: o riso
|
a esperanza é un bo almorzo, pero é unha pésima cea
|
a esperanza ten dous fermosos fillos: O desdén e a valentía. O desdén perante a situación real das cousas e a valentía para mudalas
|
a espontaneidade é produto de grandes manifestacións
|
a esquerda é un mal que só a existencia da dereita volve soportábel
|
a esquerda non ten nin puta idea do mundo en que vive
|
a estupidez das persoas resulta de teren unha resposta para todo. A sabedoría da novela resulta de ter unha pregunta para todo
|
a evolución da ameba ao home parece ser evidentemente un progreso para os filósofos, mais descoñécese se a ameba partilla ou non a mesma opinión
|
a evolución da especie humana non rematará en dez mil anos coma nos animais domésticos, senón nun millón de anos coma nos animais salvaxes porque o home é e sempre será un animal salvaxe
|
a existencia dun desempregado é unha negación do dereito de vivir peor cá morte
|
a expansión significa complexidade e a complexidade decadencia
|
a experiencia é esa cousa marabillosa que che permite recoñecer un erro cando estás a repetilo
|
a experiencia é un billete de lotaría mercado despois do sorteo
|
a experiencia é unha boa escola, mais é moito máis cara a matrícula
|
a experiencia é unha chama que non alumea senón cando se queima
|
a falta de algo que se desexa é parte imprescindíbel da felicidade
|
a fantasía humana é inmensamente máis pobre cá realidade
|
a felicidade consiste en ser libre, isto é, en non desexar nada
|
a felicidade é a seguridade perpetua de saberse ben enganado
|
a felicidade é coma unha bolboreta, se a persegues non a dás collido, mais se sentas tranquilamente, se cadra, ela ha pousarse sobre ti
|
a felicidade é estar de acordo consigo mesmo
|
a felicidade é unha condición imaxinaria que, no pasado, os vivos atribuían ós mortos e que hoxe, xeralmente, os adultos atribúen ós cativos, e os cativos ós adultos
|
a felicidade é unha cousa marabillosa: canto máis dás, máis che queda
|
a felicidade é unha recompensa que alcanza quen non a procura
|
a felicidade non é algo que se experimenta, senón algo que se lembra
|
A felicidade obtense cando o que se pensa, o que se di e o que se fai están en harmonía
|
a felicidade suprema da vida é a certeza de ser amado por seres como es, ou máis exactamente, por seres amado malia seres como es
|
a ferramenta básica para a manipulación da realidade é a manipulación das palabras
|
a fidelidade é a arte de practicar o adulterio só co pensamento
|
a fidelidade existe alá onde o amor é ben máis forte có instinto
|
a fin está nos medios, como a árbore nas sementes
|
a fin xustifica os medios? Grazas, Moggi
|
a finalidade do castigo é mellorar a quen castiga
|
a física é como o sexo. Pode dar resultados seguros, mais non por iso nos dedicamos a ela
|
a forza dunha lingua non consiste en rexeitar o estranxeiro, senón en asimilalo
|
a forza non vén dunha capacidade física senón dunha vontade indómita
|
a función do experto no é ter máis razon cós outros senon enganarse por razóns máis sofisticadas.
|
A globalización é un proceso que permite que o poderosos se aproveiten dos máis febles
|
a grande diferenza entre o sexo pago e o sexo de balde é que o sexo pago sae máis barato
|
a grandeza e o progreso moral dunha nación poden medirse polo xeito que se ten de tratar os animais
|
a grandeza non consiste en recibir honras, senón en merecelas
|
a guerra é a forma máis espallada de terrorismo moderno
|
a guerra é a procura da paz vertendo sangue; a paz é continuar a combater sen a verter
|
a guerra é deliciosa para quen a descoñece
|
a guerra é o método que Deus emprega para lles aprender xeografía ós americanos
|
a guerra é unha lección da historia que os pobos nunca recordan abondo
|
a guerra é unha masacre entre homes que non se coñecen no proveito doutros que si se coñecen pero non se masacran
|
a guerra non se pode humanizar, pódese só abolir
|
a hipocrisía é unha homenaxe que o vicio presta á virtude
|
a historia apréndenos que os homes e as nacións só actuan con sensatez despois de esgotaren todas as outras alternativas
|
a historia apréndenos que que cando as persoas descobren a barabarie, mobilízanse para detela
|
a historia de amor perfecta é a que se desenvolve enteiramente por correspondencia
|
a historia humana, entre a perdición e a salvación, é ambigua. Nin sequera sabemos se somos donos do noso destino
|
a historia será amábel comigo porque teño intención de escribila
|
a humanidade é como é, non se trata de mudala, senón de coñecela
|
a humanidade non dá aturado a idea de que o mundo naceu por casualidade, por erro, só porque catro átomos imprudentes colidiron nunha autoestrada mollada. Por iso, cómpre atopar unha conspiración cósmica, Deus, os anxos ou os demos.
