Logos Multilingual Portal

Select Language



[ No Biography for this Author ]

a amizade é a infancia do amor
a anarquía non significa ausencia de regras senón ausencia de gobernantes
a aventura non é máis ca unha mala planificación
a beleza está nos ollos de quen mira
A ciencia non che é perfecta, mais iso non significa que precises da relixión
a coca-cola fai ben... á economía estadounidense
a constitución creouse para protexer á xente dos perigos das boas intencións
a corrupción é como o lixo, hai que o limpar todos os días
a crueldade cos animais é unha aprendizaxe da crueldade cos homes
A cuestión moral existe hai tempo, mais agora converteuse na primeira e esencial política, porque da súa solución depende a recuperación da confianza nas institucións, a efectiva gobernabilidade do país e o mantemento do réxime democrático
a cultura é un instrumento manipulado por profesores para fabricar profesores, que á súa vez, fabricarán máis profesores
a escola como instrumento educativo foi para min simplemente un baleiro
a evolución da especie humana non rematará en dez mil anos coma nos animais domésticos, senón nun millón de anos coma nos animais salvaxes porque o home é e sempre será un animal salvaxe
a fin xustifica os medios? Grazas, Moggi
a guerra é a procura da paz vertendo sangue; a paz é continuar a combater sen a verter
a ideoloxía é o carceleiro máis implacable do pensamento
a igrexa estase a converter para moita xente no maior atranco para a fe. Só ven nela a ambición humana do poder, o teatriño de homes que, co gallo de administrar o cristianismo oficial, semella máis ben que dificultan o verdadeiro espírito do cristianismo
a indiferenza, a covardía e o oportunismo dos cidadáns matan a democracia moito máis aínda cós tiranos e ditadores
a lingua non é máis que a redución do pensamento á súa forma máis simple
a mafia no é só un problema italiano, nin un asunto de campesiños atrasados e de subdesenvolvemento do sur de Italia, é un problema europeo
a mafia tivo un comezo e tamén ha ter un final
a miña opinión sobre o aborto está un pouco distorsionada polo feito de ser eu o sétimo de nove fillos
a monogamia é unha invención da nosa civiliazación occidental para dar unha certa e, podo asegurar, prudente orde ás institucións sociais. Naon ten nada que ver coa natureza humana. Desafío a calquera a amosarme a un individuo verdadeiramente monógamo.
a música actual está dirixida por banqueiros e contables: unha tendencia que cómpre combater fortemente
a Nova Economía é ese marabilloso concepto que permite crear riqueza
a parella está formando por tres persoas, das cales unha está momentaneamente ausente
a patria está en calquera lugar onde esteas ben contigo mesmo
A persoa á que máis temes contradicir es ti
a poesía é coma o pan, de todos
a política é a noble arte de obter votos dos pobres e financiamento dos ricos prometendo protexer a uns dos outros
a primeira mafia que cómpre combater é a que está dentro de cada un de nós. Nós somos a mafia
a propósito de valores: gardamos os cartos nunha caixa forte e os soños...nun caixón
a que espera a Unesco para declarar todo o planeta como patrimonio da humanidade?
a raza humana non é quen de aturar demasiada realidade
a realidade é unha ilusión provocada pola falla de alcool
a satisfacción está no que se fai, non no resultado
A sociedade erótico-publicitaria na que vivimos devece por organizar o desexo, por desenvolver o desexo ata proporcións incribles, mentres mantén a satisfacción na esfera privada. Para que a sociedade funcione, para que a competición siga adiante, cómpre que o desexo medre, se espalle e consuma a vida dos homes.
a televisión ten prestado un gran servizo á psiquiatría, tanto ó falar dela como ó contribuir á súa necesidade
a tradución é unha experiencia que ofrece e impón a lectura máis vagarosa posíbel, case unha andaina polo espazo físico do texto, cos seus vales, chairas e montañas
a verdadeira universidade non está localizada en ningures. Non posúe propiedades, non paga salarios e non recebe contribucións materiais. A Universidade real é unha disposición mental
a vida é unha doenza hereditaria
A vida non é grande abondo para conter todo o que o desexo consegue imaxinar
a vida non é máis ca un conxunto de imaxes no cerebro. Non existe diferenza entre as que nacen das cousas reais e as que nacen dos soños íntimos, e non hai razón para valorar unhas máis cas outras
a xente tense por libre, masi sé é libre de crélo
a xente, en xeral, ten a obriga de resistir ata as derradeiras consecuencias, coma se estivera a combater na frote de Piave, ante o prexuízo da perigosa desintegración da vontade colectiva e o naufraxio da conciencia cívica coa perda do senso do correcto, que é o derradeiro bastión da cuestión moral
a xustiza non é máis que a vantaxe do máis forte
acabará antes o ar ou o petróleo?