|
a ideoloxía é o carceleiro máis implacable do pensamento
|
a ignorancia é a maior fonte de felicidade
|
a ignorancia é a nai da felicidade e da beatitude sexual
|
a ignorancia está máis achegada á verdade que o prexuízo
|
a Igrexa di que a Terra é chá, mais sei que é redonda, porque vin a sombra na Lúa, e teño mais fé nunha sombra que na Igrexa
|
a igrexa estase a converter para moita xente no maior atranco para a fe. Só ven nela a ambición humana do poder, o teatriño de homes que, co gallo de administrar o cristianismo oficial, semella máis ben que dificultan o verdadeiro espírito do cristianismo
|
a imaxinacion consólanos polo que non somos, o humor consólanos polo que realmente somos
|
a imaxinación non é outra cousa que o aproveitamento da nosa memoria
|
a imaxinación vale tanto coma viaxar e resulta máis barata
|
a incerteza é unha margarida cuns pétalos que nunca se acaban de esfollar
|
a incopetencia maniféstase coa utilización de demasiadas palabras
|
a indiferenza, a covardía e o oportunismo dos cidadáns matan a democracia moito máis aínda cós tiranos e ditadores
|
a infancia ten as súas propias maneiras de ver, pensar e sentir, e non hai nada máis insensato que tentar substituílas polas nosas
|
a inmunidade é á impunidade como o honroso o é a home de honra
|
a intelixencia é unha categoría moral
|
A lealdade é unha débeda para con nós mesmos antes que cos outros
|
á lebre gústalle a polenta. Ou iso di o cociñeiro
|
a lectura é para a mente o mesmo que o exercicio é para o corpo
|
a lei básica do capitalismo é ti ou eu, non ti e mais eu
|
a lei é igual para tódolos mendigos
|
a lembranza da alegría xa non é alegría, a lembranza da dor segue a ser dor
|
a lembranza que deixa un libro é máis importante có propio libro
|
a liberación dos escravos no sur forma parte da loita pola liberación dos traballadores no norte
|
a liberdade da democracia non está a salvo se o pobo tolera o crecemento do poder privado ata o punto no que se volve máis forte que o propio estado democrático
|
a liberdade de amar non é menos sagrada que a liberdade de pensar. O que hoxe en día se chama adulterio é idéntico ao que xacando se chamou herexía
|
a liberdade de prensa e, talvez, a que máis sofreu a lenta degradación da idea de liberdade
|
a liberdade é como a poesía, non precisa adxectivos, é liberdade
|
a liberdade é tran preciosa que cómpre racionala
|
a liberdade non existe, senón a busca da liberdade, e esa busca fainos libres
|
a liberdade só para os seguidores do goberno, só para os membros dun partido político non é liberdade. A liberdade é sempre liberdade de quen pensa de xeito diferente
|
a lingua é moito máis inqueda que a vida
|
a lingua é un signo, o maior signo da nosa condición humana
|
a lingua é unha suma na cal cada interlocutor ten unha parte
|
a lingua internacional das xeracións futuras será certamente unha lingua programada
|
a lingua non é máis que a redución do pensamento á súa forma máis simple
|
a lingua non é o revestimento do pensamento, senón o propio pensamento
|
a lingua pode que sexa un espello deformante, mais é o único espello que temos
|
a linguaxe é unha arte anónima, colectiva e inconsciente, resultado da criatividade de milleiros de xeracións
|
A loita do home contra o poder é a loita da mamoria contra do esquecemento
|
a luz divina cega ó mundo no canto de iluminalo
|
a mafia é coma os outros negocios, só que de cando en vez usa armas de fogo
|
a mafia é o mellor exemplo de capitalismo que temos
|
a mafia no é só un problema italiano, nin un asunto de campesiños atrasados e de subdesenvolvemento do sur de Italia, é un problema europeo
|
a mafia tivo un comezo e tamén ha ter un final
|
a maioría da xente prefere morrer antes que pensar; de feito, a maioría fan así
|
a maioría das persoas non queren nadar antes de saber nadar
|
a maioría dos súbditos coidan que son súbditos porque o rei é rei, porén non se decatan de que , verdadeoramente, o rei é rei porque eles son súbditos
|
a máis excitante perversión na vida: a necesidade de conseguir algo en menos tempo do que en realidade sería preciso
|
a máis importante de todas as leccións da historia é que os homes non aprenden moito das leccións de historia
|
a maxestuosa igualdade da lei prohíbe tanto ós ricos coma ós pobres durmir debaixo da ponte
|
a meirande parte da xente non só acepta a violencia cando é exercida pola autoridade lexítima, senon que a considera substancialmente lexítima contra certos tipos de persoas, sen lles importan quen a exerce
|
a melancolía é a felicidade de estar triste
|
a mellor maneira de se enganar é crerse máis listo cós demais
|
a mellor parte da ficción, en moitas novelas, é o aviso de que os pesonaxes son puramente imaxinarios
|
a memoria de cada home é a súa literatura privada
|
a memoria é sempre un lugar de encontro
|
a mentira é unha parte indispensábel para facer a vida tolerábel
|
a meta é partir
|
a metade do mundo está composta por xente que teñen algo que dicir e non poden dicilo e a outra metade por xente que non ten nada que dicir e non paran de facelo
|
a miña educación apenas interrompeu mentres ía á escola
|
a miña inquedanza non é saber se son grande ou pequeno, senón saber se medro cada día
|
a miña norma é usar palabras que melloren o silencio
|
a miña opinión sobre o aborto está un pouco distorsionada polo feito de ser eu o sétimo de nove fillos
|
a miña relixión é buscar a verdade na vida e a vida na verdade
|
a miúdo déixase en paz a quen prende o lume e castígase a quen dá a alarma
|
a moda é sempre un reflexo do seu tempo, pero por desgracia, esquecémolo cando é estúpida
|
a moda, isto é, a monotonía no cambio
|
a moitos gustaríalles evadir impostos, mais só os ricos o dan feito de xeito que os pobres saben que tamén terán que pagar impostos por eles
|
a monogamia é unha invención da nosa civiliazación occidental para dar unha certa e, podo asegurar, prudente orde ás institucións sociais. Naon ten nada que ver coa natureza humana. Desafío a calquera a amosarme a un individuo verdadeiramente monógamo.
|
a morte é algo que non debemos temer, porque, mentres somos, a morte non é, e cando a morte é, nós xa non somos
|
a morte é un estado de perfección, o único que está ao alcance dun mortal
|
a morte é unha vida vivida. A vida é unha morte que ven
|
a morte non é a maior perda na vida. A maior perda é aquelo que morre dentro de nós mentres vivimos
|
a morte non se encontra no non comunicar, senón no non poder ser comprendido
|
a morte vivía en min e abandonoume para ir vivir a outro corpo
|
a morte, en por si, sempre matou moito menos co home
|
a muller cuxo comportamento indica que montará unha escena se lle dixeran a verdade está a pedir que a enganen
|
a muller é un regalo que vos escolle
|
a muller que non ten sorte cos homes, non sabe ben a sorte que ten
|
a música actual está dirixida por banqueiros e contables: unha tendencia que cómpre combater fortemente
|
a nación que destrúe o seu solo destrúese a si mesma
|
a nai é o corazón da familia, que gasta o que o pai trae á casa en bens de consumo para mellorar o ambiente onde el come, dorme e mira a televisión
|
á natura dánselle ordes só se se lle obedece
|
a natureza humana é o que che fai berrar ao peón cando es condutor e ao condutor cando es peón
|
a natureza non creou amos nin escravos, eu non quero dar nin recibir leis
|
a natureza nunca fai nada sen un motivo
|
a necesidade non che ten lei
|
a nosa grande e gloriosa obra de arte é vivir como é debido. Todas as outras cousas, reinar, atesourar fortunas, construír, son só parvadas
|
a nosa liberdade depende da liberdade de prensa, e esta non pode ser limitada sen que se perda
|
a nosa natureza consiste no movemento. O descanso absoluto é a morte
|
a Nova Economía é ese marabilloso concepto que permite crear riqueza
|
a novidade é tan vella coma o mundo
|
a obediencia é un vicio en que se cae por comodidade
|
a obscenidade non é a pornografía, a obscenidade é que unha persoa poida morrer de fame
|
a ociosidade é a raiz de todos os vicios e a coroa de todas as virtudes
|
a opinión pública é unha tentativa de organizar a ignorancia da xente e de alzala á dignidade coa forza física
|
a organización da sociedade americana é un sistema imbricado de semi-monopolios notoriamente venais e un electorado notoriamente miope , e todo baixo a dirección de medios de comunicación notoriamente fraudulentos
|
a orixinalidade é a arte de plaxiar sen ser descoberto
|
a palabra é metade de quen fala e metade de quen escoita
|
A palabra libera ó home. O que non se pode expresar é un escravo
|
a palabra non é senón un ruído e os libros non son senón papel
|
a parella está formando por tres persoas, das cales unha está momentaneamente ausente
|
a parte boa da democracia é xustamente esa: todos poden falar, mais non é preciso ouvir
|
a parte máis verdadeira dun xornal son os anuncios
|
a Pasolini asasinárono en 1975 e é abraiante comprobar que facer calar unha soa voz puidera custarlle tanto a todo un pobo
|
a patria está en calquera lugar onde esteas ben contigo mesmo
|
a paz interior é fundamental para contrariar as mensaxes de terror con que os grandes intereses tentan agravar a vida de todos
|
a paz non é a ausencia de guerra; é unha virtude, un estado de espírito, unha disposición para a benevolencia, a confianza e a xustiza
|
a paz non é un don que Deus fai ás súas criaturas, é un don que nos facemos os uns aos outros
|
a peor ignorancia é a da propia ignorancia
|
a peor intolerancia é a diso que chaman razón
|
A persoa á que máis temes contradicir es ti
|
a persoa á quen é máis doado enganar é un mesmo
|
a pesar da morte ser espantosa, aínda ha de selo máis o feito de vivir para sempre sen morrer
|
a pescuda sobre as enfermidades avanzou tanto que arestora é case imposible atopar ninguén san
|
a pluma é a lingua da mente
|
a pobreza da linguaxe enfeblece: pode converternos en escravos das ideas alleas
|
a poesía é a arte de merter o mar nun vaso
|
a poesía é a unión de dúas palabras que nunca se supón que se puidesen xuntar e que forman unha especie de misterio
|
a poesía é coma o pan, de todos
|
a poesía engádelle vida á vida
|
a poesía sérveme para dicir aquilo que non se pode dicir
|
a policía adoitaba estar dirixida por homes íntegros, mais este erro xa foi corrixido
|
a política considérase a segunda profesión máis antiga do mundo. Ás veces coido que se parece moito á primeira
|
a política é a arte de evitar que as persoas se interesen por aquelo que lles é importante
|