afortunadamente temos a Bush para salvar a democracia
algúns coidan que a intelixencia é hereditario, outros non teñen fillos
alguns países pobres son orgullosos e desexarían resolver os seus problemas sen axuda, mais, felizmente, as multinacionais non podem deixar de se sacrificar por eles
amo tanto a Alemaña que coido que é mellor que haxa dúas
antes a ninguén lle estaba permitido pensar libremente. Agora é permitido, mais case ninguén o dá feito. Agora as persoas queren pensar só naquelo que cren que deben pensar. Consideran iso liberdade
as cousas imposíbeis son máis doadas cás difíciles
as dúas palabras máis fermosas do inglés son \'cheque achegado\'
as fábricas de armas axudan a combater o desemprego?
as ideas sonche máis poderosas cas armas. Se non deixariamos que os nosos inimigos tivesen armas, por que habiamos deixar que tivesen ideas?
as lembranzas son como o viño que decanta dentro da botella: queda limpo e o sedimento permanece no fondo. Non se precisa axitar a botella
ás mulleres gústanlle os homes taciturnos. Coidan que as escoitan
as palabras que ofenden son os berros da nosa ignorancia
as palabras teñen o valor que lles dá o que as escoita
as relixións son as armas máis mortais que o Mal ideara nunca
as tentacións ó contrario das oportunidades, preséntanse sempre unha segunda vez
as veces, se te debruzaras na varanda dunha ponte para ver correr o río paseniñamente por baixo, de súpeto saberías todo o que cómpre saber
atención: as Autoridades Sanitarias poden ser prexudiciais para a saúde
avogado: cómplice que non corre risco ningún
bo Nadal e próspero aninovo
burocracia: unha dificultade para cada solución
cada historia é historia contemporánea
calquera americano disposto a ser candidato á presidencia, de xeito automático e por definición, había ser incapacitado para iso
calquera americano queestivese disposto a ser candidato á presidencia, de xeito automático e por definición, había ser incapacitado para iso
cando alguén está ben consigo mesmo, viaxar é estar noutro lugar, xa non é estar lonxe
cando as cousas vaian na dirección errada, non vaias canda elas
cando descanso os pés, a miña mente tamén deixa de funcionar
cando hai dúas versións opostas dunha mesma historia, é prudente crer naquela nas que as persoas saen máis prexudicadas
cando taledes a derradeira árbore, embelenedes o derradeiro río e apañedes o derradeiro peixe, daquela decatarédesvos de que o diñeiro non se pode comer
cando vexo a Berlusconi e a esoutro baixiño, péganme ganas de demitir do xénero humano
chegar segundo significa ser o primeiro perdedor
claro que é posíbel unha relación platónica, mais só entre marido e muller
Cociñar é un actor político. Cando deixamos que as corporacións cociñen por nós, perdemos o control. Precísase moita fe para crer que van comportarse con integridade e que a carne que ofrecen é realmente carne
coido que a cousa máis importante neste mundo non é onde estamos, senón en que dirección nos movemos... debemos navegar por veces co vento e outras veces contra el, mais debemos navegar, e non ficar á deriva nin baixar a áncora
coido que Kissinger é o maior criminal de guerra, ceibo no planeta
coido que mentres haxa abundancia, a pobreza ha ser un mal inaceptable
como has saber se Lyndon Johnson está a mentir? se move as orellas, iso non significa que estea a mentri. Se levanta as cellas, inso non significa que minta. Mais se move os beizos, está a mentir
cómpre ser optimista para ser demócrata, e humorista para seguir a selo
cómpre ter moitos coñecementos para chegar a comprender a magnitude da nosa ignorancia
conseguir cen vitorias en cen batallas non é proba de excelencia. Someter ó inimigo sen loitar é proba de suprema habelencia
convencéronse a si mesmos de que o home, o peor transgresor de todas as especies, é o rei da creación. Todas as demais criaturas foron creadas só para o fornecer de alimento e vestido, para seren torturadas e exterminadas
crése que controlamos a palabras, mais son elas as que nos controlan a nós
de moito falta e de pouco sobra
dediqueima a estudar a vida e non sei aínda por que nin para que serve
déixenme emitir e controlar o diñeiro dunha nación e non ha importar quen faga as leis
dende o momento que empezas a falar unha lingua estranxeira, a túa expresión facial, o movemento das mans e a linguaxe corporal mudan. Es outra persoa
Deus, o mesmo que unha coma, pode cambia-lo todo
distraerse significa case sempre mudar de aborrecemento
ditoso quen non espera gratitude, porque non quedará desilusionado
é máis fácil ensinar unha segunda lingua a todos que fabricar unha máquina capaz de traducir
e nós habemos esperar que chegue o día no que poidamos dicirlle ós nosos homes e ás nosas mulleres mortos só isto: Non nos rendemos, non desistimos, non nos vendemos
e para que non o rouben..confían os cartos ós bancos
é precisamente cando nos equecemos de nós mesmos, cando facemos cousas que merecen ser recordadas
é unha guerra de clases. A miña vai gañando, mais non debera
é útil lembrar que a avaricia sempre foi inimiga da virtude; dificilmente poderá gañar o creto dos demais quen busque en exceso o seu propio beneficio.