a política é a arte de procurar problemas, atopalos, facer un diagnóstico flaso e despois aplicar solucións erradas
|
a política é a guerra sen verter sangue, mais a guerra é a política vertendo sangue
|
a política e a mafia son dous poderes que viven de controlar el mismo territorio, ou fan a guerra ou se poñen de acordo
|
a política é a noble arte de obter votos dos pobres e financiamento dos ricos prometendo protexer a uns dos outros
|
a política é a sombra que as grandes empresas proxectan sobre a sociedade
|
a política é o departamento de entretemento da industria
|
a política e o destino da humanidade son forxados por homes desprovistos de ideais e de grandeza. Os homes que posúen esta grandeza non se meten en política
|
a política é un acto de equilibrio entre aqueles que queren entrar e aqueles que non queren saír
|
a política ha facerse coas mans limpas
|
a política non é a arte do posible. Consiste en escoller entre o desastroso e o intragable
|
a política, que é a arte de se ocupar da cousa pública, é obra de políticos que son artistas en materia de asuntos privados
|
a posesión dun libro substitúe á súa lectura
|
a práctica política consiste en ignorar os feitos
|
a prensa non desexa informa-lo lector, senon convencelo de que o está a informar
|
a primeira lei do xornalismo: confirmar os prexuízos existentes no canto de refutalos
|
a primeira mafia que cómpre combater é a que está dentro de cada un de nós. Nós somos a mafia
|
a primeira metade da nosa vida é arruniada polos nosos pais e a segunda metade polos nosos fillos
|
à primeira vista, unha mercadoria parece algo trivial e que se resolve en si mesma. A súa análise demostra que é unha cousa moi complexa, chea de sutilezas metafísicas e de argucias teolóxicas
|
a proba principal da verdadeira grandeza do home consiste na percepción da súa propia pequenez
|
a prohibición do incesto non se aplica ó amor propio
|
a propaganda é aquela póla da arte da mentira que consiste en case enganar ós teus amigos sen acabar de enganar ós inimigos
|
a propiedade é unha trampa; o que coidamos posuír en realidade posúenos
|
a propósito de valores: gardamos os cartos nunha caixa forte e os soños...nun caixón
|
a prudencia é unha vella e fea solteirona a quen lle fai as beiras a incapacidade
|
a publicidade é a arte de crear mentiras completas de medias verdades
|
a publicidade pódese describir como a ciencia de deter a intelixencia o tempo abondo como para obter diñeiro diso
|
a publicidade sempre combina o inútil co agradábel
|
a que espera a Unesco para declarar todo o planeta como patrimonio da humanidade?
|
a raza branca é o cancro da historia humana. Só a raza branca - coas súas ideoloxías e invencións - erradicou as civilizacións autónomas alá por onde se espallou, perturbou o equilibrio ecolóxico do planeta e agora ameaza a propia existencia da vida
|
a raza humana non é quen de aturar demasiada realidade
|
a realidade é o que a maioría ve como realidade
|
a realidade é unha ilusión provocada pola falla de alcool
|
a relación entre alfabetización e analfabetismo é constante, mais hoxe en día os analfabetos saben ler
|
a relixión cristiá, tal e como está organizadas nas súas igrexas, foi e continúa a ser o principal inimigo do progreso moral no mundo
|
a relixión é unha obra prima da arte de domesticar animais, porque domestica as persoas sobre como deben pensar
|
a relixión existe dende que o primeiro arteiro atopou ó primeiro alpabarda
|
a relixión universal, para a maioría dos homo sapiens, non é outra cousa que o fútbol
|
a riqueza dos pobres depende dos fillos; a dos ricos, dos pais
|
a sabedoría na vida consiste en desbotar todo o que non é esencial
|
a sabedoría non está en destruír os ídolos, senón en non crealos
|
a sabedoría termina cando o soño é tan alto que o perdemos ó tentar alcanzalo
|
a sátira política quedou obsoleta cando concederon o Nobel da Paz a Henry Kissinger
|
a satisfacción está no que se fai, non no resultado
|
a saudade xa non é o que era
|
a señardade é para a alma como o alimento é para o corpo
|
a simplicidade é a forma da verdadeira grandeza
|
a sociedade é permisiva coas cousas que non custan nada
|
A sociedade erótico-publicitaria na que vivimos devece por organizar o desexo, por desenvolver o desexo ata proporcións incribles, mentres mantén a satisfacción na esfera privada. Para que a sociedade funcione, para que a competición siga adiante, cómpre que o desexo medre, se espalle e consuma a vida dos homes.
|
a sociedade moito valora ó home normal. Educa ós cativos para que se perdan e volvan seres absurdos, converténdose así en normais. Os homes normais mataron, quizais, a cen millóns doutros homes normais nos últimos cincuenta anos
|
a sociedade só pode existir sobre unha certa base de amábeis mentiras e sempre que ninguén diga exactamente aquilo que pensa
|
a sociedade, para se chamar civil, debería aceptar tanto a razón como a loucura
|
a soidade é algo bonito, mais precisas de alguén para cho dicir
|
A soidade non se atopa, faise
|
a soidade proporciona ó home de gran algura intelectual dúas vantaxes: estar consigo mesmo e non estar cos demais
|
a solidariedade é a ternura dos pobos
|
a solidariedade non consiste en dar, senón en combater as inxustizas
|
a sorte dun pobo depende do estado da súa gramática. Non hai gran nación sen coidado da linguaxe
|
a teimuda queixa de que a cultura de masas está feita para os nenos de once anos é craramente unha mentira vergoñenta. En realidede a idade clave está máis preto dos catorce anos
|
a televisión crea o esquecemento, o cinema a lembranza
|
a televisión é a primeira cultura enxebremente democrática, a primeira cultura dispoñíbel para todos e enteiramente baseada no que a xente quere. O problema é o que a xente quere
|
a televisión é forte coma un león, a televisión non ten medo de ninguén, a televisión adormécete coma un alpabarda
|
a televisión é o espello que reflicte toda a derrota do noso sistema cultural
|
a televisión é o único somnífero que se toma polos ollos
|
a televisión é un trebello que permite que sexamos entretidos na nosa sala de estar por persoas que nunca teriamos na casa
|
a televisión éche ben máis importante cás persoas. Se non fose así teriámosche persoas nos recantos das nosas salas.
|
a televisión ten prestado un gran servizo á psiquiatría, tanto ó falar dela como ó contribuir á súa necesidade
|
a teoría do comunismo pode resumirse nunha frase: abolición da propiedade privada
|
a terra pertence aos seus propietarios, mais a paisaxe pertence a quen sabe apreciala
|
a Terra ten unha pel, e esa pel ten enfermidades. Unha desas enfermidades chámase 'home'
|
a ti, lingua santa / a ti adórote / máis que toda a prata, / máis que todo o ouro
|
a toda muller gostaríalle ser fiel. O problema é achar un home a quen llo ser
|
a todo o mundo prestaríalle vivir moito tempo, mais a ninguén lle prestaría avellentar
|
a tolemia é unha condición humana, en nós conviven o mesmo a tolemia que a razón. O problema é que a sociedade, para se chamar civlizada, debería aceptar tanto a razón como a tolemia
|
a tradución é unha experiencia que ofrece e impón a lectura máis vagarosa posíbel, case unha andaina polo espazo físico do texto, cos seus vales, chairas e montañas
|
a única alegría do mundo é comezar. É bo vivir porque vivir é comezar, sempre, a cada instante
|
a única cousa de importancia, cando partamos, serán as pegadas de amor que deixemos atrás nosa
|
a única cousa que impide a Deus enviar un segundo diluvio é que o primeiro foi inútil
|
a única cousa que nos aprende a experiencia é que a experiencia non nos aprende nada
|
a única función das previsións económicas é facer que a astroloxía pareza respectable
|
a única guerra que se pode permitir o ser humano é a guerra contra a súa propia extinción
|
a única loita que se perde é aquela que se abandona
|
a única maneira de fomentar a responsabilidade nas persoas é dándolles responsabilidades
|
a única maneira de protexer a nosa cultura é aceptar póla en perigo
|
a única misión das clases populares é dar bo exemplo
|
a única paz sólida e duradeira entre marido e muller é, sen dúbida ningunha, a separación
|
a única tendencia no cinema de hoxe é facer unha chea de diñeiro
|
a única verdade está no instinto
|
a utopía está no horizonte: Achégome dous pasos e ela afástase dous pasos. Ando dez pasos e o horizonte afástase dez pasos máis alá. Por moito que eu camiñe, nunca a acadarei. Para que serve a utopía? Para iso: Serve para camiñar
|
a vellez é a máis inesperada das cousas que lle poden acontecer a unha persoa
|
a verdade é o máis valioso que temos; aforrémola
|
a verdade é tan difícil de negar coma de agochar
|
a verdade é totalmente interior. Non habemos buscala fóra de nós nin querer realizala loitando con violencia contra inimigos exteriores
|
a verdade non está son nun soño, senón en moitos soños
|
a verdade nunca damnifica unha causa xusta
|
a verdade sobre as intencións dun home non se inquire preguntándollo
|
a verdadeira descoberta dunha viaxe consiste non en atopar novos territorios, senón en velos con novos ollos
|
a verdadeira elegancia moral consiste na arte de disfrazar as nosas vitorias como derrotas
|
a verdadeira filosofía é volver a aprender a ver o mundo
|
a verdadeira función do home é vivir non existir. Non hei desperdiciar os meus días tratando de prolongalos. Hei aproveitar o meu tempo
|
a verdadeira ignorancia non é a falta de coñecemento, senón o rexeitamento del
|
a verdadeira universidade non está localizada en ningures. Non posúe propiedades, non paga salarios e non recebe contribucións materiais. A Universidade real é unha disposición mental