en cada cínico haiche un idealista desilusionado
en certas ocasións, as malas palabras son as mellores
en certos momentos, para que calquera cousa funcione novamente, débese correr o risco de o perder todo
en Cuba non se respectan os dereitos humanos, excepto en Guantánamo
en ningunha teoría democrática se pon en dúbida o feito de que unha das características dunha ditadura é o monopolio da información
en relación a eles, todos os humanos son nazis. Para os animais é un eterno Treblinka
era tan fermosa que lle prohibiron achegarse á torre de Pisa
esperar que o mundo te trate ben porque es unha boa persoa e case como esperar que un touro non te escorne porque es vexetariano
esperemos que os atletas \"normais\" que gañaron as medallas nos xogos paralímpicos non usasen drogas
espero que nunca chegue a ser tan vello que me volva relixioso
eu era anticomunista cando había comunistas
facer turismo é viaxar moi lonxe para atopar as ganas de volver para a casa
falar é traducir, ouvir é traducir, ler é traducir, escribir é traducir, pensar é traducir. Todo o mundo traduce agás algúns tradutores
gaña o que sabe perder
globalizamos o circo pero non o pan
gran parte da historia social do mundo occidental nas tres últimas décadas consistiu en trocar o que funcionaba ben polo que se presentaba ben
Ha chegar un día no que as imaxes han substituír ó home, que xa non precisará existir, só ollar. Xa non habemos ser seres vivos senón meros observadores
hai adolescencias que espertan ós noventa anos
hai dous xeitos de conquistar e escravizar a unha nación: unha é coa espada, a outra é coa débeda
hai por aí miles e miles de persoas que viven cun berro afogado de desesperación, que pasan longas e pesadas xornadas en traballos que detestan para poderen mercar cousas que non precisan e impresionaren a xente que non lles agrada
hai unha forma de enerxía mási limpa ca o sol, máis renovábel cá do vento: é a enerxía que non consumimos
hai xente tan pobre que só teñen diñeiro
has atopar máis sabedoría nos bosques e nas fragas ca nos libros. As árbores e as rochas hante aprender cousas que ningún mestre che dirá
Las Vegas habíase ofender se a comparasen con Wall Street. Nas Vegas as persoas saben cales son as súas probabilidades. En Wall Street manipulan as probabilidades mentres un xoga
lei de Meskimen: nunca hai tempo suficiente para facer unha boa traducción, pero sempre hai tempo para refacela
mentres houber petróleo, non haberá paz no Oriente Medio
moitas persoas pérdenche as pequenas alegrías agardando pola gran felicidade
moitos dos nosos políticos son incompetentes. Os restantes son capaces de todo
na política, se queres que algo se diga, pídello a un home, se queres que algo se faga, pídello a unha muller
nada existe agás átomos e espazo baleiro; todo o demais son opinións
nada máis ás persoas cultas lles presta aprender; aos ignorantes préstalles ensinar
namorarse évos cousa de camareiros
ninguén consulta o diccionario antes de falar
ninguén é tan novo que non poida morrer hoxe mesmo
ninguén me peitea mellor co vento
ningúen pode facer que te sintas inferior sen o teu consentimento
ningún goberno pode manterse sólido sen unha oposición formidable
ningún médico pode prometer unha recuperación total mais é obvio que cada médico ha ser quen de prometer unha axeitada atención ó doente
no canto de lle dar a un político as chaves da cidade, había ser mellor cambiar a pechadura
non dubides nunca que un pequeno grupo de persoas conscientes e resoltas poda mudar o mundo
non é a especie máis forte a que sobrevive, nin a máis intelixente, senón q que mellor se adapta ós cambios
non é certo que os días de chuvia sexan os peores; son os únicos nos que se pode camiñar coa cabeza ergueita aínda que esteas a chorar
non é o coñecemento o que nos falta. O que falta é a coraxe para entender o que sabemos e tirar conclusións
non é o home, senón o mundo o que se tornou anormal
non é xusto que a droga só poida circular libremente polos cárceres
non esquezas que es absolutamente único. Como todos os demais
non fai falla pagar para que che fagan a árbore xenealóxica. Entra na política e os teus rivais hancha facer