|
a verdadeira vida adoita ser a que non vivimos
|
a vida compréndese cara a atrás, mais víves cara a fronte
|
a vida é como tocar o violín en público, mentres se aprende a tocar o instrumento
|
a vida é como un autobús, cando podes sentar, xa é a fin da liña
|
a vida é como un sumidoiro; o que quitas depende do que meteches
|
a vida é marabillosa se non che pon medo
|
a vida é o máis sólido que a morte invetou ata o de agora
|
a vida é o parangón das palabras
|
a vida é o que che sucede mentres estás a facer outros planos
|
a vida é un conto contado por un alpabarda cheo de ruído e carraxe que non significa nada
|
a vida é unha doenza hereditaria
|
a vida é unha escola de probabilidade
|
a vida é unha frase interrompida
|
a vida éche unha obra de teatro que non permite ensaios. Por iso, canta, chora, danza, ri e vive intensamente cada momento da túa vida, antes que o pano caia e a obra remate
|
a vida non che é a que un viviu, senón a que un lembra e de que xeito a lembra para contala
|
A vida non é grande abondo para conter todo o que o desexo consegue imaxinar
|
a vida non é máis ca un conxunto de imaxes no cerebro. Non existe diferenza entre as que nacen das cousas reais e as que nacen dos soños íntimos, e non hai razón para valorar unhas máis cas outras
|
a vida parou de ser un chiste para min; non lle vexo a graza
|
a vida quítalle demasiado tempo aos homes
|
a vida ten un grande valor se se despreza
|
a vinganza máis cruel dunha muller é permanecer fiel a un home
|
a violencia é a parteira de toda vella sociedade preñada dunha nova
|
a virtude dos pais é un grande dote
|
a xente arruína máis as cousas coas palabras que co silencio
|
a xente berra para non se sentir
|
a xente de poucas palabras é a mellor xente
|
a xente debería coñecer os riscos que corren ao tentar suicidarse
|
a xente é quen de nadar na merda se se botan unhas moedas nela
|
a xente nova non precisa sermóns, precisan exemplos de honestidade, coherencia e altruísmo
|
a xente que non ri nunca non é xente seria
|
a xente simpatiza máis coa infelicidade que coa felicidade
|
a xente tense por libre, masi sé é libre de crélo
|
a xente viaxa para se sorprender coas montañas, os mares, os ríos, as estrelas, mais pasan por si mesmos sen se marabillar
|
a xente, en xeral, ten a obriga de resistir ata as derradeiras consecuencias, coma se estivera a combater na frote de Piave, ante o prexuízo da perigosa desintegración da vontade colectiva e o naufraxio da conciencia cívica coa perda do senso do correcto, que é o derradeiro bastión da cuestión moral
|
a xustiza é a sanción das inxustizas establecidas
|
a xustiza non é máis que a vantaxe do máis forte
|
a xustiza non é outra cousa que a conveniencia do máis forte
|
a xuventude é unha enfermidade da que todos sandamos
|
a "paz" é cando ninguén dispara. Unha "paz xusta" é cando o noso bando consegue o quere
|
a 'new economy' é tal vez a máis grande miraxe que se proxectou sobre o planeta: un mercado inexistente para necesidades inexistentes
|
acabará antes o ar ou o petróleo?
|
acreditar no progreso non significa que este xa se teña producido
|
acúsase a miúdo á literatura de facilitar aos prisioneiros a fuga da realidade
|
admiro os homes con máis de setenta anos; ofrecen sempre ás mulleres un amor para toda a vida
|
adoro os partidos políticos: son os únicos lugares que quedan onde as persoas non están a falar de política
|
adulto? endexamais
|
afortunadamente temos a Bush para salvar a democracia
|
agora sabemos que un goberno do diñeiro organizado é tan perigoso coma un goberno da mafia organizada
|
agora vexo o segredo para facer persoas mellores: medrar ao ar libre e comer e mais durmir coa terra
|
aínda a risco de parecer ridículo, deixádeme que vos diga que o verdadeiro revolucionario se guía por grandes sentimentos de amor
|
aínda non nos decatamos de que só a través do divertimento, da paixón e do riso é posíbel obter un verdadeiro crecemento cultural
|
aínda que o asno vaia á Meca, non por iso é peregrino
|
algo malo debe ter o traballo, ou os ricos xa o terían acaparado
|
algún día voltaremos a ser persoas e non só xudeus
|
algunha das máis grandes historias de amor que coñecín só tiña un único protagonista
|
algúns coidan que a intelixencia é hereditario, outros non teñen fillos
|
algúns considéranse perfectos apenas porque son esixentes consigo mesmos
|
algúns intelectuais esfórzanse por enchernos o cerebro e outros por baleiralo. Abonda dicir que os últimos son maioría
|
alguns países pobres son orgullosos e desexarían resolver os seus problemas sen axuda, mais, felizmente, as multinacionais non podem deixar de se sacrificar por eles
|
algúns sorrisos non son de felicidade, pola contra, son un xeito de chorar con bondade
|
alí onde non chega a espada da lei, chega o látego da sátira
|
ama-lo traballo dun é o achegamento máis real á felicidade na terra
|
amamos a vida, non porque esteamos afeitos a vivir, senón porque estamos afeitos a amar
|
amar ó inimigo (como di o evanxeo) non é unha tarefa para homes senón para anxos
|
amei, fun amado, o sol acaricioume o rostro. ¡Vida, nada me debes!¡Vida, estamos en paz!
|
amo as mulleres, pero non as admiro
|
amo tanto a Alemaña que coido que é mellor que haxa dúas
|
amor? se cadra co tempo, coñecendo nós peor
|
antano, os poderosos usaban a forza, as leis e a relixión para someter o pobo; agora dispoñen do fútbol e da televisión
|
antes a ninguén lle estaba permitido pensar libremente. Agora é permitido, mais case ninguén o dá feito. Agora as persoas queren pensar só naquelo que cren que deben pensar. Consideran iso liberdade
|
antes de cambiar de idea, asegúrate de que xa tiñas unha
|
antes de casar unha moza debe facer o amor cun home para retelo, despois de casaren cómpre retelo para facer o amor
|
antes de pensar en como educar, conven escrarecer cales son os resultados que se pretenden obter
|
antes de virmos, ao mundo non lle faltaba nada; despois de marcharmos, non lle faltará nada
|
antes que despois, abriranse as grandes alamedas por onde pasará o home libre para construir unha sociedade mellor
|
ao primeiro, a comprensión; despois, xa só a emoción
|
ao século vinte podemos perdoarlle todo, mesmo as dúas guerras mundiais e as sucesivas, mesmo os desfiles de moda e as carreiras de fórmula un, mais non o pecado de ter sacrificado o cinematógrafo pola televisión
|
aparecínmelle á Virxe María
|
apenas sabemos cando sabemos pouco; da que gañamos coñecemento, aumentan as dúbidas
|
apenas un raio de sol chega para borrar millóns de sombras
|
aprender a falar é aprender a traducir
|
aprendéronnos a acreditar que a beleza non precisa de ser útil e que o útil non ten ha a ser bonito. Quero demostrar que unha cousa útil tamén pode ser bonita
|
aprendín a utilizar a palabra 'imposible' co máximo coidado
|
aprendín que unha vida non vale nada, mais nada vale unha vida
|
aquela reinspiración, sen a que traducir e só parafrasear noutra língua
|
aquelo ó que a eiruga chama a fin do mundo, o resto do mundo chámo bolboreta
|
aquí está todo o dano!, nas palabras!, todos nós temos por dentro un mundo de cousas, cada persoa un mundo de seu de cousas, como pode ser que nos entendamos, señor, se nas palabras que eu digo inclúo o senso e o valor das cousas tal e como eu as considero, mentres que o que escoita, as asume inevitablemente co senso e o valor que teñen para el, consonte ao seu mundo interior? Cremos que é posible entendérmonos, mais non nos entendemos nunca!
|
aquí non se respecta nin a lei da selva
|
aquí vive un home libre; ninguén o serve
|
aquí xaz a miña muller, deixala xacer! Agora repousa e eu tamén
|
arestora, agás o tabaco, o alcol e a tele, a maior parte das drogas están prohibidas, mais os nosos fillos pódenas atopar sen problemas nas escolas
|
arrepenterse e despois recomezar dende o principio: iso é a vida
|
as almas maiores son tan capaces dos maiores vicios coma das maiores virtudes
|
as almas teñen un modo particular de se entender, de intimar unhas coas outras, mais os nosos corpos aínda están suxeitos ás formalidades dos discursos convencionais
|
as amistades non se escollen ó chou, senón segundo as paixóns que nos dominan
|
as amizades son como os matrimonios: un de cada dez faise por amor
|
as ánimas xenerosas oféndense máis coa louvanza do que co insulto
|
as bágoas son o sumir do xeo na alma
|
as barreiras só empobrecen ós pobos, enfróntanos uns contra dos outros, fanos falar, nunha ligua estraña e incomprensíbel, do espazo vital, das necesidades xeopolíticas, móvenos a lanzar excomuñóns contra dos emigrantes estranxeiros, case coma se fosen leprosos, e a ferocidade coa que cada pobo se encerra sobre si pode, no canto de crear miseria e descontento, xerar riqueza e poder
|
as cadeas do matrimonio son tan pesadas que se precisan dúas persoas para as levar e, ás veces, tres
|
as circunstancias fan o home non menos do que o home fai as circunstancias
|
as conferencias de desarmamento son exercicios contra incendios dos pirómanos
|
as convicións son máis perigosas para a verdade cas mentiras
|
as cousas imposíbeis son máis doadas cás difíciles
|
as cousas que a maioría das persoas queren saber xeralmente non son asunto seu
|
as cousas que mellor sabemos son as que nunca aprendimos
|
as dúas palabras máis fermosas do inglés son 'cheque achegado'
|
as escolas non teñen que impartir, necesariamente, educación...son, principalmente, institucións de control onde se lles inculcan normas básicas ós mozos e mozas. A educación é algo moi diferente e dispón de pouco espacio nas escolas
|
as estatísticas sobre saúde mental indican que un de cada catro americanos sofre dalgunha doenza mental. Pensa en tres dos teus mellores amigos. Se están ben, entón es ti
|
as fábricas de armas axudan a combater o desemprego?
|
as finanzas son a arte de pasar diñeiro dunha man a outra ata que finalmente desaparece
|
as fronteiras da miña lingua son as fronteiras do meu mundo
|
as grandes nacións teñen actuado sempre como gánsteres e as pequenas como prostitutas
|
as historias son os nosos soños, e os nosos soños son a nosa vida
|
as horas son longas e a vida ben curta
|
as ideas son máis poderosas cás armas nucleares
|
as ideas sonche máis poderosas cas armas. Se non deixariamos que os nosos inimigos tivesen armas, por que habiamos deixar que tivesen ideas?