non hai fillos ilexítimos, nada máis pais ilexítimos
non hai nada como voltar a un lugar que non cambiou e descobrir canto cambiamos nós
non hai nada imposíbel para quen non ten que o facer
non hai nada que empobreza tanto como a ganancia
non podes dicir que a civilización non avanza, dado que en cada guerra mátante dun xeito diferente
non podo mudar o pasado, mais podo mudar as miñas lembranzas
non quero estar soa, quero que me deixen soa
non sabemos quen descobriu a auga mais estamos certos de que non foi un peixe
non se traduce o que está escrito, tradúcese o que o autor pretendeu dicir; por iso, os computadores non logran traducir ben
non son pesimista. Percebir o mal onde existe, na miña opinión, é unha forma de optimismo
non votes, só serve para lles dar azos
nos paraísos fiscais deberían vivir só os que desexan paga-los impostos, son todos tan pequeniños...
nunca xulgue un libro polo seu filme
o aborrecemento é unha doenza que se cura co traballo; o pracer é só un paliativo
o amor é un castigo. Somos castigados por non darmos vivido sós
o amor ten dereito a ser deshonesto e mentireiro se é que é sincero.
o arrepentimento é a firme resolución de non deixar pegadas a vindeira vez
o bo xornalismo pode e debe morder calquera man que queira darlle de comer
o bolsa de valores é o lugar onde os estúpidos se separan dos seus cartos
o capitalismo é a estafa lícita da clase dominante
O demo é agora máis arteiro, tenta facendo ricos no canto de pobres.
o diñeiro é o leite materno da política
o diñeiro está a tornarse nunha cousa tan importante que en pouco tempo falaremos de Kennedy como do primeiro marido da esposa de Onassis
o doparse para un atleta é igual que mentir e roubar para un político. Difícil de evitar
o encontro entre dúas personalidades é como o contacto entre dúas substancias químicas: de producirse algunha reacción, as dúas transfórmanse
o escravo só ten un amo; o ambicioso tantos como persoas poidan serlle útiles á súa fortuna
o estado son eu
o fútbol non é só unha cuestión de vida ou morte, é moito máis importante ca todo iso
o gran mérito da sociedade é que nos fai apreciar a soedade
o home do terceiro milenio terá a cultura de Bush, a honestidade de Berlusconi e a bondade de Putin
o home está condicionado completamente ao comportamento produtivo pola organización do traballo e fóra da fábrica mantén a mesma apariencia e a mesma cabeza
o libro no que foi escrito todo o saber dos libros pedía axuda para non ser comido polo rato. O rato ría
o mellor da vida non se procura, atópase
O meu optimismo baséase na certeza de que esta civilización se afunde. O meu pesimismo en todo o que fai para nos arrastra tras de si na súa caída
o monopolio ou a posesión da propiedade en mans duns poucos é unha maldición para a humanidade
o mundo é testemuña dun terríbel crime contra os dereitos humanos que se comete en Gaza, onde hai un millón e medio de seres humanos que son apreixoados case sen acceso ó mundo exterior. Un pobo enteiro está sendo brutalmente castigado
o mundo non é un espectáculo é un campo de batalla
o narcotráfico non se pode legalizar porque hai moitos cartos polo medio
o partido demócrata é o que di que o goberno te ha facer máis listo, mási alto, máis rico e que ha quitar os restrollos do teu xardín. O Republicano é o partido que di que o goberno non funciona e entón gañan as eleccións e demóstrano
o peor dos males non é a morte, senón querer morrer e non conseguilo
o prihibicionismo non crea máis ca problemas
o problema cos bufóns políticos é que son elixidos
o que se prolonga non é a vida, é a vellez
o que temos en común é que todos somos diferentes
o que vai devagar, chega lonxe e non lle ha custar
o ser humano é a terra que camiña
o signo máis evidente de que se achou a verdade é a paz interior
o socialismo só pode chegar en bicicleta
o único que desexo é non ter desexos
o urbanismo é a apropiación do medio natural e humano polo capitalismo que, desenvolvéndose loxicamente coa dominación absoluta, pode e debe agora refacer a totalidade do espazo co seu propio decorado