|
as ideas, como as pulgas, saltan de persoa en persoa mais non pican a todos
|
as ilusións persisten malia a razón e o coñecemento
|
as leis son arañeiras que as grandes moscas traspasan, mentres que as pequenas quedan atrapadas nelas
|
as lembranzas interprétanse coma os soños
|
as lembranzas que temos os uns dos outros, mesmo no amor, non son iguais
|
as lembranzas son como o viño que decanta dentro da botella: queda limpo e o sedimento permanece no fondo. Non se precisa axitar a botella
|
as linguas, como as relixións, viven das herexías
|
as maiores dificultades dun home comezan así que pode facer o que lle peta
|
as masas caen máis doadamente nunha mentira grande ca nunha pequena
|
as meigas deixaron de existir cando as deixamos de queimar
|
as mentes privilexiadas sempre se distinguiron pola súa capacidade de sobreviviren mesmos aos peores sistemas educativos
|
as mesmas palabras, ditas por bocas distintas, toman significados diferentes mesmo por veces opostos
|
as mulleres ámannos polos nosos defectos. Se temos de máis, perdóannos todo, mesmo os nosos xigantescos intelectos
|
as mulleres fan o que din ao cento por cento, mentres os homes paran ao cincuenta por cento
|
ás mulleres gústanlle os homes taciturnos. Coidan que as escoitan
|
as mulleres son donas dun planeta que gobernan os homes
|
as mulleres son tan hipócritas que fan crer os fillos que a súa mai era unha santa
|
as mulleres teñen que facer todo o duplo de ben que os homes para seren recoñecidas a metade. Por sorte, iso non é tan complicado
|
as mulleres toman sempre a forma do soño que as contén
|
as nosas lembranzas son índices de arquivo consultados e despois devolvidos en desorde por autoridades que non controlamos
|
as nosas vidas acaban cando calamos perante as cousas realmente importantes
|
as paixóns son defectos ou virtudes, só se se levan ao extremo
|
as palabras máis antigas e curtas , 'si' e 'non', son as que esixen a máxima reflexión
|
as palabras máis fermosa non son "Eu ámote" senón "É benigno"
|
as palabras non as fan os académicos nas academias, senón a xente na rúa. Os autores dos dicionarios cóllenas case sempre demasiado tarde, embalsaman nelas por orde alfabética, moitas veces cando xa non significan o que pensaran os seus inventores
|
as palabras que fan fortuna empobrecen a lingua
|
as palabras que ofenden son os berros da nosa ignorancia
|
as palabras que se usan para describir a realidade crean a realidade
|
as palabras son como moedas, unha vale por moitas e moitas non valen por unha
|
as palabras son importantes se son poucas
|
as palabras son todo o que temos
|
as palabras teñen o valor que lles dá o que as escoita
|
as patacas fritidas son unha das creacións máis espirituais do xénio parisiense
|
as persoas non teñen ideas; son as ideas as que descobren as persoas
|
as persoas son só ridículas cando queren aparecer ou ser o que non son
|
as persoas, como as ovellas, tenden a seguir a un líder- ocasionalmente na dirección certa
|
as preguntas que non teñan resposta por si mesmas, nunca non terán resposta
|
as relixións son as armas máis mortais que o Mal ideara nunca
|
as relixións son coma os vagalumes, para brillaren precisan da escuridade
|
as riquezas non fan a un máis rico, senón máis ocupado
|
as roupas son artificios semióticos, ou sexa, máquinas de comunicación
|
as sátiras que o censor é quen de comprender están ben prohibidas
|
as tentacións ó contrario das oportunidades, preséntanse sempre unha segunda vez
|
as traducións, como as esposas, rara vez son fieis se teñen algo de atractivo
|
as únicas repostas útiles son as que propoñen preguntas novas
|
ás veces a nosa luz apaga, mais despois a chama é reacesa por outro ser humano. Cada un de nós ha estar ben agradecido a quen a reacendeu
|
ás veces convén tentar de ser ditoso na desgracia aceptándoa do que combater contra ela
|
ás veces é máis bonito camiñar ca chegar. A chegada non existe, non é máis ca un momento do camiño
|
ás veces hai que dicir a verdade para te creren cando mentes
|
ás veces podemos pasar anos sen vivir en absoluto e, de súpeto, a nosa vida enteira concéntrase nun só intre
|
as veces, se te debruzaras na varanda dunha ponte para ver correr o río paseniñamente por baixo, de súpeto saberías todo o que cómpre saber
|
as verdades que interesan, os grandes principios, no fondo son dous ou tres. Son aqueles que nos aprendeu a nosa nai cando eramos pequenos
|
as vitorias contra as mulleres son as únicas que se alcanzan fuxindo
|
así e todo, tamén o contrario é sempre verdadeiro
|
atención: as Autoridades Sanitarias poden ser prexudiciais para a saúde
|
Auchwitz comeza cando alguén ve un matadoiro e pensa: son só animais
|
avogado: aquel que nos protexe dos roubos apropiándose das fontes da tentación
|
avogado: cómplice que non corre risco ningún
|
axudádeme a comprender o que vos digo e direivolo mellor
|