o verdadeiro éxito é chegar a ser a mellor persoa posíbel
o viaxar só serve para amarmos máis o noso recanto natal
o viño prexudica gravemente a saúde (mental) de quen non o bebe
os amos deste país saben a verdade: chámase o soño americano porque hai que estar durmido para crer nel
os analfabetos do século XXI, non serán aqueles que non saiban ler e escribir, senón máis ben aqueles que non poidan aprender, desprender o aprendido e volver a aprender
os bancos concebíronse a partir da iniquidade e naceron do pecado. Os banqueiros son os donos do mundo. Se llo quitamos pero lles deixamos a posibilidade de fabricar diñeiro, de seguida hano volver a comprar. Porén, quitádelle ese poder e todas as grandes fortunas, como a miña, han desaparecer, e compriría que desapareceran para que este fose un mundo máis feliz e mellor para vivir. Mais se queremos seguir sendo escravos dos banqueiros e pagar os custes da nosa propia escravitude, entón deixádeos que sigan creando diñeiro
os colosos de internet son cada vez máis os intermediarios entre produtores e consumidores
os dereitos dos animais están por diante de calquera relixión
os Don Quixote de hoxe non loitan contra senon a favor dos muiños de vento
os historiadores menten con documentos, os novelistas menten coa imaxinación
os homes son sempre sinceros. Só mudan de sinceridade, iso é todo
os laboratorios farmacéuticos saben máis de crear enfermidades axeitadas para os fármacos existentes ca de crear fármacos axeitados para as enfermidades existente
os partidos de hoxe son, sobre todo, máquinas de poder e de clientelismo
os pensamentos retroceden, os obxectos avanzan
os políticos son iguais en todas as partes. Prometen construír pontes mesmo onde non hai río
os políticos son persoas que, cando ven a luz ó final do túnel, saen e mercan máis túnel
os que nos asoballan poden ser tan cribles coma os que nos educan?
os seres humanos teñen só dous modos operativos: irresponsabilidade e pánico.
os simios antropomorfos e os babuínos non falan, porque de o faceren os homes obrigaríanos a traballar
os xoves ilusiónanse co seu futuro, os vellos co seu pasado
para explicar unha palabra cómpren outras palabras que, á súa vez, han ser explicadas con outras palabras e así ata o infinito. A comunicación é unha ilusión
para sobrevivir moitos anos o único que hai que evitar e vivir
parvos, non saben ata que punto a metade vale más có todo
pedir a un empresario que non falsee a súa declaración é como pedirlle a un dentista que emita facturas reais
peliza: unha pel que cambia de animal
pódense facer cousas extraordinarias cando un non pretende atribuírse mérito ningún
poderiamos guindar pola fiestra metade dos fármacos modernos de non ser porque os paxaros poderían comelos
poderíase dicir que a liberdade é algo vago. A súa ausencia non o é
pór a esperanza nos beneficios deshonestos é o principio da ruína
Por medio da educación decidimos se amamos os nosos fillos abondo como para non os expulsar do noso mundo e deixalos á súa sorte nin lles quitar das mans a oportunidade de principiar algo novo , algo que nós non damos imaxinado, mais preparalos con tempo abondo como para anovar un mundo común
por veces alguén confesa un pecado para se atribuír un mérito
Por veces o silencio non é menos elocuente cas palabras
pouco importa con quen casemos, porque certamente, na mañá seguinte, descubriremos que é outra persoa
preciso que me precisen
que todos sexamos irmáns é o soño dos que non teñen irmáns
quen é o que clona máis, a xenética ou a televisión?
recoñécese a un home insensato porque está sempre disposto a morrer orgullosamente por unha causa. Recoñécese a un home sabio porque está disposto a vivir humildemente por ela
se a cultura se tornou unha mercadoría non é extraño que os homes teñamos chegado ó mesmo fin
Se alguén tivera que se referir a unha das partes como estado terrorista, tería que llo chamar ao goberno de Israel, xa que eles son os que masacran a árabes indefensos e inocentes nos territorios ocupados
se che molesta que che mintan, non preguntes
Se es tan intelixente, ¿como pode ser que te volveses tan rico?
se es un fatalista, ¿que lle vas facer?
se falas a un home nunha lingua que entenda, haslle cheagar á cabeza, se lle falas na súa lingua, haslle chegar ao corazón
se non es parte da solución, es parte do precipitado
se non estás disposto a te equivocar, nunca has facer nada orixinal
se o voto puidese cambiar algo, xa o prohibirían
se os israelitas non queren ser acusados de seren coma os nazis deben, simplemente, deixar de se comportaren coma nazis
se se poden doar órganos para salvar a vida dun paciente, seica non se poden doar proteínas para salvar a vida de quen morre de fame?
se se recoñece publicamente que os cigarros son nocivos, ¿por que se permite a súa venda?
sen Sadam o mundo mellorou. Como será sen Bush?
ser de esquerdas significa pagar impostos
sexa franco e explícito co seu avogado...xa se ha encargar el de confundilo todo
si ó comercio da cultura, non á cultura do comercio
só aqueles que se atreven a fallar clamorosamente poden obter grandes éxitos
só hai dous xeitos de dicir a verdade: de xeito anónimo ou de xeito póstumo
só hai un xeito de reducir o consumo de drogas: legalizalas
só hai un xeito de ter éxito: vivir a vida á túa maneira
só non ten virtude quen non a quere ter
só se camiñas cara ó solpor, poderás atopar a aurora
só se respectan os dereitos humanos das persoas xurídicas
somos o que finximos ser, por iso debemos ter coidado co que finximos ser
talvez os mellores de nós sexan os que saben que non valen máis que a nada que os rodea
Temos o mellor congreso que os cartos poden mercar
todos os animais, agás algúns homes, teñen alma
todos se preocupan dos rinocerontes, mais os piollos patos tamén se están a extinguir
todos sorrín na mesma lingua
un amigo non é aquel que enxuga as túas bágoas, senón aquel que non te fai chorar
un bo diccionario é un espello onde un, se sabe buscar, atopa o que xa sospeitaba
un concerto para salvar o planeta... faime lembrar o titanic
un desmentido é unha nova que dada por dúas veces
Un dos principais deberes do médico é educar as masas para que non tomen medicamentos
un home faise sabio só cando empeza a calcular a profundidade aproximada da súa ignorancia
un home non planta unha árbore para si, plántaa para a posteridade
un indicador tráxicos dos valores da nosa civilización é que non hai mellor negocio que o da guerra
un ladrón é alguén que deixa un partido para afiliarse noutro, un converso é alguén que deixa esoutro partido para se afiliar no seu
un optimista é quen cré que unha muller rematou unha conversa telefónica só porque dixo \'deica logo\'
un político é un fulano que ha dar a túa vida polo seu país
un reparo é unha cuestión de principios que xa esquecemos
unha campaña política custa moito máis do que un home honesto pode pagar
unha cega e inflexíbel indisciplina constitúe, en calquera tempo, a verdadeira forza dos homes libres
unha época pde considerarse rematada cando as súas ilusións fundamentais se esvaezan
unha igrexa que non sofre persecución, senón que goza dos privilexios e o apoio da burguesía, non é a verdadeira igrexa de Xesucristo
Unha mona americana despois de se emborrachar con brandi, nunca máis volvería a tocalo. Só por iso xa é moito máis sabio ca maioría dos homes
unha parte excesiva do que se denomina \"educación\" non é máis ca un custoso illamento da realidade
uso os partidos da mesma forma que uso os taxis: entro, pago a viaxe e saio.
vélate cos teus desexos, poderían facerse realidade
vin á ciencia que adoraba e ó avión que amaba destruír a civilización que esperaba que a servisen
virtude: acto contrario á vontade
vivir é perigoso
votar é abdicar
xa abonda de droga no deporte. Que se prohíban os controis
xa somos todo aquilo contra do que loitamos ós vinte anos
¿é democrático facer paga-los impostos nun país onde o 90% da poboación non desexa pagalos?
¿por que se a mafia \'inviste\' regalando droga na porta das escolas, os editores non fan o mesmo cos libros?
¿son as raparigas da rúa as que imitan as da televisión ou viceversa? ¿Ou é
¿ten sentido falar de \"escola obrigatoria\"?